DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2008 Páx. 14.355

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2008, da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, pola que se fai pública a concesión de axudas aos concellos para a prestación do servizo de radiodifusión municipal (FM) (modalidade A) para o ano 2008.

Esta dirección xeral resolveu a publicación da relación de axudas que se especifican no anexo, concedidas no ano 2008 ao abeiro da Resolución do 21 de febreiro de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación (DOG nº 42, do 28 de febreiro), pola que se convocan, para o ano 2008, subvencións aos concellos para a prestación do servizo de radiodifusión municipal (FM) e para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia (modalidade A), que se financiarán con cargo á aplicación 04.31.461 A.760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2008.

Acórdase pola súa vez a ampliación do prazo de xustificación, que terá como data límite o 15 de setembro de 2008.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2008.

Manuel José Fernández Iglesias

Director xeral de Comunicación Audiovisual

Ver referencia pdf "14400D001P006.PDF"