DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 28 de xullo de 2008 Páx. 14.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2008, da Secretaría Xeral de Relacións Institucionais, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2008.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, recollidos no artigo 4.1º c) da Lei de contratos do sector público, subscritos pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2008 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2008.

Xoán Antón Pérez-Lema López

Secretario xeral de Relacións Institucionais

Ver referencia pdf "14400D001P006.PDF"