DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 28 de agosto de 2008 Páx. 16.161

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 27 de agosto de 2008 pola que se aproban os modelos D650, 650 e 651 do imposto sobre sucesións e doazóns.

A Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias en relación co imposto sobre sucesións e doazóns, acometeu unha reforma en profundidade deste imposto para a Comunidade Autónoma de Galicia, non só modificando as reducións existentes senón creando reducións novas e establecendo novos tipos de gravame. Esta importante reforma fai necesaria a modificación dos modelos de autoliquidación existentes ata agora para adaptalos á estrutura da nova lei.

A Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía, establece no seu artigo 47 o alcance da delegación de competencias en relación coa xestión e liquidación dos tributos cedidos sinalando que na xestión e liquidación dos impostos sobre o patrimonio, sobre sucesións e doazóns, sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, dos tributos sobre o xogo, do imposto especial sobre determinados medios de transporte e do imposto sobre as vendas retallistas de determinados hidrocarburos corresponderá ás comunidades autónomas a aprobación de modelos de declaración, salvo no imposto sobre o patrimonio, no cal corresponderá ás comunidades autónomas a adaptación dos modelos de declaración aprobados polo Ministerio de Facenda, nas materias propias da súa competencia normativa.

En consecuencia, en virtude das autorizacións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Primeiro.-Aprobación dos modelos D650 e 650 de autoliquidación do imposto sobre sucesións.

Apróbanse os seguintes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións que figuran nos anexos I e II:

A) D650: imposto sobre sucesións e doazóns: adquisicións mortis causa. Declaración de bens (anexo I).

Este modelo utilizarase para a autoliquidación (acompañado do modelo 650) das adquisicións mortis causa, incluídas as de beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario, salvo os supostos expresamente regulados no artigo 17.2º a) da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, así como para as autoliquidacións parciais a que se refire o artigo 89 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro.

O modelo componse da relación de bens que integran o caudal hereditario e presentarase un por causante, aínda que sexan varios os suxeitos pasivos. Inclúese un anexo para a relación de adquirentes e interesados na sucesión ou o seguro. Ademais, o modelo consta dun exemplar para a Administración e outro para o interesado.

B) 650: imposto sobre sucesións e doazóns: autoliquidación-sucesións (anexo II).

Este modelo utilizarase para a participación individual e autoliquidación das adquisicións mortis causa, incluídas as de beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario, salvo os supostos expresamente regulados no artigo17.2º a) da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, así como para as autoliquidacións parciais a que se refire o artigo 89 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns. Irá sempre acompañado do modelo D650 e presentaranse tantos modelos 650 como interesados na sucesión, un por suxeito pasivo. Ademais, o modelo consta dun exemplar para a Administración, outro para o interesado e outro para o sobre individual.

Segundo.-Presentación e ingreso dos modelos D650 e 650.

Cando o rendemento lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia segundo o disposto na Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina competente un modelo D650 único para cada sucesión, acompañado da restante documentación a que se refire o artigo 66 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, e tantos modelos 650 como suxeitos pasivos, que se introducirán cada un nun sobre individual segundo modelo que figura no anexo III, que se aproba por esta orde. Tanto o modelo D650 como a documentación a que se refire o artigo 66 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns e os sobres individuais, introduciranse no sobre principal que figura no anexo III que se aproba por esta orde.

A presentación de autoliquidacións implicará, de ser o caso, o ingreso das cantidades que resulten da aplicación das normas do imposto. Os ingresos realizaranse nas entidades de depósito autorizadas para actuar como colaboradoras na xestión recadatoria da Consellería de Economía e Facenda.

Terceiro.-Lugar e prazo de presentación e ingreso dos modelos D650 e 650.

As autoliquidacións presentaranse nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia ou nas oficinas liquidadoras de distrito hipotecario, nos prazos e de acordo cos criterios establecidos no Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns.

Cuarta.-Aprobación do modelo 651 de autoliquidación do imposto sobre doazóns.

Apróbase o seguinte modelo de autoliquidación do imposto sobre doazóns que figura no anexo IV:

Modelo 651: este modelo utilizarase para a autoliquidación da adquisición de bens e dereitos por doazón ou calquera outro negocio xurídico a título gratuíto, inter vivos. Ademais, o modelo consta dun exemplar para a Administración, outro para o interesado e outro para o sobre.

Quinta.-Presentación e ingreso do modelo 651.

Cando o rendemento lle corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia segundo o disposto na Lei 21/2001, do 27 de decembro, pola que se regulan as medidas fiscais e administrativas do novo sistema de financiamento das comunidades autónomas de réxime común e cidades con Estatuto de autonomía, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina competente un modelo 651 único para cada doazón ou negocio xurídico a título gratuíto inter vivos acompañado da restante documentación a que se refire o artigo 87 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, aprobado mediante Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro. Tanto o modelo 651 como a documentación a que se refire o artigo 87 do Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns, introduciranse no sobre que figura no anexo IV que se aproba por esta orde.

A presentación de autoliquidacións implicará, de ser o caso, o ingreso das cantidades que resulten da aplicación das normas do imposto. Os ingresos realizaranse nas entidades de depósito autorizadas para actuar como colaboradoras na xestión recadatoria da Consellería de Economía e Facenda.

Sexta.-Lugar e prazo de presentación e ingreso do modelo 651.

As autoliquidacións presentaranse nas delegacións territoriais da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia ou nas oficinas liquidadoras de distrito hipotecario, nos prazos e de acordo cos criterios establecidos no Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre sucesións e doazóns.

Disposición transitoria

Os modelos aprobados nesta orde serán utilizados para as autoliquidacións de feitos impoñibles a que sexa de aplicación a Lei 9/2008, do 28 de xullo, galega de medidas tributarias, en relación co imposto sobre sucesións e doazóns. Para as autoliquidacións de feitos impoñibles a que sexa de aplicación a normativa anterior, seguirán utilizándose os modelos aprobados pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 14 de maio de 2001, pola que se aproban os modelos D650 e 650 do imposto sobre sucesións e doazóns.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Economía e Facenda do 14 de maio de 2001, pola que se aproban os modelos D650 e 650 do imposto sobre sucesións e doazóns.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o 1 de setembro de 2008.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2008.

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

2

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

3

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

4

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

5

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

6

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

7

8

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

9

10

11

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

12

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

13

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

14

ANEXO II

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

Exemplar para a Administración

Exemplar para o suxeito pasivo

Exemplar para a entidade colaboradora

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

2

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

3

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

4

ANEXO III

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

ANEXO IV

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

Exemplar para a Administración

Exemplar para o suxeito pasivo

Exemplar para a entidade colaboradora

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

2

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

3

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"

4

Ver referencia pdf "16600D001P005.PDF"