DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2008 Páx. 14.383

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2008 pola que se convoca un curso de especialización contra incendios I.

Dentro do programa de actividades que a Academia Galega de Seguridade Pública ten previsto realizar no ano 2008, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, de creación da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso de especialización contra incendios I, que se desenvolverá en colaboración co Centro de Instrución de Seguridade Interior da Armada, conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

Con este curso preténdese conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil adquiran unha preparación especializada na loita contra os incendios, que facilite a formación de seccións que poidan actuar con garantía e seguridade nas tarefas que teñan encomendadas, dentro dos servizos de emerxencias e protección civil.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil, que realizasen o curso básico de protección civil e o curso de segundo nivel de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, e teñan experiencia no traballo de loita contra incendios.

Desenvolvemento.

1. Prazas: 20.

2. Duración e data: o curso terá lugar do 29 de setembro ao 3 de outubro de 2008, ambos inclusive, das 8.30 ás 14.00 horas e cunha duración de 25 horas lectivas.

3. Lugar: Centro de Instrución de Seguridade Interior da Armada; a avda. das Telleiras s/n, Ferrol (A Coruña).

Solicitudes e prazo de inscrición.

1. A inscrición dos/das participantes é gratuíta.

2. As persoas interesadas poderán cubrir a solicitude que se amosa na páxina web http://agasp.xunta.es, ou o modelo anexo á convocatoria da actividade.

3. As solicitudes deberán estar asinadas pola persoa responsable da correspondente unidade e co selo desta. Estes requisitos serán indispensables para ser admitidos no curso.

4. Presentación das solicitudes.

-Por correo á sede da Academia Galega de Seguridade Pública: avenida da Cultura, s/n 36680, A Estrada.

-A través do fax nº 886 20 61 23 do Servizo de Formación-Sección de Protección Civil e Bombeiros da Agasp.

-Segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

5. O prazo para a presentación de solicitudes rematará o día 5 de setembro de 2008.

6. Os/as seleccionados/as deberán presentar, antes do inicio do curso, un certificado médico de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das prácticas con lume real.

Contido.

O contido do curso de especialización contra incendios divídese en dúas partes:

Teórica:

-Extintores portátiles de auga, CO2 e po seco. Incendios de grandes proporcións. Efecto BLEVE. Lume a distinto nivel.

-Cámara termovisualizadora ARGUS. Materiais e equipos empregados na extinción con auga.

-Escumas extintoras. Clasificación e utilización.

-Equipos detectores de gases. Explosímetro, Combiwarn C. Multiwarn.

Práctica:

-Movemento básico de mangueiras. Técnicas de aproximación e extinción do lume. Lume exterior.

-Extinción de incendios con extintores portátiles.

-Extinción de incendios en exteriores con repartidores de caudal variable, conos ocos e cheos.

-Equipos xeradores de escumas.

-Extinción de lumes con escumas.

-Risco durante os incendios. Precaucións de seguridade. Adestrador CI. Extinción de incendios combinados en adestrador de CI.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos/as farase pública o día 20 de setembro de 2008 na páxina web: http://agasp.xunta.es.

Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade en todas as actividades do curso. A falta de asistencia, mesmo cando sexa xustificada, en máis dun 10% das horas lectivas programadas determinará a cualificación de non apto no curso.

Certificado de aproveitamento.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada e superen as correspondentes probas de coñecementos.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 15 de xullo de 2008.

P.S. (Disposición primeira Orde 31-1-2008,

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior

Ver referencia pdf "14400D009P039.PDF"