DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 03 de setembro de 2008 Páx. 16.484

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 28 de agosto de 2008 pola que se incorporan novos procedementos ao Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, regulado polo Decreto 164/2005, do 16 de xuño.

O Decreto 164/2005, do 16 de xuño, crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia, que permite a presentación por vía telemática de solicitudes, escritos e comunicacións. Esta orde inclúe no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, novos procedementos, co fin de continuar impulsando o emprego de técnicas e medios electrónicos, informáticos e telemáticos no desenvolvemento da actividade da Xunta de Galicia e no exercicio das súas competencias.

De conformidade co disposto no artigo 2.2º e a disposición adicional primeira b) e derradeira primeira do Decreto 164/2005, do 16 de xuño, polo que se regulan e determinan as oficinas de rexistro propias ou concertadas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, se crea o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia e se regula a atención ao cidadán,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Inclúese no anexo VII do Decreto 164/2005, do 16 de xuño (procedementos para os cales está habilitado o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia), e quedan, habilitados cos efectos previstos no seu artigo 5.1º os seguintes procedementos:

IN411C-Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a colaboración entre a Consellería de Innovación e Industria e as entidades colaboradoras para a renovación de equipamentos individuais de gas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á convocatoria para o ano 2008 das axudas para a adquisición dos novos equipamentos.

IN520C-Orde pola que se convocan os premios ao desenvolvemento de novos contidos para a internet, para particulares e asociacións non empresariais sen ánimo de lucro, no marco do Plan estratéxico galego da sociedade da información e o Plan Avanza, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

IN841H-Subvencións para investimentos innovadores.

IN845B-Axudas para a consolidación e estruturación das unidades de investigación do sistema galego de I+D+I centros de innovación e tecnoloxía.

IN847A-Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións nas cotizacións á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

IN225A-Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e se procede á súa convocatoria.

IN104B-Resolución conxunta do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria pola que se convoca un concurso de premios dirixidos ao alumnado das escolas de arte, do ciclo superior de formación profesional de deseño e produción editorial e de bacharelatos artísticos para a elaboración de carteis que teñan como tema os dereitos das persoas consumidoras.

IN111A-Resolución conxunta da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo pola que se convocan os premios ás memorias dos proxectos de educación para o consumo na escola, desenvolvidos dentro do marco da Rede de educación do consumidor, e pola que se procede á selección dos novos proxectos presentados por centros educativos, de niveis non universitarios, que desexen incorporarse á dita rede.

IN104C-Resolución do Instituto Galego de Consumo pola que se convoca un concurso de premios a teses de doutoramento e traballos realizados no eido do consumo para o ano 2008.

IN250A-Orde pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico do persoal en desprazamentos do servizo.

IN808C-Prórroga dos contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia.

IN809A-Bolsas para estadías fóra da Comunidade Autónoma.

IN840A-Axudas á contratación de doutores en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isidro Parga Pondal).

IN840B-Prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores (Programa Isidro Parga Pondal) en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2006.

IN840C-Axudas para contratos predoutorais de formación de doutores en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia de nova adxudicación (Programa María Barbeito).

IN840D-Programa de axuda á especialización de doutores en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia de nova adxudicación (Programa Ángeles Alvariño).

IN840E-Axudas para contratos de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa Isabel Barreto).

IN840F-Segunda prórroga das axudas concedidas para a contratación de doutores (Programa Isidro Parga Pondal) en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2004.

IN840G-Axudas para contratos de tecnólogos e axentes de innovación e xestión de proxectos de I+D en organismos públicos e privados de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia de nova adxudicación (Programa Lucas Labrada).

IN843A-Bolsas para estadías fóra da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas a beneficiarios do Programa Ángeles Alvariño 2007.

IN808R-Programa de incentivación da incorporación da actividade investigadora (I3).

IN821C-Premios Galicia de investigación. Premios Antonio Casares y Rodrigo de investigación científico-técnica para investigadores sénior.

IN821B-Premios Galicia de investigación. Premio Antonio Casares y Rodrigo de investigación científico-técnica para investigadores mozos.

IN820B-Bolsas de formación en actividades relacionadas co Plan galego de (2006-2010).

2. O procedemento para a tramitación electrónica estará dispoñible no enderezo http://www.xunta.es/servicios/.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2008.

José Luis Mendez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza