DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2008 Páx. 16.202

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de agosto de 2008 pola que se establecen regras de desenvolvemento e convocatoria das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada, en desenvolvemento do Real decreto 1032/2007, do 20 xullo.

Advertidos erros no texto da citada orde é necesario realizar as oportunas correccións.

Na páxina 15.572, na columna da dereita, no último parágrafo, nas liñas 3 e 4, onde di: «...sobre o contido das materias incluídas na sección 1ª ou 2ª da alínea A) do anexo I...», debe dicir: «...sobre o contido das materias incluídas na sección 1ª ou 2ª da alínea A) do anexo I do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo...»

Na páxina 15.572, na columna da dereita, no último parágrafo, nas últimas dúas liñas, onde di: «...cando o programa do exame sexa o contido na sección 1ª do anexo I…», debe dicir: «...cando o programa do exame sexa o contido na sección 1ª do anexo I do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo...»

Na páxina 15.573, na columna da esquerda, no primeiro parágrafo, nas liñas 1 e 2, onde di: «...cando o programa do exame sexa o contido na sección 2ª do anexo I.», debe dicir: «...cando o programa do exame sexa o contido na sección 2ª do anexo I do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.»

Na páxina 15.573, na columna da esquerda, no segundo parágrafo, (punto 3) nas liñas 3 e 4, onde di: «...enumerados na sección correspondente da alínea A) do anexo I.», debe dicir: «...enumerados na sección correspondente da alínea A) do anexo I do Real decreto 1032/2007, do 20 de xullo.»