DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2008 Páx. 13.980

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia número (4682-2008).

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 24 de xuño actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 4682-2008, promovido pola Xunta de Galicia en relación coa Orde TAS/421/2008, do 19 de febreiro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións da Secretaría de Estado dos Servizos Sociais, Familias e Discapacidade, e de conformidade co disposto no artigo 10.2º LOTC na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuír á Sala Segunda, á cal por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, o vinte e catro de xuño de dous mil oito. A secretaria de Xustiza do Pleno. Herminia Palencia Guerra. Asinado e rubricado.

O secretario xeral

Rubricado