DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 18 de agosto de 2008 Páx. 15.654

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de arranxos florais en Galicia.

O Real decreto 108/2002, do 1 de febreiro de 2008, estableceu, entre outras, a cualificación pro-fesional de nivel 1 de actividades auxiliares en floraría, pertencente á familia profesional de agraria, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece no seu artigo 8 que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan se desenvolverán por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de arranxos florais en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de arranxos florais queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: arranxos florais.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: agraria.

Terceiro.-Competencia xeral.

Realizar as operacións auxiliares de mantemento das instalacións, os equipamentos e as ferramentas, así como a recepción e o acondicionamento de flores, plantas, materiais e outras materias primas, e levar a cabo os traballos auxiliares para a elaboración de composicións con flores e plantas, así como atender e prestar servizos ao público, cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, de calidade e de protección ambiental.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

a) Realizar os traballos de mantemento das instalacións para que estean en condicións óptimas, respectando a normativa ambiental.

b) Realizar os traballos básicos de mantemento da maquinaria e das ferramentas usadas en floraría, e detectar as anomalías dos equipamentos.

c) Realizar os traballos básicos de limpeza das instalacións respectando a normativa ambiental.

d) Realizar os traballos básicos para a recepción de pedidos e para a clasificación dos produtos, tendo en conta criterios de calidade.

e) Facer envoltorios e realizar os traballos básicos de preparación dos produtos destinados á venda.

f) Elixir as materias primas e os soportes oportunos, e realizar os traballos básicos de elaboración de composicións florais.

g) Realizar labores de mantemento de arranxos florais e de plantas segundo instrucións dadas.

h) Describir os servizos básicos de atención ao público, incluíndo a entrega de produtos de floraría a domicilio.

i) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da actividade.

j) Participar contribuíndo ao bo desenvolvemento das relacións persoais e profesionais, para fomentar o traballo en equipo.

k) Cumprir o plan establecido de prevención de riscos laborais.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo nacional das cualificacións profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Actividades auxiliares en floraría, AGA342_1 (Real decreto 108/2008), que abrangue as seguin-tes unidades de competencia:

-UC1112_1. Realizar operacións auxiliares de mantemento de instalacións, maquinaria, equipa-mentos e ferramentas de floraría.

-UC1113_1. Recibir e acondicionar materias primas e materiais de floraría.

-UC1114_1. Realizar traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas.

-UC1115_1. Atender e prestar servizos ao público en floraría.

Sexto.-Contorno profesional.

1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional en empresas de servizos relacio-nadas co sector da floraría.

2. Sectores produtivos. Localízase no sector do comercio de sementes, flores e plantas por xunto e polo miúdo, nomeadamente nas seguintes actividades produtivas:

-Establecementos de floraría.

-Talleres dedicados á elaboración de composicións florais.

-Centros de xardinaría.

-Grandes superficies con departamentos de floraría.

-Almacéns de flores.

-Empresas de decoración.

-Empresas de organización de actos.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

-Auxiliar de floraría.

-Auxiliar de almacén de flores.

-Auxiliar de venda en floraría.

-Mozo/a de floraría.

-Repartidor/a de floraría.

Sétimo.-Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan a seguir:

-ME0050. Operacións auxiliares de mantemento de instalacións, maquinaria, equipamentos e ferramentas de floraría.

-ME0051. Recepción e acondicionamento de materias primas e materiais de floraría.

-ME0052. Traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas.

-ME0053. Servizos básicos de floraría e atención ao público.

-ME0054. Formación en centros de traballo.

Oitavo.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.

Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2008.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Módulos específicos

1. Módulo específico: operacións auxiliares de mantemento de instalacións, maquinaria, equipamentos e ferramentas de floraría.

-Código: ME0050.

-Duración: 70 horas.

1.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Describe como se realiza a limpeza e o mantemento básico das instalacións dunha floraría, seguindo instrucións dadas, e lévaos a cabo nun caso práctico cos medios e cos produtos máis re-comendables.

-CA1.1. Identificáronse e diferenciáronse as dependencias e os espazos que conforman as insta-lacións dunha floraría.

-CA1.2. Definíronse as operacións necesarias para a limpeza das instalacións dunha floraría.

-CA1.3. Definíronse as operacións necesarias para o mantemento básico das instalacións dunha floraría.

-CA1.4. Identificáronse os utensilios e os produtos que se empregan na limpeza e no mantemento das instalacións.

-CA1.5. Describiuse a secuencia e a periodicidade das operacións de limpeza e mantemento básico das instalacións dunha floraría.

-CA1.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coa limpeza e o mantemento das instalacións dunha floraría.

-CA1.7. Nun caso ou nun suposto práctico de limpeza e mantemento da zona de traballo (taller) dunha de floraría:

-Identificáronse as partes da zona de traballo.

-Colocáronse os elementos de traballo nas súas zonas correspondentes.

-Retiráronse os residuos xerados durante o traballo.

-Elixíronse os utensilios e os produtos de limpeza necesarios para realizar a operación.

-Realizouse a limpeza da instalación consonte a secuencia de operación máis idónea.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

-RA2. Define as operacións de mantemento primario dos equipamentos, a maquinaria e as ferramentas que se utilizan nunha instalación de floraría, seguindo instrucións dadas.

-CA2.1. Citáronse as ferramentas, a maquinaria e os equipamentos.

-CA2.2. Identificáronse, sobre debuxos ou sobre calquera outro tipo de representación gráfica, as partes e os accesorios das ferramentas, da maquinaria e dos equipamentos.

-CA2.3. Describiuse o funcionamento e a utilidade das ferramentas, da maquinaria e dos equipamentos.

-CA2.4. Recoñecéronse os consumibles utilizados polos equipamentos, pola maquinaria e polas ferramentas dunha instalación de floraría.

-CA2.5. Enumeráronse as operacións de mantemento primario (engraxamento, afiado, axustes, revisión de compoñentes, etc.) para os equipamentos, a maquinaria e as ferramentas de uso en floraría.

-CA2.6. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións de mantemento primario dos equipamentos, da maquinaria e das ferramentas que se utilizan nunha floraría.

-RA3. Nun suposto práctico, mantén os equipamentos, a maquinaria e as ferramentas que se utili-zan nunha instalación de floraría, seguindo instrucións dadas, e ordénaos conforme criterios de traballo.

-CA3.1. Afiáronse, axustáronse e cambiáronse pezas defectuosas das ferramentas de floraría.

-CA3.2. Clasificáronse e ordenáronse as ferramentas, consonte criterios definidos.

-CA3.3. Revisáronse e engraxáronse os equipamentos e a maquinaria seguindo indicacións do manual de mantemento.

-CA3.4. Repuxéronse os consumibles atendendo ás instrucións contidas nos manuais de mantemento.

-CA3.5. Substituíronse os compoñentes defectuosos ou desgastados polo uso nos equipamentos e na maquinaria.

-CA3.6. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais, nas operacións de mantemento primario.

-RA4. Distingue métodos de limpeza do equipamento, da maquinaria e das ferramentas, e aplica os produtos de limpeza atendendo á súa natureza.

-CA4.1. Describíronse as necesidades de limpeza dos equipamentos, da maquinaria e das ferramentas atendendo ao seu grao de utilización.

-CA4.2. Enumeráronse os métodos e as fases da limpeza que se aplican.

-CA4.3. Identificáronse os produtos de limpeza, as súas características e as súas aplicacións.

-CA4.4. Recoñecéronse os utensilios e os materiais empregados para a limpeza.

-CA4.5. Distinguíronse os tipos de residuos xerados durante a limpeza.

-CA4.6. Identificáronse e aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coa limpeza.

-CA4.7. Utilizouse o método de limpeza idóneo e aplicáronse produtos de limpeza que non deterioren os equipamentos, a maquinaria nin as ferramentas da floraría, e cumpríronse as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental.

1.2. Contidos básicos.

Dependencias dunha floraría: limpeza e mantemento:

-Zonas de exposición e venda: escaparates, mostradores e mesas de atención ao público.

-Zona de traballo (taller): zona de augas e mesas de traballo.

-Zona de almacén: andeis e cámara frigorífica. Clases e características das cámaras frigoríficas.

-Outras dependencias.

-Limpeza e mantemento de instalacións: técnicas aplicadas.

-Utensilios de limpeza e mantemento de instalacións.

-Produtos de limpeza: características e usos.

Equipamentos, maquinaria e ferramentas de uso nunha floraría: operacións de limpeza e mantemento primario

-Equipamentos de manipulación de flores e plantas: máquina de titoraxe, máquina para limpar talos, cisalla (máquina para cortar talos), etc.

-Vehículos manuais ou mecánicos para o transporte de flores e plantas: tipos e usos.

-Ferramentas: clasificación, nomenclatura e ordenamento.

-Mantemento primario de ferramentas.

-Técnicas de manexo de ferramentas e utensilios de floraría.

-Residuos de limpeza: clasificación.

-Outros equipamentos: impresoras e rotuladores para cintas.

Sistemas e métodos de limpeza e mantemento das instalacións de floraría:

-Sistemas e métodos de limpeza e mantemento de instalacións, equipamentos, maquinaria e ferramentas.

-Limpeza de recipientes (floreiros, vasos, gabetas, cubos, etc.).

-Residuos xerados na floraría: clasificación e retirada.

Normativa básica relacionada coas operacións de mantemento de instalacións, equipamentos, maquinaria e ferramentas en floraría

-Normas sobre saúde laboral e riscos laborais.

-Normativa sobre protección ambiental.

-Convenio interprovincial para o comercio de flores e plantas.

1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realización de operacións auxiliares de mantemento de instalacións, maquinaria, equipamentos e ferramentas de floraría.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación de espazos, instalacións, utensilios e produtos de limpeza dunha floraría.

-Mantemento de equipamentos, maquinaria e ferramentas.

-Aplicación de produtos de limpeza.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Identificación de espazos, instalacións, utensilios e produtos de limpeza para a realización do mantemento das instalacións.

-Aplicación dos métodos de limpeza de equipamentos, maquinaria e ferramentas.

-Mantemento de equipamentos, maquinaria e ferramentas.

2. Módulo específico: recepción e acondicionamento de materias primas e materiais de floraría.

-Código: ME0051.

-Duración: 70 horas.

2.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Identifica as materias primas e os materiais de uso en floraría, e diferencia as súas características e os seus usos.

-CA1.1. Identificáronse e denomináronse convenientemente as materias primas que se utilizan en floraría.

-CA1.2. Enumeráronse os materiais segundo a súa natureza ou a súa tipoloxía, referíndose a eles polos nomes máis coñecidos, e describiuse o uso que se lles dá na floraría.

-CA1.3. Identificáronse os danos nas materias primas e nos materiais, e identificáronse as pragas e as enfermidades.

-CA1.4. Citáronse as especies de flores comercializadas habitualmente nunha floraría e describíronse os seus coidados básicos e as súas características específicas.

-CA1.5. Citáronse as especies de plantas comercializadas habitualmente nunha floraría e descri-bíronse os seus coidados básicos, as súas características e as súas necesidades lumínicas e hídricas.

-CA1.6. Definíronse as necesidades físicas e ambientais de almacenaxe dos produtos, das mate-rias primas e dos materiais, para a súa óptima conservación e duración.

-CA1.7. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións de carga e descarga de insumos dunha floraría.

-RA2. Describe o proceso de recepción de pedidos e clasifica as materias primas, os materiais e os produtos, aplicando técnicas e criterios precisos.

-CA2.1. Precisáronse as características mínimas de calidade aceptables na recepción das flores, segundo a normativa.

-CA2.2. Describíronse as operacións de carga e descarga en orixe ou en destino atendendo ás características e á tipoloxía das materias primas, dos materiais e dos produtos elaborados.

-CA2.3. Distinguíronse os tipos de embalaxe e determináronse as técnicas óptimas de desemba-laxe para cada materia prima e material.

-CA2.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións de carga e descarga de insumos dunha floraría.

-CA2.5. Nun caso ou nun suposto práctico de operacións de carga e descarga, recepción de pedidos e clasificación de materias primas, materiais e produtos:

-Operouse destramente na carga e na descarga de materias primas, materiais e produtos elaborados, cunha especial atención ás súas características e á súa tipoloxía.

-Acondicionouse a carga tendo en conta a súa tipoloxía.

-Realizáronse desempaquetaxes consonte as técnicas específicas para cada tipo de flor e de planta.

-Cotexáronse os materiais e as materias primas cos albarás e coas notas de entrega.

-Clasificáronse as materias primas por especies, formas e cores para a súa contaxe.

-Clasificáronse os produtos elaborados por criterios de categoría para a súa contaxe.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais nas operacións de carga e descarga de insumos.

-RA3. Describe as técnicas de acondicionamento e conservación de flores e plantas naturais, seguindo instrucións dadas, e aplícaas nun suposto práctico debidamente caracterizado.

-CA3.1. Precisáronse as condicións óptimas de conservación e os tratamentos químicos que se lles deben aplicar ás flores para prolongar a súa duración.

-CA3.2. Describíronse as características mínimas de calidade comercial aceptables das flores durante a súa conservación.

-CA3.3. Recoñecéronse os tratamentos para o coidado e o mantemento de plantas naturais.

-CA3.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións de acondicionamento e conservación de flores e plantas.

-CA3.5. Nun caso ou nun suposto práctico de acondicionamento e de conservación de flores:

-Cortáronse e limpáronse os talos das flores atendendo ás súas características.

-Realizouse o corte e a limpeza de verdes ornamentais.

-Aplicáronselle produtos conservantes á auga.

-Aplicáronse técnicas específicas de acondicionamento de flores.

-Manipuláronse flores de apertura retardada.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

-CA3.6. Nun caso ou nun suposto práctico de acondicionamento e conservación de plantas:

-Regáronse plantas naturais en función dos seus requisitos hídricos.

-Limpáronse plantas ou composicións de plantas.

-Repuxéronse ou substituíronse plantas en composicións cando o seu estado non era o adecuado para a venda.

-Aplicáronse técnicas e produtos cicatrizantes para plantas.

-Detectáronse pragas ou enfermidades nas plantas.

-Fertilizáronse e aplicáronse produtos fitosanitarios nas plantas.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

-RA4. Describe os criterios e as técnicas de almacenaxe e, nun caso práctico, realiza a almacenaxe atendendo á tipoloxía dos produtos, das materias primas e dos materiais.

-CA4.1. Citáronse os criterios de almacenaxe atendendo ás características dos produtos, das materias primas e dos materiais, así como ás súas necesidades de uso.

-CA4.2. Describíronse as técnicas de almacenaxe considerando o espazo dispoñible, a organización dese espazo e as características dos produtos, das materias primas e dos materiais que se almacenen.

-CA4.3. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas con estas operacións.

-CA4.4. Nun caso ou nun suposto práctico de almacenaxe de produtos, materias primas e mate-riais:

-Identificouse o espazo dispoñible no almacén e realizáronse as medicións que garantan a colocación de produtos, materias primas e materiais.

-Colocáronse os produtos naturais segundo a súa natureza e as súas exixencias.

-Sinalizouse a colocación de produtos, materias primas e materiais para a súa doada localización.

-Elaborouse unha relación de produtos, materias primas e materiais almacenados.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

-RA5. Describe o proceso de preparación dos produtos destinados á venda, e colabora na súa etiquetaxe e na súa colocación nas zonas de exposición, seguindo instrucións dadas.

-CA5.1. Identificáronse os tipos de etiquetas e os xeitos de etiquetaxe.

-CA5.2. Describíronse os criterios de colocación de produtos finais, materias primas e materiais na sala de exposición e na zona de vendas.

-CA5.3. Describíronse criterios comúns de preparación de produtos para a súa venda.

-CA5.4. Nun caso ou nun suposto práctico de etiquetaxe e colocación de produtos, materias primas e materiais na sala de exposición e na zona de vendas:

-Identificáronse os produtos á venda, cos seus prezos finais e a súa referencia.

-Colocáronse os produtos, as materias primas e os materiais segundo as súas necesidades de luz e de auga, mantendo visible a etiqueta de información á clientela.

-Colocáronse os produtos á venda seguindo criterios de cor, formas, tipoloxía, etc., tendo en conta os puntos quentes e fríos da sala de exposición e da zona de venda.

-Realizáronse os traballos de etiquetaxe e colocación cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

2.2. Contidos básicos.

Materias primas naturais en floraría:

-Plantas e flores: nomes comúns e científicos, descrición, necesidades fisiolóxicas, e temporadas de comercialización e venda.

-Substratos e fertilizantes.

Materias primas artificiais en floraría:

-Flores e plantas artificiais: tipos e materiais, montaxe e conservación.

Materiais en floraría:

-Tipoloxía dos materiais. Características e aplicacións da cerámica, o cristal e o plástico.

-Terra e xel decorativo: características e aplicacións.

-Outros materiais decorativos: características e aplicacións.

-Texturas, formas e carácter dos materiais.

-Materiais auxiliares (esponxas sintéticas, arames, pegamentos para flores, siliconas, cintas para forrar, etc.): características e aplicacións.

Recepción, almacenaxe e colocación de materias primas, materiais e produtos elaborados en floraría:

-Albará, nota de entrega e factura.

-Tipos de embalaxes. Criterios de almacenaxe e colocación de materias primas e de materiais.

-Criterios de almacenaxe e colocación en cámaras frigoríficas de materias primas naturais e de produtos elaborados.

Conservación e mantemento de flores e plantas:

-Criterios comerciais de calidade de flores e plantas.

-Métodos para acelerar ou retardar a apertura das flores.

-Pragas e enfermidades máis comúns das plantas e das flores. Medios de loita.

-Produtos fitosanitarios. Produtos conservantes.

-Técnicas de manipulación da flor e da planta.

Preparación e colocación de produtos para a venda en floraría:

-Criterios de colocación de produtos elaborados na sala de exposición e na zona de vendas. Etiquetaxe de produtos. Preparación e presentación de produtos para a venda.

-Puntos fríos e quentes na zona de exposición e na de venda.

Normativa básica relacionada coa recepción e o acondicionamento de materias primas e materiais:

-Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos.

-Normativa sobre protección ambiental.

-Convenio interprovincial para o comercio de flores e plantas.

2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de recepción e acondicionamento de materias primas e materiais da floraría.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Manexo de produtos químicos e biolóxicos, e de conservantes específicos.

-Identificación de plantas e flores.

-Control da sanidade vexetal.

-Inventariado de especies vexetais.

-Realización de etiquetaxes e colocación de mercadorías e materiais.

-Comprobación de albarás e facturas.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Aplicación das técnicas de manexo de conservantes e demais produtos químicos e biolóxicos para a recepción e o acondicionamento de materias primas.

-Caracterización das especies de plantas e flores, e control da súa sanidade vexetal.

-Aplicación de tratamentos fitosanitarios.

-Aplicación das técnicas de protección ambiental.

3. Módulo específico: traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas.

-Código: ME0052.

-Duración: 210 horas.

3.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Describe as técnicas de elaboración de composicións florais, recoñece os elementos que forman parte dos traballos de arranxos florais e define as súas características.

-CA1.1. Listáronse as principais técnicas utilizadas na elaboración de composicións florais.

-CA1.2. Describíronse as técnicas de elaboración máis frecuentemente empregadas en arranxos florais.

-CA1.3. Indicáronse as características básicas necesarias dos soportes, as bases e as estruturas para poder utilizarse en arranxos florais.

-CA1.4. Listáronse os tipos e as formas dos recipientes que poden formar parte de composicións florais ou de plantas, e enumeráronse as características principais que deben ter.

-CA1.5. Citáronse especies de plantas, flores e verdes de corte ornamentais utilizados na confección de composicións con flores e plantas.

-CA1.6. Relacionáronse a forma, o tamaño, a cor e o volume das plantas, das flores e dos verdes de corte ornamentais co tipo de composición que cumpra realizar.

-CA1.7. Citáronse materiais auxiliares de floraría, e describiuse o seu uso e a súa aplicación.

-CA1.8. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións auxiliares de elaboración de traballos con flores e plantas naturais e artificiais.

-RA2. Elixe os soportes, os recipientes, as materias primas e os materiais como elementos básicos para confeccionar composicións en arranxos florais, e prepara os devanditos elementos seguindo instrucións dadas.

-CA2.1. Elixiuse o soporte, a base, a estrutura e o recipiente máis apropiado entre os predefinidos como idóneos para a composición floral e de plantas que se vaia realizar.

-CA2.2. Elixíronse os complementos decorativos apropiados entre os predefinidos para cada composición.

-CA2.3. Elixíronse os elementos naturais axeitados entre os predefinidos para o tipo de compo-sición ou de traballo que cumpra realizar, atendendo aos criterios de durabilidade e de compatibilidade.

-CA2.4. Colocouse esponxa sobre calquera soporte ou material.

-CA2.5. Acondicionouse o soporte, a base, a estrutura e o recipiente, e enchéronse do material (perlita, xel, terra, etc.) apropiado ao tipo de materia prima que vaia formar parte da composición floral.

-CA2.6. Manipuláronse as plantas, as flores e os verdes ornamentais utilizando as técnicas de preparación máis acaídas para cada traballo en particular.

-CA2.7. Practicouse o transplante e a preparación de substratos e plantas.

-CA2.8. Forráronse aros de coroa con cinta e con verdes.

-CA2.9. Preparáronse cestas como recipientes para preparar os arranxos.

-CA2.10. Preparáronse cabeceiros de coroa con flor natural.

-CA2.11. Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental na realización destes traballos.

-RA3. Identifica e describe os sistemas e as técnicas de presentación de produtos en arranxos florais e, nun caso práctico, envolve e presenta composicións de flores e de plantas seguindo instrucións dadas.

-CA3.1. Identificáronse as texturas de materiais que se empregan para envolver produtos finali-zados.

-CA3.2. Definíronse os tipos de envoltorios e as formas de presentación aplicables para cada composición de flores e de plantas, tendo en conta a súa forma, o seu tamaño e os requisitos de entrega.

-CA3.3. Describíronse as técnicas que se usan con cada tipo de envoltorio para presentar flores e plantas sen confeccionar, e para composicións de flores e de plantas naturais e artificiais.

-CA3.4. Identificáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións auxiliares na presentación e no envoltorio de composicións de flores e de plantas.

-CA3.5. Nun caso práctico de presentación de diversos tipos de composicións de flores e/ou de plantas:

-Realizáronse envoltorios de diversos tipos.

-Cortáronse e montáronse lazos, papeis e teas.

-Exercitáronse técnicas de papiroflexia e cestaría.

-Preparáronse caixas para agasallo con flores.

-Elaboráronse lazos con dedicatorias para as composicións de flores e de plantas.

-Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, cunha correcta utilización dos equipamentos individuais e xerais de protección.

-RA4. Pon en práctica as técnicas de montaxe e desmontaxe de decoracións con flores e plantas naturais e artificiais, seguindo instrucións dadas.

-CA4.1. Describíronse as composicións con flores e plantas que se instalan en espazos concretos (coches nupciais, igrexas, escenarios, etc.).

-CA4.2. Describíronse as técnicas de montaxe, desmontaxe e transporte dos materiais que se empregan en decoracións de flores e plantas específicas, atendendo á súa tipoloxía.

-CA4.3. Describíronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais relacionadas coas operacións auxiliares de montaxe e desmontaxe.

-CA4.4. Nun caso práctico de montaxe e desmontaxe de decoracións con flores e/ou plantas:

-Identificáronse as pezas que compoñen un traballo unitario e os traballos terminados.

-Identificouse o estado das flores e das plantas naturais e artificiais empregadas na decoración.

-Interpretáronse esbozos e bosquexos.

-Localizáronse os puntos de colocación de flores e plantas en diferentes espazos.

-Operouse destramente na carga e na descarga de traballos, bases e estruturas específicas.

-Montáronse e desmontáronse decoracións de características e dificultades compositivas diversas.

-Substituíronse os materiais, as materias primas e os produtos defectuosos ou en mal estado, sen cambiar o aspecto final do traballo.

-Clasificáronse os materiais e as materias primas sobrantes das decoracións florais e con plantas.

-Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, cunha correcta utilización dos equipamentos individuais e xerais de protección.

3.2. Contidos básicos.

Materias primas e materiais en floraría:

-Nocións de anatomía e de fisioloxía vexetal. Especies comerciais de plantas e flores: identifica-ción.

-Flores, verdes ornamentais e plantas naturais: formas, carácter e nomenclatura. Especies comer-ciais de plantas e de flores.

-Flores e plantas artificiais: tipos e materiais.

-Tipoloxía dos materiais: materiais sintéticos e naturais.

-Cerámica, cristal, plástico e tea: características e aplicacións.

-Terra e xel decorativo: características e aplicacións. Outros materiais decorativos: características e aplicacións. Texturas. Formas. Moda e carácter dos materiais.

-Materiais auxiliares (esponxas sintéticas, arames, pegamentos para flores, siliconas, cintas para forrar, etc.): características e aplicacións.

-Figuras xeométricas: peso e cor. Proporcións.

Composicións con flores e plantas:

-Clasificación, natureza e formas. Destino e finalidade de cada tipo de composición.

-Arranxos decorativos formais e funerarios.

-Cor: contraste e harmonía; cores primarias e secundarias; cores cálidas e frías.

-Figuras xeométricas: peso e cor. Proporcións.

Técnicas auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas:

-Espiral, atado, aramado, forrado e encintaxe: técnica e aplicacións.

-Esponxa: calidades, tipos e técnicas de colocación.

-Empaquetado e presentación: técnicas e aplicacións.

-Técnicas de execución de cestaría con fibras naturais e sintéticas.

Normativa relacionada cos traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas:

-Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos.

-Normativa sobre protección ambiental.

-Convenio interprovincial para o comercio de flores e plantas.

3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realización de traballos auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Identificación dos recipientes, os soportes e as estruturas de uso en arranxos florais.

-Manipulación de plantas, flores e verdes.

-Relacións entre a forma, o tamaño, a cor e o volume das plantas e das flores das composicións.

-Realización da montaxe e a desmontaxe de decoracións con flores e plantas, tanto naturais como artificiais.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Aplicación das técnicas de montaxe e desmontaxe de decoracións con flores e con plantas.

-Aplicación das técnicas de base para realización de arranxos florais.

-Aplicación das técnicas necesarias para realización de traballos manuais tales como papiroflexia, cestaría e outras.

4. Módulo específico: servizos básicos de floraría e atención ao público.

-Código: ME0053.

-Duración: 70 horas.

4.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación

-RA1. Describe os servizos e os produtos ofrecidos en arranxos florais en función das súas características, e atende o público nun suposto práctico, seguindo instrucións dadas.

-CA1.1. Describíronse os produtos e os servizos que unha floraría lle pode ofrecer á clientela en función da ocasión e do acontecemento para os que se destine.

-CA1.2. Identificáronse e describíronse os traballos máis usuais dunha floraría, sobre un catálogo ou un manual de venda.

-CA1.3. Citáronse os requisitos necesarios para que se lle poida prestar un servizo de floraría á clientela, tendo en conta as normas establecidas pola empresa.

-CA1.4. Enumeráronse e recoñecéronse os medios de pagamento: efectivo, crédito, tarxetas de débito ou de crédito, talón, etc.

-CA1.5. Recoñecéronse os medios de cobramento: terminal punto de venda (TPV), caixa rexistradora, etc.

-CA1.6. Recoñecéronse os xustificantes de cobramento e de pagamento: tíckets de caixa, recibos, facturas, etc.

-CA1.7. Nun caso ou nun suposto práctico de atención ao público:

-Identificouse o tipo de traballo máis axeitado para a ocasión que se demande.

-Manexáronse catálogos e manuais en papel, informatizados ou en calquera outro soporte.

-Orientouse a clientela para satisfacer as súas necesidades de compra de produtos e servizos de floraría.

-Formalizouse o correspondente albará de encarga cos datos necesarios.

-Arquivouse, anotouse na axenda ou cursouse o pedido segundo o momento en que teña que ser servido.

-Calculouse o importe correspondente da encarga e financiouse a operación de venda.

-Emitíronse xustificantes de pagamento: recibos, etc.

-RA2. Describe o proceso de entrega de produtos de floraría a domicilio e simula ese proceso nun suposto práctico, seguindo instrucións dadas.

-CA2.1. Citáronse as normas básicas de cortesía e de urbanidade ao contactar con entidades ou persoas destinatarias dunha encarga procedente da floraría.

-CA2.2. Distinguíronse as situacións que se poden presentar na entrega dun produto de floraría a domicilio, e as actuacións correctas en cada unha delas.

-CA2.3. Identificáronse os medios de transporte máis eficaces en función da encarga que cumpra repartir, das súas características e dos prazos de entrega.

-CA2.4. Nun caso ou nun suposto práctico de realización dun servizo de repartición a domicilio:

-Organizouse a ruta e verificáronse os enderezos.

-Verificáronse os pedidos cos formularios e cos xustificantes de entrega.

-Manexáronse planos, mapas e guías de rúas en calquera soporte para localizar enderezos.

-Comprobouse que o vehículo estea en perfectas condicións e que dispoña no seu interior de todo o necesario para efectuar a entrega (directorios, planos, tarxetas de ausente, etc.).

-Colocáronse no vehículo os produtos que hai que entregar, evitándolles deterioracións, e acondicionáronse para o transporte.

-Reflectíronse no formulario correspondente a data e a hora da entrega, así como a sinatura da persoa que a acepta.

-Aplicáronse medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

-RA3. Define as operacións de servizo de mantemento de plantas a domicilio e, nun suposto prác-tico, realiza as tarefas de coidado e reposición de plantas naturais fóra da floraría coas debidas garantías fisiolóxicas e estéticas, seguindo instrucións dadas.

-CA3.1. Enunciáronse os requisitos fisiolóxicos xerais das plantas naturais que se ofrecen nos servizos de mantemento dunha floraría.

-CA3.2. Identificáronse as plantas máis frecuentemente empregadas na elaboración de composicións ofrecidas en contratos de mantemento.

-CA3.3. Describíronse alteracións e variacións nas composicións de plantas ou en exemplares con contratos de mantemento.

-CA3.4. Enumeráronse os fertilizantes e os produtos fitosanitarios máis usuais de venda en florarías, así como as súas aplicacións.

-CA3.5. Nun caso ou nun suposto práctico de mantemento dunha composición de plantas naturais fóra da floraría:

-Recoñeceuse o estado xeral da composición, e enumeráronse e aplicáronse as operacións necesarias para que o seu aspecto sexa o axeitado.

-Realizouse a reposición de plantas novas na composición.

-Aplicáronse as medidas oportunas e os nutrientes ou produtos fitosanitarios requiridos para a máxima duración da composición.

-Elixíronse os utensilios e as ferramentas que se precisen para realizar o mantemento da composición.

-Aplicáronse as medidas de prevención de riscos laborais e ambientais.

4.2. Contidos básicos.

Dependencias dunha floraría:

-Mostradores, expositores, andeis e mesas de atención ao público.

-Utensilios de escritorio.

Atención ao público nunha instalación de floraría:

-Tipos de formularios: albarás, notas de pedido, cadernos de notas, facturas e formularios de encargas de empresas de transmisión floral.

-Listas de prezos, catálogos, manuais de servizo, guías de rúas, planos e mapas. Equipamentos informáticos e para comunicación.

-Produtos fitosanitarios: aplicacións e usos.

-Ferramentas de xardinaría.

-Clasificación de composicións florais e de plantas pola súa natureza, pola súa forma, polo seu destino, etc.

Técnicas auxiliares na elaboración de composicións con flores e plantas:

-Espiral, atado, aramado, forrado e encintado: técnica e aplicacións.

-Esponxa: calidades, tipos e técnicas de colocación.

-Empaquetado e presentación: técnicas e aplicacións.

Coidados de flores e plantas:

-Especies comerciais de flores e de plantas: temporadas de venda.

-Coñecementos básicos sobre fisioloxía vexetal.

-Coñecementos básicos sobre terras, substratos e fertilizantes.

-Sistemas básicos de rega.

-Enfermidades e pragas comúns das plantas e das flores.

-Produtos conservantes. Técnicas de conservación de flores.

-Limpeza de plantas: produtos e aplicación.

Normativa relacionada coa atención ao público en instalacións de floraría:

-Normativa sobre saúde laboral e prevención de riscos.

-Normativa sobre protección ambiental.

-Convenio interprovincial para o comercio de flores e plantas.

-Follas oficiais de reclamacións.

4.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de atención e prestación de servizos ao público en floraría.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Recoñecemento de medios de pagamento para efectuar as vendas.

-Normativa sobre aplicación de produtos fitosanitarios.

-Identificación dos produtos máis usados para realizar o mantemento das plantas e dos arranxos.

-Coñecemento de normas básicas de urbanidade para facer entregas de produtos.

-Manexo de planos para localizar os enderezos.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo versarán sobre:

-Aplicación das técnicas básicas de atención ao público.

-Aplicación das técnicas de conservación de plantas e flores.

-Aplicación das técnicas básicas de rega e mantemento.

-Aplicación das técnicas de empaquetado.

5. Módulo específico: formación en centros de traballo.

-Código: ME0054.

-Duración: 160 horas.

5.1. Resultados de aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Efectúa as operacións de limpeza e o mantemento básico das instalacións e da maquinaria dunha floraría, seguindo instrucións dadas.

-CA1.1. Identificáronse e diferenciáronse as dependencias e os espazos que conforman as insta-lacións dunha floraría.

-CA1.2. Identificáronse os utensilios e os produtos de uso na limpeza e no mantemento das instalacións.

-CA1.3. Realizáronse as operacións necesarias para a limpeza e o mantemento básico das insta-lacións dunha floraría.

-CA1.4. Clasificáronse e ordenáronse as ferramentas, conforme criterios definidos.

-RA2. Recepción e preparación de plantas, flores e outros materiais de floraría, seguindo instrucións dadas.

-CA2.1. Recibíronse flores e plantas, e determináronse as características mínimas de calidade segundo os parámetros vixentes.

-CA2.2. Realizáronse as operacións de carga e descarga en orixe ou en destino atendendo ás características e á tipoloxía das materias primas, dos materiais e dos produtos elaborados.

-CA2.3. Distinguíronse os tipos de embalaxe e determináronse as técnicas óptimas de desemba-laxe para cada materia prima e material.

-CA2.4. Cotexáronse os materiais e as materias primas cos albarás e coas notas de entrega.

-CA2.5. Realizouse o mantemento e a conservación das plantas e das flores.

-CA2.6. Colocáronse os produtos, as materias primas e os materiais segundo as súas necesidades de luz e de auga, mantendo visible a etiqueta de información á clientela, e preparados para a venda.

-RA3. Realización de composicións florais, recoñecemento dos elementos que forman parte dos traballos de arranxos florais, e definición das súas características.

-CA3.1. Coñecemento de especies de plantas, flores e verdes de corte ornamentais utilizados na confección de composicións con flores e plantas.

-CA3.2. Elección dos recipientes, materias primas e materiais axeitados para cada arranxo floral.

-CA3.3. Manipulación das plantas, flores e verdes ornamentais usando as técnicas apropiadas e básicas da arte floral.

-CA3.4. Realización dos envoltorios e demais accesorios das composicións feitas coas flores e as plantas.

-CA3.5. Realización de montaxe e desmontaxe de arranxos florais e decorativos.

-RA4. Realización de servizos básicos e atención ao público.

-CA4.1. Realizouse a entrega dos traballos realizados con repartición a domicilio.

-CA4.2. Manexáronse planos, mapas e guías de rúas para localizar enderezos.

-CA4.3. Realizáronse servizos de atención ao público en floraría.

-CA4.4. Recoñecéronse os xustificantes de cobramento e de pagamento: tíckets de caixa, recibos, facturas, albarás etc., e calculouse o importe de operacións.

-CA4.5. Realizáronse os traballos necesarios de mantemento das composicións feitas.

-RA5. Actúa consonte as normas de seguridade e de prevención de riscos laborais e ambientais.

-CA5.1. Cumpriuse a normativa xeral sobre prevención e seguridade, así como a establecida pola empresa.

-CA5.2. Identificáronse os factores e as situacións de risco presentadas no ámbito de actuación do centro de traballo.

-CA5.3. Adoptáronse actitudes relacionadas coa actividade para reducir os riscos laborais e ambientais.

-CA5.4. Empregáronse os equipamentos de protección individual (EPI) establecidos para as operacións.

-CA5.5. Utilizáronse os dispositivos de protección de máquinas, equipamentos e instalacións nas actividades.

-CA5.6. Actuouse segundo o plan de prevención.

-CA5.7. Mantivéronse as zonas de traballo libres de riscos, con orde e limpeza.

-CA5.8. Traballouse con criterios de redución no consumo de enerxía e na xeración de lixo.

-RA6. Actúa responsablemente e intégrase no sistema de relacións técnico-sociais da empresa.

-CA6.1. Executáronse con dilixencia as instrucións recibidas.

-CA6.2. Responsabilizouse do traballo desenvolvido e comunicouse eficazmente coa persoa axeitada en cada momento.

-CA6.3. Cumpríronse os requisitos e as normas técnicas, demostrouse un bo facer profesional e finalizouse o traballo nun tempo límite razoable.

-CA6.4. Amosouse unha actitude de respecto cara aos procedementos e ás normas establecidas.

-CA6.5. Organizouse o traballo realizado conforme as instrucións e os procedementos establecidos, cumpríronse as tarefas en orde de prioridade e actuouse baixo criterios de seguridade e calidade nas intervencións.

-CA6.6. Coordinouse a actividade co resto do persoal e informouse de calquera cambio, necesidade salientable ou continxencia.

-CA6.7. Incorporouse puntualmente ao posto de traballo, realizáronse os descansos instituídos e non se abandonou o centro de traballo antes do establecido sen motivos xustificados.

Ver referencia pdf "15800D002P010.PDF"

Ver referencia pdf "15800D004P022.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES