DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 25 de agosto de 2008 Páx. 15.984

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de costura en Galicia.

O Real decreto 329/2008, do 29 de febreiro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de arranxos e adaptacións de roupa en téxtil e pel, pertencente á familia profesional de téxtil, confección e pel, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de costura en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de costura queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: costura.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: téxtil, confección e pel.

Terceiro.-Competencia xeral.

Realizar arranxos e adaptacións en roupa de vestir en téxtil e pel, así como en roupa de fogar, aplicando as técnicas e os procesos específicos, para lograr que o artigo adquira con calidade o acabamento requirido, autonomamente ou baixo a supervisión de persoal responsable, nos prazos previstos, nas condicións ambientais e de seguridade adecuadas, e coa correcta atención á clientela que demanda o servizo.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

a) Recibir os artigos para tratar, ordenalos e clasificalos para os manipular adecuadamente ante o arranxo solicitado, en función da súa complexidade e do nivel de calidade exixido.

b) Realizar a almacenaxe e a manipulación dos produtos necesarios para o arranxo de roupa de vestir e de roupa de fogar, así como tratar os residuos, aplicando os métodos correctos para reducir o impacto ambiental.

c) Preparar as ferramentas e os equipamentos necesarios, e elixir os materiais axeitados para le-var a cabo en tempo e forma o arranxo concertado.

d) Realizar o arranxo e a adaptación de pezas de roupa e artigos aplicando as técnicas específicas de confección, de xeito que se garanta un acabamento de calidade.

e) Diferenciar as pezas de roupa, os artigos e os seus compoñentes para os manipular adecuadamente sen desvirtuar as súas características estéticas, adaptándoos ás demandas da clientela.

f) Colaborar na proba e na personalización das pezas de roupa, transformándoas segundo as demandas da clientela, e realizar os controis necesarios para asegurar que se cumpran as exixencias de calidade no proceso de traballo.

g) Realizar o acabamento e a presentación final das pezas de roupa tratadas, e almacenalas adecuadamente para a súa posterior entrega á clientela, directamente ou a través de persoas intermediarias.

h) Demostrar actitudes de cortesía, respecto e discreción na atención á clientela, tanto á hora de informala dos servizos que se ofrecen e das tarifas aplicables como para resolver reclamacións ante o servizo realizado.

i) Manexarse no posto de traballo de acordo coa normativa de seguridade e de saúde laboral.

j) Manter condutas que demostren uns niveis de responsabilidade, puntualidade e hixiene persoal e profesional adecuadas ao posto de traballo.

k) Actuar con confianza na propia capacidade profesional e prestar atención ás innovacións técnicas e organizativas que acontezan no sector.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no título:

a) Arranxos e adaptacións de pezas de roupa e artigos en téxtil e pel, TCP387_1 (Real decreto 329/2008), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC1224_1. Atender a clientela nos servizos de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel.

-UC1225_1. Preparar materiais, ferramentas, máquinas e equipamentos de confección.

-UC1226_1. Realizar arranxos en roupa de vestir e roupa de fogar.

-UC1227_1. Realizar adaptacións e personalizar roupa de vestir.

Sexto.-Contorno profesional.

1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional por conta allea ou de xeito autónomo en empresas medianas e pequenas, así como en microempresas no sector da confección e da moda dedicadas a arranxos, adaptacións e personalización de pezas de roupa e artigos en téxtil e pel.

2. Sectores produtivos. Empresas vinculadas á industria da confección e da moda, como xastraría, modistaría, alta costura, etc., así como na produción de espectáculos.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

-Cosedor/a á man ou á máquina doméstica.

-Costureiro/a zurcidor/a.

-Modista de arranxos e composturas.

-Operario/a de confección.

-Operario/a de modistaría.

Sétimo.-Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan a seguir:

-ME0055. Atención á clientela.

-ME0056. Materiais, ferramentas, máquinas e equipamentos de confección.

-ME0057. Arranxos, adaptacións e personalizacións en roupa de vestir e roupa de fogar.

-ME0058. Formación en centros de traballo.

Oitavo.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2008.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Módulos específicos

1. Módulo específico: atención á clientela.

-Código: ME0055.

-Duración: 93 horas.

1.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Aplica técnicas de comunicación na atención a clientes de diversos tipos, no servizo de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel.

-CA1.1. Recoñecéronse técnicas de comunicación e habilidades sociais que facilitan a empatía coa clientela.

-CA1.2. Describíronse as calidades persoais que se deben posuír e as actitudes que se deben desenvolver para atender a clientela.

-CA1.3. Explicáronse as técnicas para potenciar a presenza da clientela e o vínculo con ela.

-CA1.4. Especificáronse variables que se poden aplicar para a mellora do resultado do servizo.

-CA1.5. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, sobre información do servizo de arranxos ou adaptacións de artigos en téxtil e pel:

-Identificouse a tipoloxía da clientela e as súas necesidades.

-Realizáronse as preguntas oportunas con linguaxe clara e comprensible.

-Aplicáronse técnicas de comunicación e habilidades sociais que faciliten a empatía coa clientela.

-Describíronse con claridade as características do produto e do servizo demandado.

-Apreciouse a posibilidade do arranxo ou da adaptación.

-Determináronse e comunicáronselle á clientela variables para a mellora do resultado e do servizo demandado.

-Presentouse o orzamento conforme as tarifas establecidas.

-Indicáronse os prazos de entrega, en caso de se concretaren.

-RA2. Explica os tipos de arranxos e adaptacións que admiten diferentes artigos en téxtil e pel para os manter en uso, e indica a súa complexidade en función da calidade requirida.

-CA2.1. Describíronse as características de diversos tipos de artigos fabricados, en relación co servizo de arranxos e adaptacións, e salientáronse as vantaxes e os inconvenientes.

-CA2.2. Diferenciáronse tipos e características de arranxos e adaptacións que se poidan realizar sobre artigos en téxtil e pel.

-CA2.3. Explicáronse os tipos de arranxos e adaptacións que admiten os artigos segundo o seu destino e o seu uso.

-CA2.4. Indicáronse as operacións máis comúns que se realizan nun servizo de arranxo e adaptacións de artigos en téxtil e pel.

-CA2.5. Explicáronse as accións que se poden realizar con carácter irreversible sobre artigos en téxtil e pel.

-CA2.6. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de observación de artigos en téxtil e pel para o posible arranxo ou a adaptación:

-Identificouse o tipo de artigo, os seus compoñentes e os seus materiais.

-Describiuse o tipo de arranxo ou de adaptación que se demanda.

-Recoñecéronse as posibilidades de realizar a demanda.

-Enumeráronse os materiais necesarios.

-Explicáronse as operacións requiridas.

-Formalizouse o documento cos datos do artigo.

-RA3. Aplica técnicas de recepción e almacenaxe de artigos en téxtil e pel para proceder ao seu arranxo ou á súa adaptación.

-CA3.1. Identificáronse actuacións de recepción segundo o tipo de artigos en téxtil e pel que se vaian manipular.

-CA3.2. Interpretáronse e formalizáronse os documentos de recepción de artigos no servizo.

-CA3.3. Explicáronse as condicións de hixiene e limpeza que deben ter os artigos en téxtil e pel para a súa recepción nun servizo de arranxo ou adaptacións.

-CA3.4. Identificáronse as operacións que cumpra realizar, segundo o servizo solicitado, para informar a clientela.

-CA3.5. Explicáronse os procedementos de identificación dos artigos en téxtil e pel para a súa almacenaxe nun servizo de arranxos.

-CA3.6. Recoñecéronse procedementos de almacenaxe de artigos en téxtil e pel na recepción para o seu arranxo ou para adaptacións, e a posterior manipulación no servizo.

-CA3.7. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de recepción de artigos en téxtil e pel para o seu arranxo ou para adaptación:

-Identificouse o tipo de artigo, os seus compoñentes e os materiais.

-Recoñeceuse o tipo de arranxo ou de adaptación que se demanda.

-Informouse a clientela das operacións que require o servizo solicitado.

-Comprobouse o estado de hixiene e limpeza da peza de roupa ou do artigo.

-Identificouse e almacenouse correctamente a peza de roupa ou o artigo, segundo o servizo requirido.

-Formalizáronse documentos coa información que requira o servizo.

-RA4. Aplica técnicas de realización de cálculos precisos para o orzamento de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel, para o que utiliza tarifas establecidas.

-CA4.1. Describíronse os gastos directos e indirectos que se inclúen no orzamento dos arranxos e das adaptacións de artigos en téxtil e pel.

-CA4.2. Explicouse como se calculan os tempos das operacións implicadas no arranxo, con aplicación das tarifas establecidas.

-CA4.3. Interpretáronse e formalizáronse os documentos de orzamentos dos arranxos e das adaptacións de artigos.

-CA4.4. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, de cálculo dun orzamento de arranxos ou adaptacións de artigos en téxtil e pel, con aplicación de pautas dadas:

-Deducíronse os gastos de materiais.

-Deducíronse os gastos indirectos que lle afectan.

-Deduciuse o tempo necesario para o arranxo ou a transformación.

-Deduciuse o prezo final da operación, con aplicación da fórmula adecuada.

-De ser o caso, aplicáronse descontos en función da fidelidade da clientela, da contía ou das opcións de pagamento.

-Formalizáronse documentos coa información que requira o orzamento.

-RA5. Aplica os procedementos determinados para a entrega de artigos arranxados ou adaptados, a partir das demandas da clientela, así como as técnicas de actuación ante conflitos e reclamacións.

-CA5.1. Recoñecéronse as características estéticas e de funcionalidade de artigos arranxados ou adaptados, segundo a resposta á demanda da clientela.

-CA5.2. Explicáronse as formas de entrega e exhibición á clientela dos artigos arranxados ou adaptados, e comprobáronse as súas expectativas de funcionalidade e de estética.

-CA5.3. Enumeráronse os erros máis comúns e as medidas que permitan corrixir as deficiencias e mellorar os resultados na prestación do servizo.

-CA5.4. Identificouse a natureza dos conflitos e das reclamacións, así como as técnicas para os afrontar.

-CA5.5. Recoñeceuse a documentación que se utiliza na recollida de queixas e reclamacións, e describíronse as epígrafes de que consta e a información que debe conter.

-CA5.6. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de entrega e información á clientela sobre o servizo realizado:

-Comprobouse que o traballo realizado se axuste aos requisitos solicitados.

-Cumpríronse as condicións de entrega na data fixada.

-Informouse do tratamento que cumpra aplicar no seu uso e no seu mantemento.

-De ser o caso, probouse a peza de roupa para a súa conformidade, aplicando pautas dadas.

-CA5.7. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de atención no servizo de arranxos e adaptacións, determináronse os aspectos dunha reclamación:

-Recoñeceuse a reclamación formulada.

-Recoñeceuse o plan de actuación establecido e aplicáronse as súas fases.

-Aplicáronse técnicas de comportamento positivo e resolutivo.

-Formalizouse correctamente a documentación requirida a través do correspondente formulario.

-Identificáronse os mecanismos de xestión de reclamacións, en caso de superar a responsabilidade asignada, utilizando medios convencionais e informáticos.

-RA6. Formaliza a documentación propia do servizo de arranxos e adaptacións, utilizando medios convencionais e informáticos, a partir dunhas especificacións e duns procedementos determinados.

-CA6.1. Identificouse a documentación básica vinculada ao servizo de arranxos e adaptacións.

-CA6.2. Mantívose actualizada a documentación.

-CA6.3. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, formalizouse a documentación que recolla as características máis importantes do servizo de arranxos e adaptacións: prestación de servizos, tarifa de prezos, listaxe de clientes, etc.

1.2. Contidos básicos.

Habilidades de comunicación en situacións personalizadas de servizos de arranxos ou adaptacións de artigos en téxtil e pel:

-Barreiras e dificultades.

-Comunicación non verbal.

-Comunicación verbal: técnicas de emisión de mensaxes orais.

-Comunicación a través de medios non presenciais.

-Escoita: técnicas de recepción de mensaxes orais.

-Motivación, frustración e mecanismos de defensa.

Atención a clientes en servizos de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel:

-Tipos de clientes e a súa relación coa prestación do servizo.

-Atención personalizada.

-Necesidades e gustos da clientela.

-Criterios de satisfacción.

-Obxeccións da clientela e o seu tratamento.

-Fidelización da clientela.

Recepción e orzamento dos servizos ofrecidos en empresas de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel:

-Información como base da prestación do servizo.

-Características estéticas dos artigos.

-Características esenciais dos produtos.

-Calidade nos servizos ofrecidos.

-Documentación básica vinculada á prestación de servizos.

-Etiquetas de identificación de clientes, de procedencia, de entrega e de recollida.

-Custos directos e indirectos.

-Custos de materiais e de horas de traballo.

-Tarifas de prezos: orzamentos.

-Utilización de ferramentas informáticas de prestación do servizo.

Tratamento de reclamacións no servizo de arranxos e adaptacións de artigos en téxtil e pel:

-Elementos formais que contextualizan a reclamación.

-Documentos necesarios ou probas nunha reclamación.

-Procedemento de recollida das reclamacións.

-Técnicas utilizadas no tratamento e na actuación ante reclamacións.

-Utilización de ferramentas informáticas de xestión de reclamacións.

1.3. Orientacións pedagóxicas

Este módulo profesional contén a formación necesaria para atender e informar a clientela dos servizos de arranxos e adaptacións, tanto no contacto previo como na posvenda do servizo.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Aplicación de técnicas de comunicación na atención a clientes de diversos tipos.

-Coñecemento de técnicas de recepción e almacenaxe.

-Cálculo de orzamentos aplicando as tarifas establecidas.

-Formalización de documentación propia do servizo de arranxos de xeito convencional e informático.

-Tratamento de reclamacións.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Aplicación de técnicas de comunicación e habilidades sociais que facilitan a empatía coa clientela.

-Identificación de artigos, clasificación e almacenaxe.

-Realización de orzamentos e formalización de toda a documentación necesaria.

-Tratamento de reclamacións con comportamento positivo e resolutivo.

-Resolucións de situacións estándares mediante exercicios de simulación.

2. Módulo específico: materiais, ferramentas, máquinas e equipamentos de confección.

-Código: ME0056.

-Duración: 117 horas.

2.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Asocia as técnicas e os procesos de confección máis acaídos en función da aplicación de materiais téxtiles, da súa composición, do seu comportamento e da súa manipulación.

-CA1.1. Identificouse a composición de materiais téxtiles mediante o seu recoñecemento por procedementos sinxelos: ao tacto, visualmente, pola súa etiquetaxe, etc.

-CA1.2. Recoñeceuse a composición de tecidos por medio da lectura das etiquetas que os identifican, así como atendendo ao seu comportamento, ao seu uso e á súa manipulación.

-CA1.3. Indicáronse os materiais de confección (tecidos, forros e fornituras) que forman determinadas pezas de roupa, e clasificáronse segundo a súa composición, o seu comportamento e o seu uso.

-CA1.4. Describiuse a técnica máis adecuada de elaboración dun artigo tendo en conta as características dos materiais que o compoñen, e o resultado desexado.

-CA1.5. Describiuse o proceso de confección e acabamento dunha peza de roupa tendo en conta as ca-racterísticas do material.

-CA1.6. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de identificación de materiais de confección:

-Recoñecéronse os materiais ao tacto e visualmente.

-Describíronse as características dos materiais indicados.

-Asociáronse os materiais complementarios máis adecuados aos tecidos obxecto do suposto.

-Indicáronse as técnicas de confección que se deben evitar en función dos materiais.

-CA1.7. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de observación dunha peza de roupa de vestir realizada con materiais téxtiles:

-Observouse a peza de roupa e recoñeceuse a súa estrutura.

-Identificáronse as técnicas de confección utilizadas.

-Explicáronse os materiais compoñentes da peza de roupa.

-Especificáronse os tipos de puntadas e de costuras empregadas.

-Clasificáronse as máquinas e as ferramentas con que se levou a cabo o proceso de confección.

-RA2. Clasifica peles e coiros de aplicación en confección, en función das pezas de roupa confeccionadas, así como as técnicas máis adecuadas para a súa manipulación.

-CA2.1. Describíronse tipos de peles e as súas aplicacións na confección de pezas de roupa e de artigos de pel.

-CA2.2. Indicáronse as diferenzas entre as peles, o seu comportamento e o seu uso máis habitual.

-CA2.3. Explicáronse as técnicas máis axeitadas para a confección dun artigo, tendo en conta as características da pel e o resultado desexado.

-CA2.4. Describiuse o proceso de confección e acabamento dunha peza de roupa, tendo en conta as características da pel e as súas diferenzas.

-CA2.5. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de recoñecemento de peles e coiros de aplicación na confección de pezas de roupa:

-Identificouse o tipo de pel segundo a súa orixe, de xeito visual e táctil.

-Indicáronse os defectos e as anomalías máis frecuentes das peles que incidan nas súas características e nas súas aplicacións en confección.

-Indicouse o comportamento e o uso das peles nos procesos de confección en que interveñen.

-Expresáronse as características e os parámetros das peles, coa terminoloxía, as medidas e as unidades propias.

-Interpretáronse e formalizáronse fichas técnicas que expresen datos característicos de mostras de peles.

-CA2.6. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de observación de pezas de roupa de vestir en pel:

-Observouse a peza de roupa e recoñeceuse a súa estrutura.

-Identificáronse as técnicas de confección utilizadas en función das súas características.

-Indicouse o tipo da pel empregada.

-Explicáronse os materiais que compoñen a peza de roupa.

-Especificáronse as técnicas de ensamblaxe utilizadas.

-Clasificáronse as máquinas e as ferramentas con que se levou a cabo o proceso de confección.

-RA3. Dispón tipos de máquinas, accesorios, ferramentas e útiles que interveñen no proceso de confección mediante cosedura ou ensamblaxe, á máquina ou á man, en condicións de seguridade.

-CA3.1. Clasificáronse os tipos de máquinas de coser e describíronse as súas prestacións.

-CA3.2. Identificáronse os accesorios das máquinas de coser (prensador da tea, guías, agullas, etc.) e describíronse as súas aplicacións.

-CA3.3. Relacionáronse os tipos de máquina de coser cos gráficos e os esquemas de puntadas normalizadas.

-CA3.4. Explicáronse os parámetros e os elementos operativos das máquinas, así como o seu axuste, segundo os materiais e os procesos.

-CA3.5. Interpretouse a información técnica e os manuais das máquinas referentes ao funcionamento e á posta a punto.

-CA3.6. Recoñecéronse os ciclos e os puntos de mantemento das máquinas que interveñen en cada proceso.

-CA3.7. Clasificáronse e asociáronse ferramentas, útiles e accesorios que se empregan nas operacións de ensamblaxe á man por cosedura ou por pegado, segundo o proceso e o obxectivo que se deba cumprir.

-CA3.8. Describíronse as normas de seguridade e saúde que haxa que ter en conta na manipulación das máquinas e nas operacións de mantemento.

-CA3.9. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de disposición de máquinas e ferramentas para un proceso de confección:

-Recoñeceuse a secuencia de operacións consonte a información técnica achegada.

-Identificáronse as máquinas que interveñen e os elementos operativos.

-Identificáronse os tipos de puntada e de agullas.

-Comprobouse o tipo de puntada e o número de fíos necesarios.

-Identificáronse os elementos operativos que forman a puntada segundo o tipo de máquina.

-Interpretouse o gráfico de enfiaxe da máquina.

-Recoñeceuse a colocación dos accesorios para as costuras que o requiran.

-Identificáronse as ferramentas e os útiles requiridos nas operacións de ensamblaxe á man por cosedura ou por pegado.

-Recoñecéronse os perigos potenciais e os medios de protección persoal.

-Realizáronse operacións de montaxe e desmontaxe, lubricación e limpeza, regulación e axuste empregando os procedementos e as técnicas habituais de xeito seguro e sen riscos.

-Identificáronse as operacións de mantemento de primeiro nivel.

-RA4. Dispón con seguridade os equipamentos complementarios de corte manual de materiais, así como os seus accesorios e as súas ferramentas.

-CA4.1. Identificáronse os equipamentos de corte manual, os seus accesorios e as súas prestacións.

-CA4.2. Explicouse o comportamento dos materiais no procedemento de corte manual.

-CA4.3. Dispuxéronse os equipamentos de corte manual e os seus accesorios en función do tipo de material que cumpra cortar e da súa aplicación.

-CA4.4. Describiuse a secuencia de operacións de corte manual (estendido, marcaxe, corte, etc.) e os parámetros que haxa que controlar en función dos materiais.

-CA4.5. Describíronse as normas de seguridade e saúde que se deben ter en conta na manipulación dos equipamentos de corte (máquina, ferramentas, útiles, etc.), así como as operacións de mantemento.

-CA4.6. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de recoñecemento e disposi-ción de equipamento de corte específico para un proceso de confección:

-Recoñeceuse a secuencia de operacións consonte a información técnica achegada.

-Identificouse a máquina de corte manual, así como as ferramentas, os útiles e os accesorios necesarios.

-Identificáronse as características dos elementos cortantes e comprobouse o seu estado de uso.

-Recoñeceuse a colocación dos materiais ou o estendido para as operacións de corte.

-Identificáronse as operacións de marcaxe das pezas sobre o material que se vaia cortar.

-Identificáronse os perigos potenciais e os medios de protección.

-Identificáronse as operacións de mantemento de primeiro nivel.

-RA5. Dispón con seguridade máquinas e outros equipamentos complementarios de acabamento de artigos confeccionados, así como os seus accesorios e as súas ferramentas.

-CA5.1. Identificáronse os equipamentos de pasada do ferro, os soportes e os accesorios, así como as súas prestacións.

-CA5.2. Relacionáronse os equipamentos de pasada do ferro e os seus accesorios coa súa aplicación en función do tipo de compoñente na peza de roupa.

-CA5.3. Explicáronse as técnicas de pasada do ferro intermedia e final, así como os parámetros de temperatura, humidade, tempo e presión que se deben controlar segundo as características das fibras que compoñan o produto téxtil.

-CA5.4. Describíronse as diferenzas entre a pasada do ferro intermedia e a final en relación á colocación do compoñente ou do artigo a que cumpra pasarlle o ferro.

-CA5.5. Asociouse o uso e o axuste de accesorios (placa de teflón para ferros de pasar, formas, coxíns, etc.) cos parámetros de pasada do ferro a un artigo, en función dos materiais e da colocación do artigo.

-CA5.6. Identificáronse as máquinas con mecanismos de percusión ou remachadoras, e diversos accesorios (para forrar botóns, para colocar remaches, broches ou botóns a presión, etc.), en función da súa aplicación e do seu uso en artigos de confección.

-CA5.7. Describiuse o funcionamento e o mantemento do equipamento de acabamentos tendo en conta a aplicación das normas de seguridade e saúde.

-CA5.8. A partir dun suposto práctico, debidamente caracterizado, de recoñecemento do equi-pamento de pasada do ferro necesario para un proceso de confección:

-Recoñeceuse a secuencia de operacións consonte a información técnica achegada.

-Identificáronse os equipamentos de pasada do ferro e os accesorios necesarios, e comprobouse o seu estado de uso.

-Identificáronse os parámetros de pasada do ferro que se deban controlar.

-Recoñeceuse a colocación para as operacións de pasada do ferro intermedia e final.

-Identificáronse as operacións necesarias de pasada do ferro.

-Identificáronse os perigos potenciais e os medios de protección.

-Identificáronse as operacións de mantemento de primeiro nivel.

2.2. Contidos básicos.

Aplicación de tecidos de calada, punto e teas non tecidas en confección:

-Tecidos: calada, punto e teas non tecidas.

-Densidade, acabamento e caída. Características e propiedades.

-Tecidos especiais.

-Procedementos elementais de identificación.

Aplicación de pel e coiro en confección:

-Estrutura e partes da pel.

-Tipos de peles: características e aplicacións.

-Principais defectos das peles.

-Procedementos elementais de identificación.

Aplicación de fíos e outros materiais de ensamblaxe en confección:

-Clasificación, características e propiedades dos fíos.

-Factores que inflúen na selección do fío.

-Pegamentos e colas, siliconas e disolventes: características, conservación e seguridade no uso.

-Complementos de mercería: cremalleiras, botóns, cintas, pasamanaría, etc.

-Complementos de recheo ou reforzo: ombreiras, entreforros, baleas, etc.

-Fornituras e complementos secundarios e auxiliares.

-Factores que inflúen na selección dos complementos.

Disposición de máquinas, útiles e accesorios para o corte de materiais en confección:

-Corte convencional: características e aplicacións. Parámetros do corte.

-Mesas, instrumentos e accesorios convencionais de corte.

-Ferramentas e accesorios para o corte: tipos e aplicacións.

Disposición de máquinas, ferramentas, útiles e accesorios para ensamblaxe en confección:

-Máquinas de coser: recta, zigzag, triplo arrastre, de recubrir, owerlock, etc.

-Órganos, elementos e accesorios das máquinas de coser.

-Funcionamento, regulación, axuste e mantemento.

-Ferramentas e accesorios para o pegado: tipos e aplicacións.

Disposición de máquinas, útiles e accesorios para acabamentos en confección:

-Prensas e accesorios para forrar botóns e para colocar remaches, broches ou botóns a presión.

-Cepillos de diferentes materiais. Vaporizador.

-Pistola de tintura. Produtos de lustre e anilinas.

-Equipamentos de pasada do ferro: mesa convencional e de repaso con accesorio para mangas.

-Ferros de pasar manuais: tipos, aplicacións, regulación, axuste e mantemento.

-Accesorios de pasada do ferro (placa de teflón para ferros de pasar, formas, coxíns, etc.): regulación, axuste e mantemento.

2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de recoñecer os materiais téxtiles e as peles, así como toda a maquinaria, as ferramentas e os equipamentos que poden intervir nos procesos de arranxo e adaptación de artigos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación de materiais téxtiles e peles, así como as técnicas máis adecuadas para a súa ma-nipulación.

-Identificación de equipamentos, ferramentas e medios auxiliares para a realización de arranxos e adaptacións de artigos.

-Mantemento de usuario ou de primeiro nivel.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de materiais téxtiles e peles, e as súas técnicas de manipulación.

-Aplicación das técnicas de arranxos e adaptacións empregando a maquinaria e os equipamentos correctos.

-Mantemento de primeiro nivel da maquinaria e das ferramentas.

3. Módulo específico: arranxos, adaptacións e personalizacións en roupa de vestir e roupa de fogar.

-Código: ME0057.

-Duración: 210 horas.

3.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Aplica criterios de clasificación de pezas de roupa de vestir en téxtil e pel, complementos de moda e roupa de fogar en todos os seus aspectos: estruturais, estéticos, de calidade e funcionais.

-CA1.1. Enumeráronse pezas de roupa de vestir e complementos de moda en téxtil e pel, e roupa de fogar, e clasificáronse en función do seu uso e do segmento de poboación de destino.

-CA1.2. Describíronse os compoñentes internos e externos dos artigos.

-CA1.3 Detallouse o proceso de montaxe ou de confección que se aplica na fabricación de pezas de roupa de vestir en téxtil e pel, tales como o tipo de costura, o tipo e a lonxitude da puntada, os reforzos, etc.

-CA1.4. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de recoñecemento e clasificación dun artigo:

-Especificouse o seu uso e o segmento de poboación de destino.

-Describíronse os aspectos estruturais, estéticos, de calidade e funcionais.

-Detalláronse os compoñentes internos e externos.

-Recoñeceuse o proceso de confección aplicado en cada caso.

-RA2. Recoñece os elementos que interveñen na realización de arranxos de pezas de roupa e artigos, así como as características das operacións implicadas.

-CA2.1. Explicouse a información que debe conter o documento acompañante da peza de roupa ou do artigo, onde se suxire o seu arranxo.

-CA2.2. Identificáronse no plan de traballo os elementos que interveñen no arranxo, así como as características da intervención que se vaia realizar.

-CA2.3. Interpretáronse plans de traballo e recoñeceuse a intervención que cumpra realizar no arranxo da peza de roupa ou do artigo.

-CA2.4. Describíronse, en función das súas prestacións, as máquinas, as ferramentas, os útiles e os accesorios que se necesitan ou de que se dispón para a realización de arranxos en pezas de roupa ou artigos.

-CA2.5. Indicáronse os materiais que interveñen nun plan de traballo e especificáronse, de ser o caso, as pezas ou os complementos que conveña cambiar na realización do arranxo.

-CA2.6. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de consideración dun plan de traballo para a realización dun arranxo nun artigo de fogar:

-Identificouse o tipo de artigo e os materiais que o compoñen.

-Identificáronse as características da intervención e a súa colocación no artigo.

-Recoñecéronse as ferramentas, a maquinaria e os útiles necesarios.

-Recoñecéronse as operacións de necesaria realización.

-Identificáronse os materiais que cumpra substituír.

-RA3. Aplica técnicas de personalización de pezas de roupa de vestir en téxtil para as transformar nou-tras, tendo en conta o sentido estético e a súa vestibilidade.

-CA3.1. Recoñecéronse as técnicas máis utilizadas de personalización de pezas de roupa téxtiles e as súas variacións, segundo as tendencias da moda: bordado, pintura, aplicación de encaixes, colocación de adornos, alixeiramento de pezas de roupa, etc.

-CA3.2. Detalláronse as técnicas de personalización, a súa aplicación sobre diferentes materiais, o tipo de unión ou ensamblaxe (con costura ou pegado) e os equipamentos ou as máquinas que se utilizan en cada proceso.

-CA3.3. Realizouse o mostrario ou o catálogo de personalizacións para pezas de roupa téxtiles, a partir de datos e de mostras anteriores, con aplicación de técnicas con sentido estético e segundo as tendencias da moda.

-CA3.4. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de realización dunha personalización de peza de roupa téxtil:

-Ordenáronse as actividades de execución da personalización, conforme a información recibida.

-Recoñeceuse o tipo de personalización e a secuencia de operacións.

-Identificáronse os medios e os materiais que cumpra utilizar.

-Preparáronse as ferramentas, a maquinaria e os útiles necesarios.

-Realizáronse con habilidade e destreza as operacións necesarias para a personalización, con aplicación das técnicas apropiadas.

-Verificouse a calidade do traballo realizado.

-RA4. Aplica técnicas axeitadas para realizar arranxos (descosedura ou desmontaxe, substitución de pezas, corte e cosedura), utilizando ferramentas adecuadas en función da adaptación ou da transformación requirida.

-CA4.1. Describiuse un plan de traballo coas características do arranxo, a secuencia de opera-cións e os medios, os materiais e as ferramentas que cumpra utilizar.

-CA.4.2 Identificáronse os parámetros máis importantes de corte que se deben controlar para evitar fallos.

-CA4.3. Identificáronse técnicas de descosedura ou desmontaxe total ou parcial de pezas de roupa, e explicáronse as medidas que se aplican para evitar danos ou deterioracións nelas, así como as so-lucións para previr o rastro da ensamblaxe orixinal.

-CA4.4. Describíronse as operacións de preparación e cosedura á man ou á máquina das pezas descosidas e novas que se lle incorporen ao artigo que se vaia arranxar, e identificáronse as técnicas que haxa que aplicar, segundo o deseño orixinal do artigo.

-CA4.5. Realizáronse exercicios de diferentes costuras de unión de materiais, á man e á máquina, con habilidade, precisión e autonomía, con criterios estéticos e eficacia, para lograr as condicións requiridas de resistencia, elasticidade e fixación, segundo especificacións dadas.

-CA4.6. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de arranxo dunha peza de roupa:

-Identificouse o artigo que se vaia arranxar.

-Ordenáronse as actividades de execución, consonte a información recibida.

-Detectouse a zona onde cumpra actuar.

-Identificouse o tipo de transformación que se vaia realizar.

-Comprobouse que as marcas da proba sexan as correctas.

-De ser o caso, realizouse con habilidade o destreza a descosedura e a desmontaxe da zona para arranxar e identificáronse as pezas que haxa que substituír ou transformar.

-Seleccionáronse e preparáronse os medios e o material que cumpra utilizar en función do artigo que se vaia reparar.

-En caso de ter que substituír pezas, estendeuse o material seguindo o proceso máis acaído e realizouse a marcación para levar a cabo o corte.

-Elimináronse as marcas da ensamblaxe orixinal, con aplicación das técnicas apropiadas.

-Comprobouse a calidade das operacións realizadas.

-Identificáronse os riscos primarios que poidan xurdir nas operacións de corte, cosedura e acabamento, e cumpríronse as medidas preventivas de seguridade e saúde.

-Formalizouse a documentación correspondente.

-RA5. Participa na proba de pezas de roupa sobre a persoa coas precaucións específicas, e aplica técnicas de transformación, para proceder ao seu axuste e colaborar na resolución da adaptación prevista.

-CA5.1. Explicouse a colocación da peza de roupa sobre a persoa ou o manequín estático, e compro-bouse a súa postura e a súa perfecta colocación.

-CA.5.2. Explicáronse os tipos de marcas e de sinais que se aplican nas probas, para a súa correcta interpretación e utilización.

-CA5.3. Especificáronse as partes das pezas de roupa que, de ser o caso, cumpra desmontar antes de realizar a proba, de acordo co tipo de adaptación que se requira.

-CA5.4. Identificáronse as ferramentas e os útiles necesarios para realizar a proba e a adaptación da peza de roupa sobre a persoa.

-CA5.5. Explicáronse os pasos para adaptar a peza de roupa á persoa, segundo a transformación requi-rida e os tipos de marcas provisorias que se realicen para facilitar o procedemento.

-CA5.6. Especificáronse as precaucións que hai que ter en conta ao espirse a persoa despois de finalizar a proba, nomeadamente as relacionadas coa permanencia das marcas realizadas.

-CA5.7. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de participación no axuste e na adaptación sobre a persoa durante a proba dunha peza de roupa:

-Ordenáronse as actividades de execución da proba consonte a información recibida.

-Recoñeceuse o tipo de transformación que se propón e a secuencia de operacións.

-Seleccionáronse e preparáronse os medios e os materiais que cumpra utilizar.

-En caso necesario, desmontáronse con habilidade e destreza as partes da peza de roupa que así o re-quiran para favorecer o axuste da peza de roupa sobre a persoa.

-Colocouse a peza de roupa sobre a persoa.

-Participouse no axuste e na adaptación da peza de roupa segundo a transformación requirida.

-Marcouse sobre a peza de roupa o resultado do axuste.

-Ao espirse a persoa, púxose atención en que se manteñan os sinais realizados na proba.

-RA6. Aplica con sentido estético técnicas de transformación e de ensamblaxe para a adaptación ou a transformación da peza de roupa e conseguir o resultado solicitado baseándose nas marcas obtidas na proba.

-CA6.1. Detallouse como se trasladan as marcas realizadas na proba aos compoñentes simétricos (encarados ou non) do resto da peza de roupa que así o requiran, utilizando as ferramentas e os útiles axeitados.

-CA6.2. Identificáronse os materiais para a súa incorporación na adaptación de pezas de roupa orixinais mantendo a estética ou con variacións segundo as tendencias da moda.

-CA6.3. Seleccionáronse as pezas e os elementos novos que haxa que incorporar para lograr a adaptación requirida e, de ser o caso, cortáronse con habilidade e destreza, utilizando os patróns obtidos das pezas que cumpra substituír.

-CA6.4. Explicáronse as técnicas de ensamblaxe á man ou á máquina, que se aplican na unión dos compoñentes para lograr a transformación requirida.

-CA6.5. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de ensamblaxe parcial ou totalmente dunha peza de roupa para a súa transformación con sentido estético:

-Identificáronse os sinais e interpretouse o tipo de transformación que haxa que realizar.

-Ordenáronse as actividades de execución da ensamblaxe, conforme a información recibida.

-Seleccionáronse os medios e os materiais que cumpra utilizar.

-Recoñeceuse o tipo de ensamblaxe que haxa que aplicar segundo a transformación que se vaia realizar.

-Comprobouse a presenza das marcas da proba.

-Reparáronse as ferramentas, a maquinaria e os útiles necesarios.

-Realizáronse as operacións necesarias de ensamblaxe á man e a máquina, con aplicación das técnicas apropiadas.

-Participouse nunha segunda proba, en caso de ser necesario, e comprobouse a súa correspondencia coa proposta.

-Elimináronse as marcas da ensamblaxe orixinal, con aplicación das técnicas axeitadas.

-Comprobouse a calidade da ensamblaxe e a ausencia de danos e deterioracións.

-RA7. Aplica técnicas específicas de acabamento de pezas de roupa, tras comprobar a correcta realiza-ción da adaptación requirida.

-CA7.1. Recoñecéronse as técnicas de acabamento que se aplican na peza de roupa adaptada en fun-ción do tipo do material, dos accesorios e doutros elementos que a compoñen: cepillado, puimento, pasada do ferro, etc.

-CA7.2. Comprobáronse as operacións de acabamento que cumpra aplicar para que a peza de roupa manteña as súas características orixinais.

-CA7.3. Aplicáronse as técnicas de acabamento máis acaídas en cada caso, con habilidade e destreza, con seguridade e respecto pola saúde, e atendendo ás características requiridas.

-CA7.4. Explicouse a colocación das pezas de roupa sobre a mesa para o proceso de pasada do ferro, así como os parámetros que haxa que controlar e as medidas de seguridade e saúde.

-CA7.5. Detalláronse as operacións de repaso da peza de roupa que cumpra realizar para comprobar que a adaptación e o acabamento se executen correctamente.

-CA7.6. Especificáronse os xeitos de presentación das pezas de roupa transformadas, para a súa identificación e a súa protección.

-CA7.7. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de acabamento mediante pasada do ferro nunha peza de roupa transformada:

-Ordenáronse as actividades de execución do acabamento, conforme a información recibida.

-Recoñeceuse o proceso e a secuencia de operacións.

-Identificáronse os medios e os materiais que cumpra utilizar.

-Preparáronse as ferramentas, a maquinaria e os útiles necesarios.

-Controláronse os parámetros de pasada do ferro: temperatura, presión, etc.

-Colocouse a peza de roupa na mesa.

-Comprobouse a ausencia de tensións, relevos en superficie, brillos, dobreces e deformacións.

-Pasóuselle o ferro á peza de roupa con habilidade e destreza.

-Aplicáronse as técnicas apropiadas en caso de presenza de marcas da ensamblaxe orixinal.

-Comprobouse a calidade do acabamento.

-CA7.8. A partir dun caso práctico, debidamente caracterizado, de repaso e preparación de pezas de roupa para lle entregar á clientela:

-Comprobouse o axuste da adaptación das pezas de roupa aos requisitos solicitados.

-De ser o caso, repasáronse e corrixíronse as anomalías detectadas.

-Preparáronse as pezas de roupa para llas entregar á clientela, na forma apropiada segundo a súa tipoloxía.

3.2. Contidos básicos.

Clasificación e análise de roupa de vestir, complementos de moda en téxtil e pel, e roupa de fogar:

-Clasificación segundo o segmento de poboación.

-Compoñentes das pezas de roupa e dos complementos.

-Estrutura das pezas de roupa e dos complementos.

-Fornituras e complementos secundarios e auxiliares.

-Identificación do confort e da calidade das pezas de roupa con base na súa aplicación ou no seu uso.

-Proceso de confección: tipo de costura e puntadas.

-Confort de uso e calidade das pezas de roupa e dos artigos de fogar.

Aplicación de técnicas de personalización en pezas de roupa ou complementos téxtiles:

-Tendencias de personalización de pezas de roupa e artigos téxtiles.

-Aplicación de bordados.

-Aplicación de pintura.

-Aplicación de materiais.

-Colocación de encaixes, adornos e outras fornituras.

-Comportamento das aplicacións en diversos materiais.

-Mostrario de aplicacións para personalizar pezas de roupa ou artigos téxtiles.

Aplicación de técnicas de personalización en pezas de roupa de pel:

-Tendencias de personalización de pezas de roupa e artigos de pel.

-Alixeiramento de pezas de roupa.

-Aplicación de materiais.

-Emprego de encaixes, adornos e outras fornituras.

-Comportamento das aplicacións en diversos materiais.

-Pistola de tintura. Produtos de lustre e anilinas.

-Mostrario de aplicacións para personalizar pezas de roupa de pel.

Proba persoal de pezas de roupa para a súa adaptación personalizada:

-Puntos anatómicos de referencia.

-Medidas e proporcións.

-Disposición da peza de roupa segundo o corpo da persoa ou o manequín estático.

-Adecuación da peza de roupa.

-Solucións técnicas.

-Instrumentos e útiles.

Aplicación do proceso de confección na adaptación de pezas de roupa e complementos de vestir en téxtil e pel:

-Técnicas de descosedura.

-Preparación de pezas de roupa e materiais.

-Operacións de corte de materiais.

-Operacións de ensamblaxe: cosedura, pegado, etc.

-Operacións de acabamento intermedio e final das pezas de roupa.

Procedementos, máquinas, ferramentas e accesorios de confección utilizados na adaptación de pezas de roupa e de complementos do vestir en téxtil e pel:

-Mesas e equipamentos de corte. Instrumentos convencionais de corte.

-Máquinas de coser: recta, zigzag, triplo arrastre, de recubrir (owerlock), etc.

-Prensas e accesorios para forrar botóns e para colocar remaches, broches ou botóns a presión.

-Equipamentos de pasada do ferro: mesa convencional e de repaso con accesorio para mangas.

-Ferros de pasar manuais.

-Accesorios de pasada do ferro: placa de teflón para ferros de pasar, formas, coxíns, etc.

Aplicación de mantemento de primeiro nivel de máquinas, ferramentas e accesorios empregados nas adaptacións de confección:

-Dispositivos de máquinas para a seguridade activa.

-Manuais de actuación ou técnicos.

-Mantemento preventivo e correctivo básico.

-Regulación, axuste e mantemento das máquinas de corte, ensamblaxe e acabamentos.

-Equipamentos de preparación, axuste e mantemento operativo de máquinas.

Utilización de normas de seguridade e saúde nos procedementos de adaptacións de confección:

-Normas de seguridade e saúde.

-Prevención de riscos no manexo das máquinas de corte, ensamblaxe e acabamento.

-Equipamentos de protección individual.

3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo profesional contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar arranxos e adaptación en roupa de fogar e roupa de vestir coas personalizacións requiridas pola clientela.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Aplicación de técnicas de arranxo e personalización de pezas de roupa con sentido estético.

-Participación na proba de pezas de roupa sobre a persoa ou o manequín.

-Aplicación de técnicas específicas de acabamento de pezas de roupa.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Realización de probas de pezas de roupa sobre persoas e manequíns coas precaucións específicas.

-Realización de arranxos, adaptacións e personalizacións de pezas de roupa e roupa de fogar.

-Aplicación de técnicas de acabamento de pezas de roupa e comprobación da correcta realización da adaptación requirida.

4. Módulo específico: formación en centros de traballo.

-Código: ME0058.

-Duración: 160 horas.

4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Efectúa arranxos e adaptacións en pezas de roupa e artigos téxtiles, para o que prepara os equipamentos axeitados e opera con eles, e realiza os controis de calidade establecidos.

-CA1.1. Comprendéronse as instrucións para a execución dos arranxos e das adaptacións, e rea-lizáronse na orde establecida.

-CA1.2. Realizáronse as operacións necesarias para a correcta limpeza e preparación dos equi-pamentos e dos útiles.

-CA1.3. Manexáronse con habilidade os equipamentos para executar con criterios estéticos as operacións incluídas no proceso de arranxo e adaptación (desmontaxe, corte, ensamblaxe e cosedura de pezas).

-CA1.4. Conseguiuse un rendemento adecuado en calidade e en tempo.

-CA1.5. Realizáronse probas de control de calidade do proceso en curso.

-CA1.6. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e amosouse iniciativa.

-RA2. Atende os requisitos da clientela, obtén a información necesaria e resolve as dúbidas que poidan xurdir.

-CA2.1. Mantívose unha actitude de cordialidade e amabilidade no trato.

-CA2.2. Tratouse a clientela con cortesía, respecto e discreción.

-CA2.3. Demostrouse interese e preocupación por atender satisfactoriamente as necesidades da clientela.

-CA2.4. Transmitiuse información clara, ordenada, estruturada e precisa.

-CA2.5. Obtívose a información necesaria da clientela, e favoreceuse a comunicación co emprego de técnicas e actitudes axeitadas.

-CA2.6. Déronse respostas ante preguntas de doada solución, empregando o léxico comercial axeitado.

-CA2.7. Demostrouse responsabilidade ante os erros e os fracasos.

-CA2.8. Ofrecéronselle á clientela alternativas ante as reclamacións de doada resolución, e ex-puxéronse claramente os tempos e as condicións das operacións, así como o nivel de probabilidade de modificación.

-RA3. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais.

-CA3.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención de riscos e seguridade, así como a establecida pola propia empresa.

-CA3.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco que se presentan no ámbito de actuación no centro de traballo.

-CA3.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e os ambientais.

-CA3.4. Empregáronse os equipamentos de protección individual establecidos para as operacións.

-CA3.5. Utilizáronse os dispositivos de protección das máquinas, os equipamentos e as instalacións nas actividades realizadas.

-CA3.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

-CA3.7. Mantívose a zona de traballo ordenada, limpa e libre de obstáculos.

-CA3.8. Traballouse con criterios de redución no consumo de enerxía e na xeración de residuos.

-RA4. Actúa responsablemente e intégrase no sistema de relacións técnicosociais da empresa.

-CA4.1. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

-CA4.2. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

-CA4.3. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e comunicouse eficazmente coa persoa adecuada en cada momento.

-CA4.4. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, amosouse un bo facer profesional e finalizouse o traballo nun tempo límite razoable.

-CA4.5. Amosouse unha actitude de respecto cara aos procedementos e ás normas establecidas.

-CA4.6. Organizouse o traballo consonte as instrucións e os procedementos establecidos, cumprindo as tarefas en orde de prioridade, baixo criterios de seguridade e calidade.

-CA4.7. Coordinouse a actividade desempeñada co resto do persoal e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

-CA4.8. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, realizou os descansos instituídos e non abandonou o centro antes do establecido sen motivos xustificados.

-CA4.9. Realizouse o traballo consonte as indicacións realizadas pola superioridade, e formuláronse modificacións ou suxestións no lugar e no modo axeitados.

Ver referencia pdf "16300D001P004.PDF"