DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2008 Páx. 16.202

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de albanelaría en Galicia.

O Real decreto 872/2007, do 2 de xullo de 2007, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de operacións de albanelaría, pertencente á familia profesional de edificación e obra civil, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de albanelaría en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de albanelaría queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: albanelaría.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: edificación e obra civil.

Terceiro.-Competencia xeral.

Levantar muros e particións de ladrillo e bloque para revestir, construír e colocar elementos de soporte de cobertura en obras de cubricións, e realizar labores auxiliares en traballos de obra, seguindo as instrucións técnicas recibidas e as prescricións establecidas en materia de seguranza e saúde.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

a) Operar adecuadamente cos equipamentos necesarios en cada caso, conforme a normativa de segururanza.

b) Manipular e transportar cargas para abastecer e ordenar lugares de faena respectando as medidas de seguranza e saúde establecidas.

c) Acondicionar lugares de faena para mellorar os rendementos e evitar riscos, cumprindo as normas de seguranza.

d) Escavar con medios manuais, perfilar e refinar fondos e laterais de gabias para cimentacións, cumprindo as normas de seguranza.

e) Elaborar morteiros e pastas con medios manuais e mecánicos, cumprindo os prazos e os volumes exixidos.

f) Elaborar formigóns seguindo a composición e a dosificación fixadas.

g) Preparar adhesivos e materiais de cintaxe seguindo as doses e as instrucións fixadas en fábrica.

h) Levantar fábricas de ladrillo ou bloque para o seu posterior revestimento, respectando as condicións de calidade e seguranza establecidas.

i) Levantar tabiques alixeirados de ladrillo para soportes de vertentes, respectando as condicións de calidade e seguranza establecidas.

j) Construír vertentes de cubricións en material cerámico, de madeira e placas de formigón, respectando as condicións de calidade e seguranza establecidas.

k) Cumprir as especificacións establecidas no plan de prevención de riscos laborais para detectar e previr os riscos asociados ao posto de traballo.

l) Participar activamente no grupo de traballo contribuíndo ao bo desenvolvemento das relacións persoais e profesionais, para fomentar o traballo en equipo.

m) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Operacións auxiliares de albanelaría de fábricas e cubricións, EOC271_1 (Real decreto 872/2007), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC0276_1: realizar traballos auxiliares en obras de construción.

-UC0869_1: elaborar pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

-UC0142_1: construír fábricas para revestir.

-UC0870_1: construír vertentes para cubricións.

Sexto.-Contorno profesional.

1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade na área de produción, como traballador ou traballadora por conta allea en empresas privadas pequenas, medianas e grandes. Carece de regulación profesional.

2. Sectores produtivos. Sector da construción, nomeadamente en edificación de nova planta e rehabilitación.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

-Operario/a de albanelaría.

-Operario/a de cubricións.

-Axudante de albanel.

-Albanel tabiqueiro/a.

-Colocador/a de bloque prefabricado.

-Peón con especialización.

Sétimo.-Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan a seguir:

-ME0059. Labores auxiliares de obra.

-ME0060. Pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

-ME0061. Obras de fábrica para revestir.

-ME0062. Vertentes de cubricións.

-ME0063. Formación en centros de traballo.

Oitavo.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non é preciso que os espazos formativos identificados se diferencien mediante cerramentos.

Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.-Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2008.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Módulos específicos

1. Módulo específico: labores auxiliares de obra.

-Código: ME0059.

-Duración: 117 horas.

1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Describe os riscos laborais en obras de construción, identifica os criterios básicos de prevención, as normas de uso correcto dos equipamentos de traballo e as funcións dos medios de protección colectiva, e interpreta correctamente a sinalización da obra.

* CA1.1. Identificáronse os riscos laborais máis frecuentes en obras de construción e relacionáronse coas medidas de prevención e de protección vinculadas.

* CA1.2. Interpretáronse os índices de frecuencia e incidencia da sinistralidade laboral, os totais e os particulares do sector da construción.

* CA1.3. Relacionáronse as causas e as consecuencias de accidentes no sector da construción segundo as súas clases: leves, graves, moi graves e mortais.

* CA1.4. Enumeráronse as causas de accidentes mortais e moi graves acaecidos no sector da construción durante o último período, con base en estatísticas publicadas.

* CA1.5. Identificouse e interpretouse correctamente a sinalización de obras.

RA2. Opera cos equipamentos de protección individual, coas ferramentas e cos útiles asociados aos labores auxiliares de obra, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA2.1. Identificáronse as ferramentas e os útiles necesarios para unha actividade determinada.

* CA2.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Manexáronse máquinas, ferramentas e útiles coa destreza e a precisión requiridas.

-Seleccionáronse e utilizáronse correctamente as roupas e os equipamentos de protección individual requiridos.

-Aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación das ferramentas, os utensilios e os equipamentos de protección individual utilizados.

RA3. Recoñece e mantén os medios auxiliares e de protección colectiva máis frecuentes nas obras, e colabora na súa instalación, conforme as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA3.1. Identificouse a función e a composición dos medios auxiliares e de protección colectiva instalados nun lugar de faena determinado, e describiuse a súa utilización (instalación, comprobación, mantemento, retirada e almacenaxe).

* CA3.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios auxiliares necesarios, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Aplicáronse operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios auxiliares utilizados.

* CA3.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios de protección colectiva necesarios, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Aplicáronse operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios de protección colectiva utilizados.

RA4. Manipula e transporta cargas, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo e condicións de seguranza.

* CA4.1. Relacionáronse os xeitos habituais de subministración e os procesos de descarga, transporte e almacenamento recomendados para cada tipo de material de obra.

* CA4.2. Interpretáronse os partes de pedido e de recepción de materiais, cunha correcta estimación do volume e do peso dunha cantidade de material enunciada.

* CA4.3. Levantáronse manualmente cargas aplicando procedementos para evitar lesións por sobreesforzos.

* CA4.4. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, subministráronse materiais e equipamentos conforme os requisitos solicitados de tipo, cantidade, localización, disposición e prazo.

* CA4.5. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, de desprazamento de cargas, indicáronselle ao operador ou á operadora da maquinaria de elevación as manobras requiridas, coa claridade e a precisión necesaria e conforme as medidas de seguranza establecidas.

RA5. Opera con máquinas lixeiras en labores de axuda a oficios, consonte as instrucións recibidas e as especificacións dos manuais de operación canto a métodos de traballo, condicións de seguridade e operacións de fin de xornada.

* CA5.1. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizáronse cortes de materiais conforme os requisitos solicitados canto a método, xeometría e prazo, e respectando as indicacións dos manuais de operación.

* CA5.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizáronse demolicións parciais de elementos construtivos consonte os requisitos solicitados canto a método, superficie, fragmentación e prazo, e respectando as indicacións dos manuais de operación.

* CA5.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizáronse rozas sobre elementos construtivos, conforme os requisitos solicitados canto a método, xeometría e prazo, e respectando as indicacións dos manuais de operación.

* CA5.4. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizáronse compactacións de recheos de terras consonte os requisitos solicitados canto a método, disposición e composición de camadas do recheo, e prazo, respectando as indicacións dos manuais de operación.

RA6. Aplica técnicas de escavación manual, refinamento e perfilamento de terras, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo e condicións de seguranza.

* CA6.1. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Escaváronse gabias e pozos de dimensións indicadas con medios manuais, respectando a planta trazada e as profundidades respecto ao nivel de referencia.

-Niveláronse os fondos dos baleiramentos mediante refinación de superficie, conforme as instrucións recibidas.

- Perfiláronse os laterais dos baleiramentos mediante refinación de noiro, consonte as instrucións recibidas.

1.2. Contidos básicos.

Acondicionamento e abastecemento de lugares de faena:

-Limpeza e mantemento de lugares de faena, e evacuación de residuos.

-Instalación e retirada de medios auxiliares e de protección colectiva.

-Materiais, características, densidades e formas de subministración: a granel, envasada e paletizada.

-Condicións de abastecemento: resistencia do soporte, altura do amoreamento e factores ambientais.

-Recomendacións de descarga, transporte e depósito; códigos e símbolos.

-Transporte e elevación de cargas en obras: medios manuais e mecánicos.

-Equipamentos para o acondicionamento de lugares de faena: tipos e funcións, selección, comprobación e manexo.

-Equipamentos para abastecemento de lugares de faena: tipos e funcións, selección, comprobación, manexo, mantemento, conservación e almacenaxe.

-Equipamentos de protección individual, medios de protección colectiva, medios auxiliares e provisionais: mantemento, conservación e almacenaxe.

-Instalacións provisionais de obras.

-Sinalización de obras.

-Riscos laborais e ambientais. Medidas de prevención.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación.

Operacións de axuda a oficios:

-Procesos e condicións de axudas con maquinaria lixeira:

-Corte de materiais con cortadoras e biseladoras.

-Demolición parcial de elementos con martelos rompedores.

-Compactación de recheos con pisóns e placas vibrantes.

-Roza e perforación de elementos con rozadoras e trades.

-Colocación de tubos protectores de cables e recheo de rozas.

-Equipamentos: tipos e funcións, selección, comprobación, manexo, mantemento, conservación e almacenaxe.

-Riscos laborais e ambientais. Medidas de prevención.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación

Escavación con medios manuais, perfilamento e nivelación de pozos e gabias:

-Procesos e condicións de execución de escavacións, perfilamentos e refinación de gabias e pozos:

-Trazas de planta e profundidades.

-Escavación con medios manuais.

-Refinacións de fondos horizontais e con pendentes.

-Posta en obra de capas de formigón de limpeza e perfilamentos de laterais.

-Equipamentos: tipos e funcións, selección, comprobación, manexo, mantemento, conservación e almacenaxe.

-Riscos laborais e ambientais. Medidas de prevención.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación.

Seguranza básica en obras de construción:

-Lexislación relativa á prevención, á seguranza e á saúde en obras de construción.

-Doenzas e accidentes laborais: tipos, causas e efectos. Estatísticas.

-Riscos e medidas de prevención en lugares de faena. Máquinas, equipamentos e medios auxiliares.

-Procedementos de actuación e primeiros auxilios en casos de accidente.

-Equipamentos de protección individual: tipos, normativa e criterios de utilización.

-Seguranza na manipulación de ferramentas, útiles e materiais.

-Seguranza na sinalización e no valado de obras.

-Seguranza nas instalacións e nos equipamentos eléctricos.

-Seguranza na utilización de estadas, plataformas e escaleiras.

-Seguranza nas operacións con máquinas elevadoras, montacargas, guindastres e fitas transportadoras.

-Seguranza na maquinaria lixeira de obras.

-Seguranza nos esvaramentos, nos desprendementos e nas contencións.

1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar traballos auxiliares en obras de construción.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos riscos laborais en obras de construción.

-Operación cos equipamentos de protección individual, as ferramentas e os útiles asociados aos labores auxiliares da obra.

-Colaboración na colocación dos medios de protección colectiva nas obras.

-Manipulación e transporte de cargas.

-Operación coas máquinas lixeiras nos labores de axuda a oficios.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación dos riscos laborais no sector da construción, en relación coas medidas de prevención e protección adecuadas.

-Identificación das ferramentas e dos útiles necesarios para una actividade determinada.

-Identificación da función e a composición dos medios auxiliares e das proteccións colectivas.

-Relación entre os xeitos habituais de subministración e os procesos de descarga, transporte e abastecemento recomendados para cada tipo de materiais.

-Operación coas máquinas nos labores de axuda a oficios, respectando as instrucións e as especificacións dos manuais de operacións, así como as condicións de seguranza e as operacións de fin de xornada.

2. Módulo específico: pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

-Código: ME0060.

-Duración: 69 horas.

2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Describe os procesos de elaboración de pastas, morteiros e formigóns, con identificación dos compoñentes, e con indicación dos tipos de aplicacións e dos métodos de traballo.

* CA1.1. Describiuse o campo de aplicación dunha mestura determinada.

* CA1.2. Interpretouse correctamente o significado de termos técnicos utilizados en traballos de elaboración de pastas, morteiros e formigóns.

* CA1.3. Recoñeceuse o tipo dunha mestura presentada, identificáronse os compoñentes que a forman e describiuse o proceso da súa elaboración.

* CA1.4. Describíronse os materiais e as técnicas innovadoras en elaboración de pastas, morteiros e formigóns, e valorouse a súa repercusión na unidade de competencia asociada ao módulo formativo.

RA2. Opera con equipamentos de protección individual, útiles, ferramentas e máquinas, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA2.1. Identificáronse máquinas, ferramentas e útiles necesarios para unha actividade determinada.

* CA2.2. Manexáronse máquinas, ferramentas e útiles coa destreza e a precisión requiridas nunha actividade determinada.

* CA2.3. Identificáronse os riscos laborais e ambientais na elaboración de pastas, morteiros e formigóns, en relación coas medidas de prevención e de protección asociadas a eles, e valorouse a súa gravidade.

* CA2.4. Seleccionáronse e utilizáronse correctamente os artigos e os equipamentos de protección individual requiridos para unha actividade determinada.

* CA2.5. Describíronse e aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación de ferramentas, útiles e equipamentos de protección individual utilizados.

RA3. Prepara formigóns, morteiros e pastas, consonte as instrucións de elaboración e as condicións de consistencia e de resistencia indicadas.

* CA3.1. Estableceuse a composición e a dosificación dunha mestura determinada polas súas condicións de resistencia, consistencia, adherencia e/ou traballabilidade, seguindo táboas e ábacos indicados.

* CA3.2. Precisáronse as condicións de amasadura, reamasadura, tempo de axustabilidade e maduración, así como a vida útil dunha mestura determinada.

* CA3.3. Describiuse o efecto das condicións ambientais sobre a elaboración e as propiedades das mesturas.

* CA3.4. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, elaboráronse mesturas coas condicións de homoxeneidade requirida, axustadas ao volume e ao prazo indicados.

RA4. Prepara adhesivos e materiais de cintaxe seguindo as instrucións de elaboración, conforme as condicións de consistencia e de resistencia indicadas.

* CA4.1. Estableceuse a corrección na dosificación dunha mestura de adhesivo cementoso para a substitución parcial ou total da auga por unha emulsión dada.

* CA4.2. Precisáronse condicións de amasadura, reamasadura, tempo de maduración e vida útil dunha mestura determinada.

* CA4.3 Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, elaboráronse adhesivos coas condicións de homoxeneidade requiridas, axustadas ao volume e ao prazo indicados.

2.2. Contidos básicos.

Morteiros e pastas en albanelaría e revestimentos:

-Pastas e morteiros elaborados no lugar de faena. Pastas e morteiros predosificados.

-Compoñentes: aglomerantes, aditivos, areas e auga.

-Dosificación, consistencia, plasticidade e resistencia. Aplicacións.

-Normativa e ensaios.

-Selos de calidade e marcas homologadas.

Formigóns:

-Formigóns elaborados no lugar da faena e preparados.

-Tipos de formigóns: en masa, armados, pretensados e reforzados; formigóns de alta resistencia, alixeirados e especiais.

-Compoñentes: aglomerantes, aditivos, gravas, areas e auga. Armaduras e fibras de reforzo.

-Dosificación: tipo, resistencia característica, consistencia, tamaño máximo do gran e ambiente. Aplicacións.

-Normativa de formigón estrutural e firmes de formigón. Ensaios.

Adhesivos e materiais de cintaxe:

-Adhesivos cementosos. Adhesivos de resinas en dispersión. Adhesivos e materiais de cintaxe de resinas de reacción.

-Compoñentes: aglomerantes, aditivos, areas, auga e emulsións.

-Dosificación, consistencia e plasticidade. Aplicacións.

-Normativa e ensaios.

-Selos de calidade e marcas homologadas.

Elaboración de morteiros, pastas, formigóns, adhesivos e materiais de cintaxe:

-Procesos e condicións de elaboración de pastas e morteiros.

-Identificación e control de compoñentes. Dosificación en peso e volume. Correccións de dosificación.

-Amasadura con medios manuais e mecánicos e fornecemento de auga.

-Enchemento de contedores de transporte.

-Condicións ambientais para a elaboración de morteiros e pastas.

-Procesos e condicións de elaboración de formigóns.

-Identificación e control de compoñentes. Dosificación en peso e volume. Correccións de dosificación.

-Amasadura con medios manuais e mecánicos e fornecemento de auga.

-Enchemento de contedores de transporte.

-Condicións ambientais para a elaboración de formigóns.

-Procesos e condicións de elaboración de adhesivos e materiais de cintaxe.

-Identificación e control de compoñentes, dosificación e correccións de dosificación.

-Amasadura con medios manuais e mecánicos.

-Enchemento de contedores de transporte.

-Condicións ambientais para a elaboración de adhesivos e materiais de cintaxe.

-Equipamentos: tipos e funcións, selección, comprobación e manexo. Equipamentos de protección individual.

-Riscos laborais e ambientais. Medidas de prevención.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación.

2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de elaborar pastas, morteiros, adhesivos e formigóns.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos procesos de elaboración de pastas, morteiros e formigóns.

-Operación cos equipamentos de protección individual, os útiles, as ferramentas e as máquinas.

-Preparación de formigóns, morteiros e pastas.

-Preparación de adhesivos e materiais de cintaxe.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Descrición do campo de aplicación dunha mestura determinada.

-Identificación das máquinas, as ferramentas e os útiles necesarios para unha actividade determinada.

-Establecemento da composición e da dosificación dunha mestura segundo as condicións de resistencia, consistencia, adherencia e traballabilidade.

-Establecemento da corrección na dosificación dunha mestura de adhesivo cementoso para a substitución total ou parcial da auga por unha emulsión dada.

3. Módulo específico: obras de fábrica para revestir.

-Código: ME0061.

-Duración: 117 horas.

3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Describe os procesos de obras de fábrica para revestir, con identificación dos tipos de fábricas e con indicación dos materiais e dos métodos de traballo destas faenas.

* CA1.1. Interpretouse correctamente o significado dos termos técnicos utilizados en traballos de albanelaría.

* CA1.2. Enumeráronse os tipos de fábricas de albanelaría para revestir segundo os compoñentes e as funcións.

* CA1.3. Precisouse o método e a secuencia dos traballos requiridos para levantar unha determinada fábrica de albanelaría para revestir sobre unha traza definida.

* CA1.4. Relacionáronse as causas e os efectos nos defectos de execución de fábricas para revestir.

* CA1.5. Identificáronse os compoñentes, as mesturas de agarre e o aparello indicados para unha determinada fábrica para revestir, e describiuse a trabazón en encontros e puntos singulares.

* CA1.6. Describíronse as técnicas, os materiais e os equipamentos innovadores en obras de fábricas para revestir, e valorouse a súa repercusión na unidade de competencia asociada ao módulo formativo.

RA2. Opera con equipamentos de protección individual, útiles, ferramentas e máquinas, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA2.1. Identificáronse máquinas, ferramentas e útiles necesarios para unha actividade determinada.

* CA2.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Manexáronse máquinas, ferramentas e útiles coa destreza e a precisión requiridas.

-Seleccionáronse e utilizáronse correctamente as roupas e os equipamentos de protección individual requiridos.

-Aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación de ferramentas, útiles e equipamentos de protección individual utilizados.

* CA2.3. Identificáronse os riscos laborais e ambientais nos traballos de execución de fábricas para revestir, en relación coas medidas de prevención e de protección relacionadas con eles, e valorouse a súa gravidade.

RA3. Instala medios auxiliares e colabora na instalación de medios de protección colectiva asociados á execución de fábricas para revestir, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA3.1. Identificouse a función, a composición e a utilización (instalación, comprobación, mantemento e retirada) dos medios auxiliares e de protección colectiva requiridos nunha determinada actividade.

* CA3.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios auxiliares necesarios para a execución dunha determinada fábrica, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Describíronse e aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios auxiliares utilizados.

* CA3.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios de protección colectiva necesarios para a execución unha determinada fábrica, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Describíronse e aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios auxiliares utilizados.

RA4. Describe e constrúe fábricas para revestir, de ladrillo e de bloque, conforme a traza e seguindo as condicións de seguranza e calidade determinadas.

* CA4.1. Definíronse as condicións de execución, calidade e seguranza dun lugar de traballo determinado.

* CA4.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Repartíronse pezas en seco sobre referencias de traza, consonte o aparello especificado, e reducíronse os recortes de pezas necesarios.

-Humedecéronse convenientemente as pezas e presentáronse ao pé da faena, seguindo as instrucións recibidas.

-Levantouse un elemento de fábrica para revestir de dimensións e grosores determinados, cumprindo as condicións e as tolerancias especificadas canto ao aparello, a horizontalidade de fiadas, a planitude e o apromo.

-Realizouse un encontro entre elementos de fábrica vista e obtívose a trabazón especificada.

-Colocáronse cargadoiros nun elemento de fábrica seguindo as instrucións recibidas.

-Colocáronse paneis de illamento en extradorsado dun elemento de fábrica seguindo as condicións de fixación e traspaso indicadas.

3.2. Contidos básicos.

Fábricas para revestir de albanelaría:

-Tipos de fábricas de albanelaría.

-Materiais para fábricas para revestir: mesturas de agarre e recheo, ladrillos cerámicos (perforados e ocos) e silicocalcarios, bloques cerámicos e ladrillos ocos de gran formato, bloques prefabricados de formigón e alixeirados, e pezas especiais.

-Selos de calidade e marcas homologadas en materiais de albanelaría.

-Equipamentos para fábricas para revestir: tipos e funcións, selección, comprobación e manexo.

-Equipamentos de protección individual e colectiva, e medios auxiliares: mantemento, conservación e almacenaxe.

-Procesos e condicións de seguranza en obras de soportes de cubrición. Riscos e medidas de prevención. Instalación e retirada de medios auxiliares e de protección colectiva.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación.

Execución de fábricas para revestir de ladrillo, bloque e pedra:

-Relacións de fábricas e outros elementos de obra.

-Procesos e condicións de execución de fábricas para revestir de ladrillo, bloque e pedra: subministración; preparación e humectación de pezas; repartición en seco; colocación; xuntoiras; protección contra chuvia, xeada e calor; proteccións contra a humidade (barreiras en arranques e acabamentos superficiais); recibimento de cercos, precercos, marcos e cargadoiros; arriostamento provisorio; limpeza.

-Procesos e condicións de calidade en fábricas para revestir de ladrillo, bloque e pedra: traza; aparello; planitude; desapromo; horizontalidade de fiadas; grosor de xuntas; apromado de ameceduras; xuntas de dilatación; xuntoiras en encontros; limpeza e aparencia.

-Defectos de execución habituais: causas e efectos.

3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de construír fábricas para revestir.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos procesos de obras de fábrica para revestir.

-Operación cos equipamentos de protección individual, os útiles, as ferramentas e as máquinas.

-Instalación de medios auxiliares e colaboración na instalación de proteccións colectivas.

-Construción de fábricas de ladrillo e de bloque.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo han versarán sobre:

-Interpretación correcta do significado dos termos utilizados na albanelaría.

-Identificación das máquinas, as ferramentas e os útiles necesarios para unha actividade determinada.

-Identificación da función, a composición e a utilización dos medios auxiliares e das proteccións colectivas.

-Definición das condicións de execución, de calidade e de seguranza dun lugar de faena determinado.

4. Módulo específico: vertentes de cubricións.

-Código: ME0062.

-Duración: 117 horas.

4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Describe os procesos de execución de obras de cubricións, con indicación dos materiais e dos métodos de construción de vertentes de diversos tipos, e dos seus compoñentes.

* CA1.1. Recoñeceuse o tipo dunha cubrición dada, así como os seus compoñentes e a función destes.

* CA1.2. Interpretouse correctamente o significado dos termos técnicos utilizados en traballos de cubricións.

* CA1.3. Precisouse o método e a secuencia de traballos requiridos para levantar un tabique alixeirado sobre unha traza definida.

* CA1.4. Identificáronse os compoñentes, as mesturas de agarre e o aparello indicados para os tabiques alixeirados dunha determinada cubrición, e describiuse a trabazón en encontros e puntos singulares.

* CA1.5. Precisouse o método e a secuencia dos traballos requiridos para construír os taboleiros de cubricións inclinadas e para colocar o illamento térmico, dado o material que se utilice (cerámico, de madeira ou de formigón).

* CA1.6. Identificouse a fixación, a disposición e os compoñentes indicados para os taboleiros e o illamento térmico de cubricións, e describiuse a trabazón en encontros e puntos singulares.

* CA1.7. Relacionáronse as causas e os efectos nos defectos de execución habituais en vertentes de cubricións.

* CA1.8. Describíronse os factores de innovación tecnolóxica en obras de vertentes de cubricións, e valorouse a súa repercusión na unidade de competencia asociada ao módulo formativo.

RA2. Opera con equipamentos de protección individual, útiles, ferramentas e máquinas, consonte as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA2.1. Identificáronse as máquinas, as ferramentas e os útiles necesarios para unha actividade determinada.

* CA2.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Manexáronse máquinas, ferramentas e útiles coa destreza e a precisión requiridas.

-Seleccionáronse e utilizáronse correctamente as roupas e os equipamentos de protección individual requiridos.

-Aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación das ferramentas, os útiles e os equipamentos de protección individual utilizados.

* CA2.3. Identificáronse os riscos laborais e ambientais nos traballos de execución de fábricas para revestir, en relación coas medidas de prevención e de protección relacionadas con eles, e valorouse a súa gravidade.

RA3. Instala os medios auxiliares e colabora na instalación dos medios de protección colectiva asociados á execución de fábricas para revestir, conforme as instrucións recibidas canto a métodos de traballo, condicións de seguranza e operacións de fin de xornada.

* CA3.1. Identificouse a función, a composición e a utilización (instalación, comprobación, mantemento e retirada) dos medios auxiliares e de protección colectiva requiridos nunha determinada actividade.

* CA3.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios auxiliares necesarios para a execución dunha determinada actividade, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Describíronse e aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios auxiliares utilizados.

* CA3.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Montáronse e desmontáronse os medios de protección colectiva necesarios para a execución dunha determinada actividade, baixo supervisión e seguindo as instrucións recibidas.

-Describíronse e aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e comprobación dos medios auxiliares utilizados.

RA4. Aplica técnicas de albanelaría de fábricas para levantar tabiques alixeirados de cubricións inclinadas, realiza os seus encontros con outros tabiques e dispón o material illante entre eles, nas condicións de seguranza e de calidade establecidas.

* CA4.1. Describíronse as condicións de execución, calidade e seguranza dun lugar de faena dado.

* CA4.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado:

-Repartíronse pezas de ladrillo en seco sobre referencias de traza dadas, e con criterios de aproveitamento do material.

-Levantouse un tabique de dimensións e grosores determinados, conforme as condicións e as tolerancias especificadas canto á horizontalidade de fiadas, planitude, apromo e inclinación do cordón superior.

-Realizouse un encontro entre tabiques alixeirados e obtívose a trabazón especificada.

-Colocáronse mantas de illamento térmico sobre a placa entre tabiques alixeirados, e realizáronse os encontros e os traspasos nas condicións establecidas.

RA5. Resolve os taboleiros das vertentes de cubricións de diversos tipos, con utilización dos materiais especificados, e dispón o illamento térmico, nas condicións de seguranza e de calidade establecidas.

* CA5.1. Describíronse as condicións de execución, calidade e seguranza dun lugar de faena dado.

* CA5.2. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, tendo en conta as condicións de calidade establecidas:

-Construíronse taboleiros cerámicos ou de formigón.

-Executáronse capas de formación de compresión.

-Colocáronse pranchas de material illante térmico sobre taboleiros inclinados.

* CA5.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, construíronse taboleiros de madeira.

* CA5.4. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, executáronse capas de formación de pendente.

4.2. Contidos básicos.

Vertentes de cubricións:

-Tipos de cubricións.

-Compoñentes de cubricións: función e materiais habituais.

-Vertentes: tabiques alixeirados, taboleiros e capas de formación de pendentes.

-Materiais para vertentes de cubricións: pastas, morteiros e formigóns; ladrillos ocos simples e dobres, baldosas rasas; placas prefabricadas de formigón; paneis prefabricados multicapa; chapa pregada metálica; placa de fibrocemento e madeira para taboleiros de cubricións.

-Illamentos térmicos.

-Selos de calidade e marcas homologadas en materiais de vertentes de cubricións.

-Equipamentos para execución de vertentes para cubrición: tipos e funcións, selección, comprobación e manexo.

-Equipamentos de protección individual e colectiva, e medios auxiliares: mantemento, conservación e almacenaxe.

-Relacións de elementos de cubricións e outros elementos de obra.

-Procesos e condicións de seguranza en obras de soportes de cubrición: riscos laborais e ambientais, e medidas de prevención. Instalación e retirada de medios auxiliares e de protección colectiva.

-Materiais, técnicas e equipamentos innovadores de recente implantación.

Execución de tabiques alixeirados:

-Procesos e condicións de execución de tabiques alixeirados: subministración; preparación e humectación de pezas; repartición en seco; colocación; xuntoiras en encontros; e protección contra chuvia, xeada e calor.

-Colocación do illamento térmico.

-Condicións de calidade: traza, pendente do cordón superior; planitude; desapromo e horizontalidade de fiadas.

-Defectos de execución habituais: causas e efectos.

Execución de taboleiros de material cerámico, madeira e formigón:

-Procesos e condicións de execución de taboleiros: subministración; preparación de táboas e listóns; preparación e humectación de pezas cerámicas; colocación, fixación e protección contra chuvia, xeada e calor.

-Colocación do illamento térmico: preparación de pezas, colocación e fixación.

-Condicións de calidade.

-Defectos de execución habituais: causas e efectos.

Execución de capas de formación de pendentes e de compresión:

-Procesos e condicións de execución de capas de formación de pendentes e de compresión: subministración; colocación de mestras; estendedura e mestradura, e protección contra chuvia, xeada e calor.

-Condicións de calidade.

-Defectos de execución habituais: causas e efectos.

4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de construción de vertentes para cubricións.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos procesos de execución das obras das cubricións.

-Traballo con equipamentos de protección individual, útiles, ferramentas e máquinas.

-Instalación de medios auxiliares e colaboración na instalación de proteccións colectivas.

-Realización de tabiques nas cubricións.

-Resolución dos taboleiros das vertentes de distintos tipos de cubricións.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Recoñecemento dos tipos de cubricións e os seus compoñentes.

-Identificación de máquinas, ferramentas e útiles necesarios.

-Identificación da función, a composición e a utilización dos medios auxiliares e das proteccións colectivas.

-Descrición das condicións de execución, de calidade e de seguranza na obra.

5. Módulo específico: formación en centros de traballo.

-Código: ME0063.

-Duración: 160 horas.

5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

RA1. Actúa consonte as normas de prevención de riscos laborais da empresa.

* CA1.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguranza, así como a establecida pola empresa.

* CA1.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presentan no ámbito propio de actuación no centro de traballo.

* CA1.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

* CA1.4. Empregouse o equipamento de protección individual (EPI) establecido para as operacións.

* CA1.5. Utilizáronse os dispositivos de protección de máquinas, equipamentos e instalacións nas actividades.

* CA1.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

* CA1.7. Mantívose a zona de traballo libre de riscos, con orde e limpeza.

* CA1.8. Traballouse con criterios de redución no consumo de enerxía e na xeración de residuos.

RA2. Actúa de xeito responsable e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

* CA2.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

* CA2.2. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e comunicouse eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

* CA2.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrouse un bo facer profesional e finalizouse o traballo nun tempo límite razoable.

* CA2.4. Amosouse unha actitude de respecto coas normas e cos procedementos establecidos.

* CA2.5. Organizouse o traballo consonte as instrucións e os procedementos establecidos, cumpríronse as tarefas en orde de prioridade e actuouse baixo criterios de seguranza e calidade nas intervencións.

-CA2.6. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal, e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

-CA2.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, realizáronse os descansos instituídos e non se abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos xustificados.

RA3. Realiza as operacións de labores auxiliares de obra cumprindo as correspondentes normas de seguranza.

* CA3.1. Manexáronse as máquinas, as ferramentas e os útiles con destreza e precisión.

* CA3.2. Montáronse e desmontáronse os medios auxiliares e de protección colectiva necesarios.

* CA3.3. Subministráronse materiais e equipamentos conforme os requisitos solicitados.

* CA3.4. Realizáronse cortes de materiais consonte os requisitos solicitados.

* CA3.5. Realizáronse demolicións parciais de elementos construtivos consonte os requisitos solicitados.

* CA3.6. Realizáronse rozas sobre elementos construtivos respectando as indicacións.

* CA3.7. Realizáronse compactacións de recheos de terras consonte os requisitos solicitados.

* CA3.8. Escaváronse gabias e pozos cos medios manuais, conforme as instrucións recibidas.

* CA3.9. Perfiláronse os laterais dos baleiramentos mediante refinación de superficie.

* CA3.10. Comunicouse eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento, respectando as canles establecidas na organización.

* CA3.11. Interpretáronse e executáronse as instrucións de traballo.

* CA3.12. Adaptouse á organización integrándose no sistema de relacións técnico-profesionais.

RA4. Elabora pastas, morteiros e formigóns.

* CA4.1. Elaboráronse mesturas coas condicións de homoxeneidade requirida, axustadas ao volume e ao prazo indicados.

* CA4.2. Elaboráronse adhesivos coas condicións de homoxeneidade requiridas.

* CA4.3. Interpretáronse e executáronse as instrucións de traballo.

* CA4.4. Cumpríronse as normas de correcta produción.

RA5. Executa obras de fábrica.

* CA5.1. Manexáronse máquinas, ferramentas e útiles coa destreza e a precisión requiridas.

* CA5.2. Seleccionáronse e utilizáronse correctamente as roupas e os equipamentos de protección individual requiridos.

* CA5.3. Aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación de ferramentas, útiles e equipamentos utilizados.

* CA5.4. Repartíronse pezas en seco sobre referencias de traza.

* CA5.5. Humedecéronse convenientemente as pezas.

* CA5.6. Levantouse un elemento de fábrica para revestir.

* CA5.7. Realizouse un encontro entre elementos de fábrica vista.

* CA5.8. Colocáronse cargadoiros nun elemento de fábrica.

* CA5.9. Colocáronse paneis de illamento.

* CA5.10. Habituouse ao ritmo de traballo da empresa.

* CA5.11. Interpretáronse e executáronse as instrucións de traballo.

RA6. Execución de vertentes de cubrición.

* CA6.1. Manexáronse con destreza máquinas, ferramentas e útiles.

* CA6.2. Utilizáronse correctamente as roupas e os equipamentos de protección individual.

* CA6.3. Aplicáronse as operacións de almacenaxe, mantemento e conservación das ferramentas.

* CA6.4. Montáronse e desmontáronse os medios auxiliares e de protección colectiva necesarios para a execución da actividade.

* CA6.5. Levantouse un tabique conforme as condicións e as tolerancias especificadas.

* CA6.6. Realizouse un encontro entre tabiques e obtívose a trabazón especificada.

* CA6.7. Colocáronse mantas de illamento térmico.

* CA6.8. Construíronse taboleiros cerámicos ou de formigón.

* CA6.9. Executáronse capas de compresión de pendentes.

* CA6.10. Habituouse ao ritmo de traballo da empresa.

* CA6.11. Executáronse as instrucións de traballo.

Ver referencia pdf "16600D003P046.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES