DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 04 de agosto de 2008 Páx. 14.973

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se establece o perfil do programa de cualificación profesional inicial de informática en Galicia.

O Real decreto 1701/2007, do 14 de decembro, estableceu, entre outras, a cualificación profesional de nivel 1 de operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, pertencente á familia profesional de informática e comunicacións, así como os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón.

A Orde do 13 de maio de 2008 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial na Comunidade Autónoma de Galicia establece, no seu artigo 8, que os currículos dos módulos específicos dos perfís profesionais que se establezan desenvolveranse por medio de resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, e que deberán tomar como referencia os módulos formativos asociados ás unidades de competencia que inclúa o perfil.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Obxecto.

Esta resolución ten por obxecto o establecemento do perfil profesional do programa de cualificación profesional inicial de informática en Galicia.

Segundo.-Identificación.

O programa de cualificación profesional inicial de informática queda identificado polos seguintes elementos:

-Denominación: informática.

-Nivel: programa de cualificación profesional inicial.

-Duración: 580 horas.

-Familia profesional: informática e comunicacións.

Terceiro.-Competencia xeral.

Realizar operacións auxiliares de montaxe e mantemento de equipamentos microinformáticos e periféricos, baixo a supervisión dunha persoa responsable, aplicando criterios de calidade e actuando en condicións de seguridade e respecto polo medio, seguindo instrucións e procedementos establecidos.

Cuarto.-Competencias profesionais, persoais e sociais.

As competencias profesionais, persoais e sociais deste programa de cualificación profesional inicial son as que se relacionan a seguir:

a) Reunir os materiais necesarios para acometer a execución da montaxe ou do mantemento de computadores e periféricos.

b) Montar e configurar computadores e periféricos, e asegurar o seu funcionamento en condicións de calidade e seguridade.

c) Medir parámetros e realizar probas e verificacións funcionais dos equipamentos informáticos, utilizando os instrumentos axeitados e o procedemento establecido.

d) Instalar e configurar software básico, e asegurar o seu funcionamento en condicións de calidade e seguridade.

e) Realizar as probas funcionais en sistemas microinformáticos, localizando e diagnosticando disfuncións, para comprobar e axustar o seu funcionamento.

f) Manter equipamentos informáticos, substituíndo, actualizando e axustando os seus compoñentes, para asegurar o rendemento do sistema en condicións de calidade e seguridade.

g) Asesorar e asistir a clientela, canalizando a un nivel superior os supostos que o requiran, para achar solucións acaídas para as súas necesidades.

h) Realizar operacións de procura e compartición de información tanto na intranet como na internet, seguindo instrucións recibidas.

i) Realizar operacións para obter documentos multimedia no formato e cos niveis de calidade exixidos.

j) Organizar e desenvolver o traballo asignado mantendo unhas relacións profesionais axeitadas no contorno de traballo.

k) Cumprir as especificacións establecidas no plan de prevención de riscos laborais, para detectar e previr os riscos asociados ao posto de traballo.

l) Manter hábitos de orde, puntualidade, responsabilidade e pulcritude ao longo da súa actividade.

Quinto.-Relación de cualificacións e unidades de competencia do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais incluídas no perfil profesional.

Cualificacións profesionais completas incluídas no perfil:

Operacións auxiliares de montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos, IFC361_1 (Real decreto 1701/2007), que abrangue as seguintes unidades de competencia:

-UC1207_1: realizar operacións auxiliares de montaxe de equipamentos microinformáticos.

-UC1208_1: realizar operacións auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos.

-UC1209_1: realizar operacións auxiliares con tecnoloxías da información e da comunicación.

Sexto.-Contorno profesional.

1. Ámbito profesional. Desenvolve a súa actividade profesional en empresas ou entidades públicas ou privadas, tanto por conta propia como por conta allea, de calquera tamaño e sector produtivo, que dispoñan de equipamentos informáticos para a súa xestión.

2. Sectores produtivos. Sitúase sobre todo no sector de servizos, nomeadamente en:

-Empresas ou entidades de calquera tamaño que utilicen sistemas informáticos para a súa xestión, que poden estar enmarcadas en calquera sector produtivo.

-Empresas dedicadas á comercialización, a montaxe, o mantemento e a reparación de equipamentos e servizos microinformáticos.

-Empresas que presten servizos de asistencia técnica microinformática.

-Administracións públicas, como parte do soporte informático da organización.

3. Ocupacións e postos de traballo máis salientables.

-Operario/a en montaxe de equipamentos microinformáticos.

-Operario/a en mantemento de sistemas microinformáticos.

Sétimo.-Módulos específicos.

1. Os módulos específicos deste perfil profesional, que toman como referentes os módulos formativos asociados ás unidades de competencia de que se compón, quedan desenvolvidos no anexo I desta resolución.

2. Son os que se relacionan a seguir:

-ME0008. Montaxe de equipamentos informáticos.

-ME0009. Mantemento de sistemas microinformáticos.

-ME0010. Tecnoloxías da información e da comunicación.

-ME0011. Formación en centros de traballo.

Oitavo.-Espazos e equipamentos.

1. Os espazos e os equipamentos mínimos necesarios para o desenvolvemento das ensinanzas deste perfil profesional son os establecidos no anexo II desta resolución.

2. Os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por diferentes grupos de alumnado.

3. Non cómpre que os espazos formativos identificados se diferencien mediante pechamentos.

Noveno.-Profesorado e persoas formadoras.

1. A atribución docente dos módulos específicos que constitúen as ensinanzas deste perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial impartidos en centros de ensino públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establécese no anexo III A) desta resolución.

2. As titulacións requiridas para a impartición dos módulos específicos que conforman o perfil profesional nos programas de cualificación profesional inicial para os centros de titularidade privada ou doutras administracións distintas da educativa establécense no anexo III B) desta resolución.

3. O perfil das persoas formadoras que impartan os módulos específicos en contornos produtivos establécese no anexo IV desta resolución.

Décimo.-Relación de módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa.

A relación dos módulos específicos coas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais que inclúe o programa é a que figura na táboa que se inclúe como anexo V desta resolución.

Décimo primeiro.-Distribución horaria dos módulos específicos.

A distribución horaria dos módulos específicos cursados en contornos non produtivos especifícase no anexo VI desta resolución.

Disposición derradeira

Entrada en vigor.-Esta resolución entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2008.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais

ANEXO I

Módulos específicos

1. Módulo específico: montaxe de equipamentos informáticos.

-Código: ME0008.

-Duración: 140 horas.

1.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Describe os elementos eléctricos e electrónicos para os manipular con seguridade nas tarefas de montaxe de equipamentos, e identifica os instrumentos e a normativa aplicable.

-CA1.1. Explicáronse as características dos elementos eléctricos e electrónicos que se poden utilizar na montaxe de equipamentos, e identificáronse as magnitudes e as unidades de medida eléctrica.

-CA1.2. Describíronse as operacións e as comprobacións previas para a manipulación segura de compoñentes electrónicos, tendo especialmente en conta as instrucións para evitar a electricidade estática.

-CA1.3. Identificáronse os instrumentos de medida e os dispositivos necesarios para manipular con seguridade os equipamentos electrónicos, seguindo as indicacións das guías de uso.

-CA1.4. Identificáronse as medidas de seguridade que se deben aplicar na manipulación de elementos eléctricos e electrónicos, atendendo á normativa de seguridade sobre prevención de riscos laborais.

-CA1.5. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, en que se vai levar a cabo a montaxe de compoñentes nun equipamento informático, realizáronse as seguintes comprobacións previas:

-Distinguíronse os elementos eléctricos que interveñen na devandita operación.

-Diferenciáronse os elementos electrónicos que aparecen no procedemento de montaxe.

-Indicáronse as medidas de seguridade que se deben ter en conta en función dos elementos eléctricos e electrónicos que interveñen no procedemento de montaxe.

-Describíronse os dispositivos e os elementos de seguridade persoal necesarios para realizar a actividade.

-RA2. Identifica os bloques funcionais dun sistema informático, e identifica a súa función.

-CA2.1. Describíronse os bloques que compoñen un equipamento informático e as súas funcións.

-CA2.2 Identificáronse os elementos que compoñen cada bloque.

-CA2.3 Describíronse as características principais dos elementos que compoñen cada bloque.

-CA2.4. Describíronse os procedementos de arranque e parada do equipamento informático e dos seus periféricos.

-RA3. Identifica compoñentes de hardware que integran un sistema microinformático e distingue as súas características e as súas funcionalidades, para os montar, substituír e conectar a un equipamento informático.

-CA3.1. Identificáronse os bloques funcionais dun sistema microinformático para a súa localización en placas base de diversos fabricantes, tendo en conta o factor de forma do equipamento.

-CA3.2. Enumeráronse os compoñentes de hardware dun sistema microinformático, e describíronse as súas características e os elementos que o forman.

-CA3.3. Distinguíronse os tipos de portos, as baías internas e os cables de conexión existentes nun sistema microinformático, e determinouse se son de datos ou de alimentación.

-CA3.4. Nun caso práctico, en que se dean diversos tipos de placas base con tarxetas e dispositivos (unidades de disco ríxido, lectores e gravadoras de soportes ópticos, ampliacións de buses, etc.) e se conte con instrucións detalladas de montaxe e desmontaxe:

-Recoñecéronse os compoñentes de hardware.

-Identificáronse as funcións de cada compoñente.

-Describíronse os tipos de conexión que van requirir os compoñentes.

-RA4. Ensambla os compoñentes internos de hardware para crear o equipamento microinformático, utilizando as ferramentas axeitadas e atendendo as instrucións recibidas.

-CA4.1. Interpretáronse as guías de instrucións referentes aos procedementos de integración ou ensamblaxe do compoñente interno de hardware dun sistema microinformático para poder realizar o devandito procedemento, tendo en conta o factor de forma do equipamento informático.

-CA4.2. Enumeráronse as ferramentas que se deben utilizar nos procedementos de montaxe, substitución e conexión de compoñentes internos de hardware dun sistema microinformático.

-CA4.3. Distinguíronse os zócolos de conexión de microprocesadores e os disipadores nas placas base, e identificáronse os sistemas de fixación para ensamblar e desensamblar os elementos do equipamento.

-CA4.4. Distinguíronse os tipos de portos, baías internas e cables de conexión dun sistema microinformático, así como os seus sistemas de fixación, e identificáronse por medio de esquemas gráficos.

-CA4.5. Identificáronse os conectadores de tarxetas do equipamento microinformático mediante o aspecto e as cores, por medio de esquemas e diagramas.

-CA4.6. Identificáronse as posicións correctas para instalar un dispositivo ou unha tarxeta na fenda ou baía correspondente, atendendo ás guías detalladas de instalación.

-CA4.7. Describíronse as normas de seguridade establecidas no uso e no manexo das ferramentas empregadas nos procedementos de integración e ensamblaxe de compoñentes internos de hardware nun sistema microinformático.

-CA4.8. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, realizouse a montaxe, a substitución e a conexión de compoñentes internos de hardware nun sistema microinformático, seguindo guías detalladas de traballo:

-Interpretáronse as instrucións da guía detallada.

-Identificáronse os compoñentes para montar, substituír ou conectar.

-Utilizáronse armarios e caixas que permitan un acceso organizado ás ferramentas que se utilicen.

-Seleccionáronse as ferramentas e os útiles necesarios para realizar a instalación ou a desinstalación dos compoñentes indicados.

-Ensambláronse compoñentes internos de hardware (memoria, procesador, tarxeta de vídeo, pila, etc.) na placa base do sistema microinformático.

-Conectáronse adecuadamente os compoñentes internos de hardware (disco ríxido, DVD, CD-ROM, etc.) que precisan cables de conexión para a súa integración no sistema microinformático.

-Instaláronse e fixáronse correctamente as tarxetas e os compoñentes internos nos equipamentos microinformáticos.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas para a montaxe, a substitución e a conexión do compoñente de hardware utilizado.

-Recolléronse as ferramentas despois de realizar o traballo.

-Recolléronse adecuadamente os elementos refugables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo uns formatos dados.

-RA5. Instala sistemas operativos, consonte as instrucións recibidas, e verifica o correcto funcionamento do equipamento.

-CA5.1. Identificáronse as necesidades de hardware do sistema operativo que se vai instalar.

-CA5.2. Enumeráronse os pasos que hai que seguir para realizar a instalación a partir dos manuais do sistema operativo.

-CA5.3. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, realizouse a instalación do sistema operativo nun sistema microinformático, seguindo guías detalladas de traballo:

-Creáronse e formateáronse as particións necesarias nos dispositivos de almacenaxe.

-Configuráronse parámetros básicos da instalación.

-Instalouse o sistema operativo.

-Configurouse un xestor de arranque.

-Instaláronse os controladores de dispositivo necesarios.

-Documentáronse as decisións tomadas e as incidencias xurdidas no proceso de instalación.

-Respectáronse as normas de utilización do software (licenzas).

-Traballouse con sistemas operativos libres e propietarios.

-RA6. Describe os elementos que interveñen nos procedementos de montaxe, substitución ou conexión de periféricos e aplica estes procedementos, para ampliar ou manter a funcionalidade do sistema, seguindo guías detalladas e instrucións dadas.

-CA6.1. Interpretáronse as guías de instrucións sobre os procedementos de montaxe, substitución e conexión de periféricos dun sistema microinformático para poder realizar o devandito procedemento, tendo en conta as tecnoloxías.

-CA6.2. Describíronse as ferramentas que se van utilizar nos procedementos de montaxe, substitución e conexión de periféricos dun sistema microinformático, utilizando guías específicas.

-CA6.3. Identificáronse os portos externos dun equipamento microinformático para a conexión de periféricos, utilizando esbozos e esquemas gráficos.

-CA6.4. Describíronse as características e os tipos de conectadores dos cables de datos e de alimentación eléctrica para utilizar na conexión de periféricos ao equipamento microinformático.

-CA6.5. Describíronse os procedementos e as ferramentas que se utilizan para a confección de cables de conexión de datos entre periféricos e equipamentos microinformáticos, utilizando guías detalladas.

-CA6.6. Describíronse as normas de seguridade establecidas no uso e no manexo das ferramentas empregadas nos procedementos de montaxe, substitución e conexión de periféricos nun sistema microinformático.

-CA6.7. Enumeráronse as medidas preventivas para manipular con seguridade as conexións de datos e de alimentación eléctrica, tendo en conta o tipo de compoñente.

-CA6.8. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, realizar a montaxe, a substitución e a conexión de periféricos nun sistema microinformático seguindo guías detalladas de traballo:

-Identificáronse os compoñentes periféricos que se van montar, substituír e conectar.

-Identificáronse os portos e os seus correspondentes cables e conectadores, e diferenciáronse as conexións con alimentación eléctrica das que non a teñen.

-Seleccionáronse as ferramentas adecuadas para montar, substituír e conectar un periférico.

-Confeccionáronse cables de conexión de datos entre os periféricos e os sistemas microinformáticos, en caso necesario.

-Realizouse a montaxe ou a substitución do periférico, así como a súa conexión, con seguridade e precisión.

-Conectáronse e usáronse adecuadamente as instalacións de cables de conexión entre os periféricos e o sistema microinformático.

-Situáronse dispositivos de conexión de rede (repetidor, conmutador e encamiñador, etc.) en armarios de distribución ou sitios predeterminados, utilizando as ferramentas adecuadas.

-Comprobouse, por medio de indicadores luminosos, que os periféricos conectados teñen alimentación eléctrica e as conexións de datos.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas para a montaxe, a substitución e a conexión de periféricos.

-Recolléronse adecuadamente os elementos refugables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo uns formatos dados.

-CA6.9. Nun caso práctico en que se dispoña dunha instalación xa realizada de equipamentos e periféricos microinformáticos, realizáronse as seguintes tarefas:

-Recoñecéronse os tipos de conectadores e de instalacións de cables destinados á conexión á rede eléctrica.

-Distinguíronse os tipos de conectadores e de instalacións de cables encamiñados á comunicación de datos.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas antes de efectuar os procedementos de substitución de conectadores e cables de equipamentos e periféricos.

-Utilizáronse as ferramentas adecuadas para substituír os tubos de rede e os cables de alimentación e de datos entre equipamentos e periféricos.

-Recolléronse adecuadamente os elementos refugables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos establecidos.

-RA7. Identifica e aplica procedementos e ferramentas de comprobación do sistema microinformático, para verificar a montaxe, a substitución, e a conexión de periféricos e de compoñentes, seguindo guías detalladas.

-CA7.1. Identificáronse as guías de procedementos de comprobación que se van aplicar nos procesos de montaxe ou substitución, tendo en conta o elemento que se vaia verificar.

-CA7.2. Clasificáronse as ferramentas e os procedementos de comprobación asociados a cada compoñente de hardware.

-CA7.3. Describíronse as ferramentas de comprobación da instalación de cables de datos, manexando guías detalladas.

-CA7.4. Describíronse e aplicáronse os procedementos para verificar que o equipamento microinformático realice o procedemento de acendido e de POST (power-on self test) e, de ser o caso, identificouse a orixe dos problemas.

-CA7.5. Describíronse as operacións de carga do sistema operativo e os fallos que se produzan na fase de arranque do equipamento microinformático.

-CA7.6. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, realizouse a comprobación da montaxe, a substitución e a conexión de periféricos e de compoñentes nun sistema microinformático, seguindo guías detalladas de traballo:

-Verificouse a funcionalidade dos cables de conexións de datos entre o equipamento microinformático e os periféricos.

-Realizáronse tarefas de comprobación das conexións do equipamento microinformático e os periféricos conectados a el.

-Acendeuse o equipamento e observouse o resultado das fases de POST.

-Interpretouse a información do equipamento microinformático durante a carga do sistema operativo.

-Seleccionáronse e utilizáronse ferramentas de configuración e de comprobación para verificar o funcionamento do sistema.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo uns formatos dados.

1.2. Contidos básicos.

Elementos básicos eléctricos e electrónicos:

-Conceptos de electricidade: intensidade, diferenza de potencial (tensión) e resistencia. Lei de Ohm. Corrente continua e corrente alterna. Magnitudes eléctricas; aparellos de medidas de magnitudes eléctricas. Pilas e baterías. Premedores. Interruptores. Fontes de alimentación.

-Compoñentes electrónicos: resistencias, condensadores, díodos, transistores, leds, etc.

-Circuítos integrados.

-Seguridade no uso de ferramentas e compoñentes eléctricos e electrónicos.

-Seguridade eléctrica. Medidas de prevención de riscos eléctricos. Danos producidos por descarga eléctrica.

Arquitectura do computador:

-Unidades funcionais dun sistema informático.

-Unidade central de proceso.

-Memoria.

-Sistema de entrada e saída: soportes e periféricos.

-Compoñentes pertencentes a cada bloque funcional.

-Arranque dos equipamentos microinformáticos. Papel de cada bloque funcional.

Compoñentes internos dos equipamentos microinformáticos:

-Carcasas: tipos.

-Fontes de alimentación: tipos.

-Ventiladores e disipadores de calor.

-Placa base, chipset e EPROM.

-Microprocesadores.

-Memorias RAM.

-Buses e conectadores de datos.

-Instalacións de cables e conectadores de potencia.

-Zócolos e baías de expansión.

-Tarxetas de expansión: características.

-Tipos de tarxetas de expansión: gráfica, de son, de rede, etc.

-Tipos e elementos de fixación dos compoñentes ás carcasas.

-Discos fixos e controladoras de disco.

-Soportes de memoria auxiliar e unidades de lectura e gravación.

-Outros tipos de compoñentes.

Conectadores e buses externos dun sistema microinformático:

-Portos: paralelo, serie, USB (bus de serie universal), firewire (IEEE 1394), etc.

-Conectadores sen fíos: porto infravermello (estándar IrDA), radiofrecuencia (estándares bluetooth e ZigBee), etc.

-Instalación de cables de rede: tipos de cable e tipos de conectadores.

Periféricos microinformáticos:

-Periféricos básicos: monitor, teclado, rato e impresoras.

-Outros periféricos: altofalantes, micrófono, escáner, dispositivos multimedia, etc.

-Dispositivos de conectividade: módem, repetidor, conmutador, encamiñador, etc.

Técnicas de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos:

-Guías de montaxe.

-Ferramentas utilizadas nos procedementos de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos informáticos.

-Procedementos de instalación e fixación de compoñentes microinformáticos á carcasa e á placa base.

-Conexión de dispositivos periféricos no sistema microinformático.

Técnicas de verificación e comprobación de equipamentos microinformáticos:

-Software de comprobación e verificación.

-Procedementos de comprobación e verificación.

Seguridade nas operacións de montaxe, substitución e conexión de compoñentes e periféricos microinformáticos:

-Identificación de riscos.

-Determinación das normas de prevención de riscos laborais.

-Normas de protección ambiental.

-Criterios e condicións de seguridade nos procedementos de montaxe.

-Prevención dos accidentes máis comúns.

-Equipamentos de protección individual e medios de seguridade.

1.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar a montaxe de equipamentos microinformáticos.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Manipulación dos elementos que forman o compoñente físico dos equipamentos microinformáticos.

-Montaxe de equipamentos microinformáticos, utilizando guías detalladas e seguindo instrucións.

-Ampliación e substitución de compoñentes en equipamentos.

-Verificación da operatividade do equipamento informático.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

-Identificación dos elementos que forman o compoñente físico dos equipamentos informáticos.

-Montaxe e desmontaxe de equipamentos microinformáticos.

-Revisión dos equipamentos montados.

-Medida de magnitudes eléctricas.

-Interpretación das guías de instalación e realización de partes de montaxe.

2. Módulo específico: mantemento de sistemas microinformáticos.

-Código: ME0009.

-Duración: 117 horas.

2.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Describe e aplica as técnicas adecuadas nos procedementos de comprobación da funcionalidade de soportes e periféricos, para a súa verificación, seguindo instrucións detalladas.

-CA1.1. Identificáronse as técnicas de comprobación da funcionalidade de soportes e periféricos, tendo en conta a súa tecnoloxía.

-CA1.2. Interpretáronse as guías de instrucións recibidas referentes a procedementos de comprobación de funcionalidade de soportes e periféricos, para poder comprobar e verificar o seu bo funcionamento.

-CA1.3. Describíronse as características das ferramentas utilizadas para comprobar o estado dos soportes e da información contida neles, seguindo guías de uso.

-CA1.4. Nun caso práctico en que se dispoña dun equipamento microinformático con unidades lectoras e varios soportes, seguindo as guías de instrucións, realizáronse as seguintes operacións:

-Describíronse as características dos soportes e os riscos inherentes a cada un.

-Aplicáronse os procedementos de comprobación de soportes utilizando ferramentas específicas, e rexistráronse os resultados e as incidencias producidas.

-RA2. Identifica e aplica os procedementos de limpeza de soportes e periféricos utilizando guías detalladas inherentes ás características dos devanditos elementos de hardware, para manter a súa funcionalidade.

-CA2.1. Interpretáronse as guías de instrucións recibidas referentes aos procedementos de limpeza de soportes e periféricos, tendo en conta os xeitos de apertura dos elementos que dan acceso ao seu interior.

-CA2.2. Describíronse as características dos soportes e dos periféricos, tendo en conta os aspectos que afectan o seu mantemento.

-CA2.3. Identificáronse os tipos de mantemento e limpeza a que se deben someter os soportes, as súas unidades de lectura e gravación, as impresoras, os teclados, os ratos e outros dispositivos.

-CA2.4. Clasificáronse as ferramentas e os dispositivos necesarios para aplicar os procedementos de limpeza dos soportes e dos periféricos, utilizando guías.

-CA2.5. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, aplicáronse procedementos de limpeza de soportes e periféricos, seguindo instrucións especificadas na guía detallada:

-Identificáronse os soportes e os periféricos que se van limpar, e os procedementos de limpeza aplicables.

-Utilizáronse os dispositivos e as ferramentas que cumpran para aplicar os procedementos de limpeza de soportes e de periféricos.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas antes de aplicar os procedementos de limpeza de soportes e de periféricos.

-Recolléronse os residuos e os elementos refugables de soportes e de periféricos para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Comprobouse que o soporte ou o periférico manteñan a súa funcionalidade.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos dados.

-RA3. Describe os elementos consumibles necesarios para se utilizaren no sistema microinformático e nos seus periféricos, e realiza a súa substitución utilizando guías detalladas.

-CA3.1. Describíronse os tipos de elementos consumibles inherentes aos periféricos existentes nun sistema microinformático, tendo en conta as tecnoloxías.

-CA3.2. Describiuse a normativa existente sobre a reciclaxe e a eliminación de consumibles informáticos, en relación co respecto polo ambiente.

-CA3.3. Interpretáronse os procedementos de substitución de elementos consumibles en impresoras e noutros periféricos, a partir de guías detalladas e documentación subministrada polo fabricante.

-CA3.4. Nun caso práctico en que se dispoña de impresoras, cartuchos de tinta e tóner, formularios de papel, pregos de etiquetas adhesivas, sobres, etc., realizouse a substitución de elementos consumibles seguindo instrucións detalladas:

-Preparouse o elemento consumible como paso previo á substitución.

-Interpretáronse as guías do dispositivo para a alimentación de papel segundo necesidades.

-Substituíronse os elementos consumibles cumprindo as normas de seguridade establecidas.

-Aplicáronse os procedementos de verificación e proba dos periféricos.

-Utilizáronse os medios necesarios para a recuperación e a reciclaxe de materiais consumibles segundo condicionantes ambientais.

-Verificouse que, despois de realizar a substitución do elemento funxible ou consumible, o dispositivo informático mantén a súa funcionalidade.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos dados.

-RA4. Instala sistemas operativos seguindo instrucións especificadas na guía detallada.

-CA4.1. Enumeráronse as necesidades de hardware para a instalación dun sistema operativo.

-CA4.2. Describíronse os pasos que se deben seguir na instalación ou na actualización dun sistema operativo.

-CA4.3. Nun caso práctico en que se dispoña dun equipamento microinformático e do software necesario, realizouse a instalación do sistema operativo segundo instrucións recibidas.

-Verificouse a idoneidade do hardware.

-Seleccionouse o sistema operativo.

-Elaborouse un plan de instalación.

-Configuráronse parámetros básicos da instalación.

-Configurouse o xestor de arranque.

-Describíronse as incidencias da instalación.

-Respectáronse as normas de utilización do software (licenzas).

-Actualizouse o sistema operativo.

-RA5. Identifica os elementos que interveñen na réplica física ou clonación de equipamentos microinformáticos, e aplica procedementos de clonación seguindo guías detalladas.

-CA5.1. Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación de software.

-CA5.2. Describíronse as funcións de replicación física ou clonación de discos e particións en sistemas microinformáticos, tendo en conta as instalacións de software inherentes a cada tipo de usuario.

-CA5.3. Describíronse as utilidades para a creación de imaxes de disco e das súas particións e sinaláronse as restricións da súa aplicación.

-CA5.4. Discrimináronse os medios de almacenaxe de imaxes de disco ou particións de disco, para o transporte e a posterior instalación, segundo guías detalladas.

-CA5.5. Enumeráronse as fases de arranque dun sistema microinformático para verificar a funcionalidade da imaxe instalada, tendo en conta o tipo da clonación realizada.

-CA5.6. Nun caso práctico en que se dispoña dun sistema microinformático, ferramentas para a xestión de réplicas de discos ou particións de discos, e réplicas realizadas previamente en soportes adecuados, aplicouse o procedemento de clonación entre varios equipamentos segundo instrucións recibidas:

-Preparouse o sistema operativo para a creación de imaxes.

-Creáronse imaxes dos sistemas operativos instalados para a súa posterior recuperación ou clonación noutros equipamentos, para o que se interpretou a guía de instrucións.

-Analizouse o equipo de destino (en que se vaia implantar a imaxe) e verificouse que cumpre as condicións.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas para o procedemento de clonación.

-Utilizouse a ferramenta de xestión de imaxes e implantouse.

-Verificouse o resultado obtido no procedemento de clonación.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos dados.

-RA6. Describe e realiza operacións de etiquetaxe, embalaxe, almacenaxe e traslado de equipamentos, periféricos e consumibles, consonte as necesidades e os procedementos establecidos.

-CA6.1. Describíronse as condicións de manipulación, transporte e almacenaxe dos equipamentos e dos compoñentes dun sistema microinformático.

-CA6.2. Identificáronse os tipos de embalaxe de equipos, periféricos e consumibles inherentes a cada dispositivo informático, tendo en conta as normas de calidade e o respecto polo ambiente.

-CA6.3. Recoñecéronse as ferramentas necesarias para realizar tarefas de etiquetaxe e embalaxe de equipos, periféricos e consumibles, e describíronse os seus usos específicos.

-CA6.4. Detalláronse os procedementos necesarios para realizar tarefas de etiquetaxe de equipos, periféricos e consumibles, tendo en conta guías detalladas.

-CA6.5. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, realizouse a embalaxe e o traslado de equipos, periféricos e consumibles, seguindo unhas instrucións dadas:

-Identificáronse as embalaxes axeitadas para cada dispositivo.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas.

-Realizáronse as tarefas previas á embalaxe.

-Etiquetáronse e embaláronse os dispositivos utilizando as ferramentas adecuadas.

-Recolléronse adecuadamente os elementos refugables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Verificouse que a embalaxe e a etiquetaxe cumpran as normas de calidade establecidas ao respecto.

-Rexistráronse as operacións realizadas seguindo os formatos dados.

-CA6.6. Nun suposto práctico, debidamente caracterizado, realizouse a almacenaxe e catalogáronse equipos, periféricos e consumibles, seguindo instrucións recibidas:

-Comprobouse que os compoñentes que se van almacenar se correspondan co albará de entrega e se achen en bo estado.

-Cumpríronse as normas de seguridade establecidas.

-Realizáronse tarefas previas á etiquetaxe e á almacenaxe.

-Etiquetáronse e almacenáronse os dispositivos utilizando as ferramentas axeitadas.

-Clasificáronse e etiquetáronse os compoñentes de maneira que queden perfectamente catalogados.

-Recolléronse os elementos refugables para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-Verificouse que a etiquetaxe cumpra as normas de calidade establecidas ao respecto.

-Rexistráronse as operacións realizadas respectando os formatos dados.

2.2. Contidos básicos.

Técnicas auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos:

-Mantemento de sistemas informáticos. Importancia. Niveis de mantemento.

-Mantemento preventivo.

-Descrición e clasificación de técnicas auxiliares de mantemento de sistemas microinformáticos.

Ferramentas de verificación e diagnóstico de sistemas microinformáticos:

-Procedementos de POST (power-on self test).

-Ferramentas de diagnósticos de sistemas informáticos.

-Ferramentas de comprobación e optimización de soportes de información.

Mantemento de equipamentos informáticos:

-Ferramentas de software para o mantemento preventivo.

-Mantemento periódico de unidades de almacenaxe.

-Mantemento dos soportes de información.

-Técnicas de limpeza de soportes e periféricos.

-Fallos comúns.

Elementos consumibles de sistemas microinformáticos:

-Tipos e características.

-Medidas de conservación e reciclaxe de elementos consumibles.

-Procedementos de substitución de elementos consumibles.

-Seguridade en procedementos de manipulación e substitución de elementos consumibles.

Instalación de sistemas operativos libres e propietarios:

-Requisitos técnicos do sistema operativo.

-Arranque de equipos desde distintos soportes e con diversas aplicacións.

-Instalación de sistemas operativos.

-Xestores de arranque.

-Tipos de instalación: típica e personalizada.

-Controladores de dispositivos.

-Parámetros básicos da instalación.

-Actualización de sistemas operativos e instalación de software base.

Métodos de replicación física de particións e discos ríxidos en equipos microinformáticos:

-Funcionalidade e obxectivos do proceso de replicación.

-Seguridade e prevención no proceso de replicación.

-Particións de discos: tipos de particións e ferramentas de xestión.

-Ferramentas de creación e implantación de imaxes e réplicas de sistemas. Orixes de información. Procedementos de implantación de imaxes e réplicas de sistemas. Procedementos de verificación de imaxes e réplicas de sistemas.

Técnicas de etiquetaxe, embalaxe, almacenaxe e traslado de equipamentos e compoñentes informáticos:

-Procedementos de etiquetaxe.

-Ferramentas e accesorios de etiquetaxe.

-Conservación e bo funcionamento das ferramentas de etiquetaxe.

-Software de etiquetaxe.

-Etiquetaxe de compoñentes dun sistema microinformático.

-Etiquetaxe de consumibles: técnicas de prensaxe de soportes CD e DVD; multimedia e uso de aplicadores de prensaxe.

-Embalaxe de compoñentes internos dun sistema microinformático.

-Embalaxe de periféricos.

-Normas de almacenaxe, catalogación e conservación de compoñentes e periféricos dun sistema microinformático.

-Precaucións que hai que ter en conta no traslado de sistemas microinformáticos.

Tratamento de residuos informáticos:

-Concepto, finalidade e métodos de tratamento de residuos informáticos.

-Tratamento, eliminación e aproveitamento de residuos informáticos.

-Lugares de reciclaxe e eliminación de residuos informáticos.

2.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar o mantemento de sistemas microinformáticos.

A definición desta función inclúe aspectos como:

-Manipulación dos elementos que forman o compoñente físico dos equipamentos microinformáticos.

-Revisión e monitorización de equipos.

-Diagnóstico e resolución de avarías.

-Ampliación e substitución de compoñentes en equipos.

-Posta en marcha e mantemento de periféricos.

-Ampliación e substitución de compoñentes en equipos.

-Verificación da operatividade do equipo informático.

-Preparación dos equipos para a súa almacenaxe ou o seu traslado.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

-Identificación dos elementos que forman o compoñente físico dos equipos informáticos.

-Diagnóstico de equipos con problemas ou avariados.

-Montaxe e desmontaxe de compoñentes mecánicos en periféricos comúns.

-Elaboración e interpretación de inventarios, orzamentos e partes de montaxe e reparación.

3. Módulo específico: tecnoloxías da información e da comunicación.

-Código: ME0010.

-Duración: 163 horas.

3.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Describe e manexa as utilidades básicas do sistema operativo para o uso do equipamento informático, seguindo o procedemento establecido.

-CA1.1. Explicáronse as funcións do sistema operativo en relación cos elementos do sistema informático.

-CA1.2. Distinguíronse e utilizáronse os elementos da interface de usuario achegada polo sistema operativo para se mover dentro do equipo informático e preparar un contorno de traballo.

-CA1.3. Identificáronse as ferramentas e as funcionalidades achegadas polo sistema operativo para o manexo do sistema de ficheiros, para o que se diferenciaron cartafoles e unidades locais e remotas.

-CA1.4. Describíronse as características das aplicacións achegadas polo sistema operativo para o manexo dos periféricos conectados ao equipamento informático.

-CA1.5. Describíronse as ferramentas e os servizos achegados polo sistema operativo para compartir recursos e acceder a eles, dentro dunha rede local, en relación co sistema de ficheiros.

-CA1.6. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, manexouse o sistema operativo dun equipo informático persoal debidamente instalado e configurado, segundo instrucións recibidas:

-Identificáronse os seus elementos físicos funcionais.

-Arrancouse o equipo e verificouse visualmente que a carga do sistema se realice sen erros.

-Utilizouse a interface gráfica de usuario por medio dos dispositivos apuntadores e do teclado, e executáronse aplicacións no sistema informático persoal.

-Personalizouse o escritorio e outros aspectos da interface gráfica.

-Exploráronse as informacións contidas en soportes de almacenaxe como CD, DVD, memorias extraíbles, memorias USB, etc.

-Operouse con cartafoles e ficheiros utilizando a ferramenta para o manexo do sistema de ficheiros achegada polo sistema operativo.

-Capturouse información a través do escáner e almacenouse para o seu uso posterior, utilizando as ferramentas achegadas polo sistema operativo.

-Realizouse a impresión local de información previamente almacenada utilizando as ferramentas achegadas polo sistema operativo.

-Aplicáronse os procedementos de apagado controlado do equipo informático persoal.

-CA1.7. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, accedeuse a recursos compartidos e intercambiouse información entre varios equipos, utilizando os servizos da rede local e seguindo unhas instrucións dadas.

-Extraeuse a información dunha unidade externa do tipo CD-ROM, DVD, memoria USB, etc.

-Accedeuse a cartafoles e ficheiros para obter información doutros equipamentos.

-Imprimíronse documentos por outras impresoras da rede.

-Manexáronse cartafoles e ficheiros utilizando os recursos compartidos da rede local.

-RA2. Identifica os dispositivos multimedia e obtén información deles utilizando aplicacións multimedia, seguindo unhas instrucións recibidas.

-CA2.1. Identificáronse os dispositivos multimedia e as súas conexións ao equipamento informático, para os utilizar con aplicacións multimedia, e conectáronse aos portos correspondentes.

-CA2.2. Identificáronse os tipos de formatos de compresión usados para rexistrar as informacións multimedia, en relación cos seus usos e coas aplicacións que os utilizan.

-CA2.3. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, obtívose información multimedia utilizando as aplicacións multimedia, consonte instrucións dadas:

-Conectáronse os dispositivos nos portos especificados.

-Identificouse e utilizouse o software multimedia acaído para cada dispositivo.

-Obtivéronse imaxes no formato especificado e almacenáronse no lugar indicado.

-Obtívose música no formato especificado e almacenouse no lugar indicado.

-Capturáronse vídeos no formato especificado e almacenáronse no lugar indicado.

-RA3. Describe e utiliza as funcións principais dun procesador de textos e realiza documentos simples e elementais, seguindo instrucións recibidas.

-CA3.1. Explicáronse as funcións e as características dun procesador de textos en relación cos tipos de documentos que se vaian elaborar.

-CA3.2. Describíronse os procedementos de creación, modificación e manipulación de documentos utilizando as ferramentas do procesador de textos.

-CA3.3. Identificáronse os formatos que se lle poden aplicar ao texto contido nos documentos para mellorar a súa presentación, tendo en conta os estilos que se apliquen: negra, cursiva, subliñado, tamaño e tipo de fontes, numeración e viñetas, tabulacións e aliñamento de parágrafos, etc.

-CA3.4. Describíronse as funcións utilizadas para inserir imaxes e obxectos gráficos nos documentos, tendo en conta o tipo de obxecto.

-CA3.5. Identificáronse as funcións utilizadas para engadir encabezamentos e pés de páxina nos documentos, seguindo instrucións de estilo recibidas.

-CA3.6. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, creáronse documentos para presentar información utilizando un procesador de textos, seguindo uns formatos especificados:

-Seleccionáronse os formatos e aplicáronselles a textos e a bloques de texto.

-Inseríronse imaxes e obxectos predeseñados achegados polo procesador de textos, e aplicáronselles formatos.

-Inseríronse encabezamentos e pés de páxina aos documentos engadindo autotextos e aplicando formatos.

-Pasouse o corrector ortográfico.

-Gardáronse e imprimíronse os documentos.

-RA4. Describe a funcionalidade doutras aplicacións ofimáticas ou utilízaas para o tratamento e a presentación de información, para o que utiliza deseños xa definidos e segue instrucións recibidas.

-CA4.1. Explicáronse as características e o uso das aplicacións ofimáticas de folla de cálculo, base de datos e presentación de documentos en diapositivas, en relación coas do tratamento de texto.

-CA4.2. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, en que se conte cunha folla de cálculo xa deseñada, realizáronse as seguintes operacións consonte instrucións recibidas:

-Abriuse e pechouse a folla de cálculo.

-Introducíronse datos nas celas e aplicáronse formulas sinxelas.

-Aplicáronselles formatos ás celas e aos datos.

-Gardáronse os cambios realizados.

-Imprimíronse as follas de cálculo.

-CA4.3. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, en que se conte cunha base de datos deseñada e coas súas táboas, as súas relacións, os seus formularios e os seus informes creados, realizáronse as seguintes operacións consonte instrucións recibidas:

-Abriuse e pechouse a base de datos.

-Visualizáronse e introducíronse datos a través dos formularios xa creados.

-Gardáronse os cambios realizados.

-Imprimíronse os datos utilizando os informes xa creados.

-CA4.4. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, en que se conte cunha presentación xa deseñada, realizáronse as seguintes operacións consonte instrucións recibidas:

-Abriuse e pechouse a presentación xa creada.

-Presentáronse as diapositivas.

-Imprimíronse as diapositivas.

-RA5. Describe e manexa as utilidades que proporciona a internet para realizar procuras na rede interna e na externa, seguindo instrucións recibidas.

-CA5.1. Explicáronse as características e as funcións da internet e dunha intranet corporativa en relación co tipo de información que se vaia procurar.

-CA5.2. Enumeráronse e enunciáronse as características dunha páxina web e das posibilidades de navegación entre páxinas, e diferenciouse entre páxinas seguras e non seguras.

-CA5.3. Recoñecéronse as ferramentas utilizadas para navegar pola rede, para procurar información e para engadir criterios de procura.

-CA5.4. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, navegouse pola internet para procurar información, consonte instrucións recibidas:

-Abriuse o navegador e utilizouse para acceder a páxinas e ás súas ligazóns.

-Utilizouse un buscador e localizouse información segundo os criterios de procura indicados.

-Personalizouse o navegador utilizando as utilidades da ferramenta (páxina de inicio, cores das ligazóns, tamaño de fonte, etc.).

-Descargouse información e almacenouse nos lugares indicados.

-Identificáronse os medios e os procedementos de seguridade durante o acceso a páxinas web para evitar a instalación non desexada de software e outras ameazas (cadeado, https, etc.).

-Utilizáronse certificados ou sinaturas dixitais para navegar por organismos ou institucións.

-Engadíronse á listaxe de favoritos as páxinas máis visitadas.

-Utilizáronse as funcións do navegador para acceder ao historial de páxinas visitadas.

-RA6. Describe e manexa as utilidades que ofrecen a internet e a intranet corporativa para o intercambio de información entre usuarios, seguindo instrucións recibidas.

-CA6.1. Explicouse a funcionalidade que ofrecen as ferramentas de correo para o intercambio de información, e sinaláronse as súas posibilidades para organizar o traballo e para realizar o seguimento de tarefas.

-CA6.2. Describíronse as características dos foros de noticias e dos blogs, entre outros, así como das ferramentas que se utilizan, para realizar consultas e deixar opinións sobre temas concretos.

-CA6.3. Identificouse e distinguiuse a funcionalidade que ofrecen as ferramentas de mensaxaría instantánea e videoconferencia para establecer conversas e aclarar instrucións, cando non sexa posible o contacto directo.

-CA6.4. Recoñecéronse as funcionalidades que ofrecen as plataformas virtuais de formación (teleformación) para as usar como medio para a aprendizaxe continua.

-CA6.5. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, utilizouse un servizo de correo para enviar e recibir mensaxes, consonte instrucións recibidas:

-Creouse unha conta de correo a través dun servidor web que achegue o servizo.

-Creouse unha nova mensaxe e engadíronselle destinatarios e asunto, utilizando as funcións de formato, e posteriormente enviouse.

-Comprobouse a bandexa de entrada da ferramenta de correo e abríronse as novas mensaxes.

-Xuntáronse ficheiros nos envíos de correos.

-Traballouse co caderno de enderezos.

-Organizáronse os cartafoles do correo.

-CA6.6. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, utilizáronse servizos de mensaxaría instantánea e videoconferencia para intercambiar información, consonte instrucións recibidas:

-Accedeuse ao servizo de mensaxaría instantánea e videoconferencia.

-Habilitáronse conversas instantáneas privadas, e permitíuselles ou denegóuselles a outras persoas o acceso ás conversas.

-Establecéronse videoconferencias cunha persoa usuaria ou con varias, utilizando os programas e os medios indicados.

-Utilizáronse os elementos que achegan as ferramentas de mensaxaría: encerados, escritorios compartidos, transferencia de ficheiros, etc.

-CA6.7. Nun caso práctico, debidamente caracterizado, utilizáronse plataformas virtuais de formación segundo uns criterios especificados e consonte instrucións recibidas:

-Accedeuse á plataforma virtual.

-Navegouse polos contidos que ofrece a plataforma virtual.

-Utilizáronse as ferramentas de comunicación que achega a plataforma (correo, foro e mensaxaría) para intercambiar mensaxes e traballos coa persoa responsable da titoría e outras persoas usuarias.

3.2. Contidos básicos.

Sistema operativo no uso básico das TIC:

-Características.

-Interface gráfica de usuario: o escritorio.

-Xestión de ficheiros e cartafoles: exploración nun sistema operativo, e funcións básicas de exploración e procura.

-Utilización de periféricos.

Redes de área local no uso básico das TIC:

-Usos e características.

-Acceso a recursos compartidos.

-Redes sen fíos.

-Dispositivos con conexión sen fíos á rede e ao equipo.

Contornos multimedia no uso básico das TIC:

-Dispositivos e aplicacións multimedia.

-Formatos multimedia.

-Procedementos de intercambio de información multimedia entre equipos e dispositivos.

Procesador de textos no uso básico das TIC:

-Estrutura e funcións dun procesador de textos.

-Aplicación de formato a documentos.

-Inserción de obxectos en documentos.

-Configuración de páxina.

-Corrector ortográfico.

Outras aplicacións ofimáticas no uso básico das TIC:

-Aplicacións ofimáticas de folla de cálculo, base de datos e presentacións.

-Funcionalidades e usos.

A internet no uso básico das TIC:

-Características e usos.

-Documentos web.

-Navegación pola web: navegadores web, configuración do navegador, descrición e funcionamento do navegador.

-Clientes web: características e usos.

-Buscadores: características e usos.

-Uso de certificados e sinaturas dixitais.

-Protección do sistema operativo e aplicacións fronte a ataques mal intencionados procedentes da internet: fishing, malware, spyware, etc.

Outros servizos da internet no uso básico das TIC:

-Correo electrónico: funcionalidades e tipos.

-Mensaxaría instantánea: tipos e características.

-Videoconferencia: características.

-Foros: tipos e características.

-Ferramentas e usos dos servizos da internet.

-Outros servizos da internet.

-Aplicacións de teleaprendizaxe (e-learning): características e usos.

3.3. Orientacións pedagóxicas.

Este módulo específico contén a formación necesaria para desempeñar a función de realizar operacións auxiliares con tecnoloxías da información e da comunicación.

A definición desta función abrangue aspectos como:

-Utilización dos recursos compartidos do sistema operativo.

-Elaboración de documentos cun procesador de textos.

-Procura de información na intranet e na internet.

-Manexo do correo electrónico e de servizos de mensaxaría instantánea e videoconferencia.

As liñas de actuación no proceso de ensino e aprendizaxe que permiten alcanzar os obxectivos do módulo deben versar sobre:

-Utilización básica do sistema operativo.

-Asistencia básica no uso de aplicacións informáticas.

4. Módulo específico: formación en centros de traballo.

-Código: ME0011.

-Duración: 160 horas.

4.1. Resultados da aprendizaxe e criterios de avaliación.

-RA1. Recoñece a estrutura xerárquica da empresa e identifica as funcións asignadas a cada nivel e a súa relación co desenvolvemento da actividade.

-CA1.1. Identificouse a estrutura organizativa da empresa e as funcións de cada área.

-CA1.2. Identificáronse os procedementos de traballo no desenvolvemento do proceso produtivo.

-CA1.3. Relacionáronse as competencias dos recursos humanos co desenvolvemento da actividade produtiva.

-CA1.4. Identificouse a importancia de cada elemento da rede no desenvolvemento da actividade da empresa.

-CA1.5. Relacionáronse as vantaxes e os inconvenientes da estrutura da empresa fronte a outro tipo de organizacións empresariais.

-CA1.6. Analizouse o tecido empresarial do sector en función da prestación que ofrece.

-CA1.7. Recoñecéronse as empresas tipo e indicouse a estrutura organizativa e as funcións de cada departamento.

-RA2. Aplica hábitos éticos e laborais no desenvolvemento da súa actividade profesional consonte as características da tarefa asignada e segundo os procedementos establecidos da empresa.

-CA2.1. Recoñeceuse e xustificouse:

-Disposición persoal e temporal que necesita o posto de traballo.

-Actitudes persoais (puntualidade, empatía, etc.) e profesionais (orde, limpeza e seguridade necesarias para o posto de traballo, responsabilidade, etc.).

-Requisitos actitudinais ante a prevención de riscos na actividade profesional e as medidas de protección persoal.

-Requisitos actitudinais referidos á calidade na actividade profesional.

-Actitudes relacionadas co propio equipo de traballo e coa estrutura xerárquica establecida na empresa.

-CA2.2. Identificáronse as normas de prevención de riscos laborais que cumpra aplicar na actividade profesional e os aspectos fundamentais da Lei de prevención de riscos laborais.

-CA2.3. Aplicáronse os equipamentos de protección individual segundo os riscos da actividade profesional e as normas da empresa.

-CA2.4. Mantívose unha actitude clara de respecto polo ambiente nas actividades desenvolvidas e aplicáronse as normas internas e externas vinculadas.

-CA2.5. Mantivéronse organizados, limpos e libres de obstáculos o posto de traballo e a área correspondente ao desenvolvemento da actividade.

-CA2.6. Interpretáronse e cumpríronse as instrucións recibidas e responsabilizouse do traballo asignado.

-CA2.7. Estableceuse unha comunicación e unha relación eficaces coa persoa responsable en cada situación e cos membros do seu equipo, e mantívose un trato fluído e correcto.

-CA2.8. Valorouse a importancia da súa actividade e a adaptación aos cambios de tarefas asignados no desenvolvemento dos procesos produtivos da empresa, integrándose nas novas funcións.

-CA2.9. Comprometeuse responsablemente na aplicación das normas e os procedementos no desenvolvemento de calquera actividade ou tarefa.

-RA3. Realiza operacións auxiliares na montaxe de equipamentos informáticos, seguindo os procesos do sistema de calidade establecido na empresa e os correspondentes protocolos de seguridade.

-CA3.1. Interpretouse a documentación técnica.

-CA3.2. Localizáronse, fixáronse e conectáronse os elementos e os accesorios dos equipamentos.

-CA3.3. Verificouse a carga do software de base.

-CA3.4. Instaláronse periféricos.

-CA3.5. Verificouse o seu funcionamento.

-CA3.6. Operouse con equipamentos e ferramentas seguindo criterios de calidade.

-CA3.7. Traballouse en grupo e amosouse iniciativa e interese.

-RA4. Realiza operacións de mantemento de equipamentos informáticos, seguindo indicacións e atendendo ás normas de seguridade establecidas.

-CA4.1. Aplicáronse os procedementos de comprobación de soportes utilizando ferramentas específicas, e rexistráronse os resultados e as incidencias producidas.

-CA4.2. Utilizáronse as ferramentas e os dispositivos necesarios no procedemento de limpeza de soportes e de periféricos.

-CA4.3. Comprobouse que o soporte ou o periférico manteñan a súa funcionalidade.

-CA4.4. Aplicáronse os procedementos de verificación e proba dos periféricos.

-CA4.5. Recolléronse os residuos e os elementos refugables de soportes e de periféricos para a súa eliminación ou a súa reciclaxe.

-CA4.6. Creáronse imaxes dos sistemas operativos instalados para a súa posterior recuperación ou clonación noutros equipamentos, para o que se interpretou a guía de instrucións.

-RA5. Participa en tarefas que impliquen o manexo de aplicacións ofimáticas e multimedia, así como o compartimento e a procura de información nunha intranet e na internet, seguindo instrucións recibidas.

-CA5.1. Manexouse o sistema operativo dun equipamento informático persoal debidamente instalado e configurado, segundo instrucións recibidas.

-CA5.2. Accedeuse a recursos compartidos e intercambiouse información entre varios equipamentos, utilizando os servizos da rede local.

-CA5.3. Obtivéronse imaxes, música e vídeo no formato especificado, e almacenáronse no lugar indicado.

-CA5.4. Creáronse documentos para presentar información utilizando un procesador de textos, atendendo a uns formatos especificados.

-CA5.5. Navegouse pola internet para procurar información.

-CA5.6. Utilizouse un servizo de correo para enviar e recibir mensaxes.

Ver referencia pdf "14900D002P013.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA