DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 13 de agosto de 2008 Páx. 15.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pola que se fai pública a concesión de axudas aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre para o ano 2008.

Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican nos anexos, concedidas no ano 2008 ao abeiro da Resolución do 29 de xullo de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se resolve a concesión destas axudas e da Resolución do 28 de xaneiro de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación (DOG nº 24, do 4 de febreiro), pola que se convocan para o ano 2008, subvencións aos concellos para estudos de cobertura do sinal, realización de proxectos técnicos e dotación de equipamentos para o servizo de televisión dixital terrestre, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.31.461A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2008.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Audiovisual

Ver referencia pdf "15600D001P005.PDF"

Ver referencia pdf "15600D003P006.PDF"