DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 22 de xullo de 2008 Páx. 13.979

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 8 de xaneiro de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lle dá publicidade á instrución técnica de residuos ITR/01/08, do 8 de xaneiro de 2008, desta dirección xeral, referente á elaboración de solos (tecnosolos) derivados de residuos.

Advertidos erros no texto da resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 18, do 25 de xaneiro de 2008, é necesario publicar a corrección seguinte:

-Na páxina 1.501, a letra a) do número 3.1, debe dicir: «a) Subministrar información básica sobre o residuo (tipo e orixe, composición, grao de homoxeneidade, pH, condutividade eléctrica, granulometría, carbono total, nitróxeno total, fósforo total, potasio total, calcio total, magnesio total, hidrocarburos totais e, se é necesario, outras propiedades características)».

-Na páxina 1.504, na táboa 2, onde di: «Hg 0,5», debe dicir: «Hg 1».

- Na páxina 1.504, na táboa 4, onde di: «Hidrocarburos totais de petróleo 50», debe dicir: «Hidrocarburos totais de petróleo 500».

-Na páxina 1.506, na táboa correspondente do anexo I, despois do “Código LER 010308 1, 4 Residuos de po.... substancias perigosas”, debe dicir: “0104 Residuos da transformación física e química de minerais non metálicos”.

-Na páxina 1.507, o código LER 020501 do anexo I, debe dicir: «020501 2, 5».

-Na páxina 1.507, na táboa do anexo I, despois do código LER «030310 1 Refugallos de fibras.......por separación mecánica», debe engadirse o código LER: «030311 1, 4 Lodos de tratamento in situ de efluentes distintos dos especificados no código 030310 e que non conteñan substancias perigosas».

-Na páxina 1.507, na táboa do anexo I, despois do código LER «040210 Materia orgánica... cera», debe engadirse o código LER: «040220 1, 4 Lodos do tratamento in situ de efluentes distintos dos especificados no código 040219 e que non conteñan substancias perigosas».

-Na páxina 1.509, na táboa do anexo I, despois do código LER «19 Residuos das instalacións.... para uso industrial», debe dicir: «1905 Residuos do tratamento aeróbico de residuos sólidos...».

-Na páxina 1.509, na táboa do anexo I, despois do código LER «1908 Residuos de plantas ... noutra categoría», debe dicir: «190802 1, 2, 5 Residuos de desareamento....».

-Na páxina 1.509, no código LER 190812 do anexo I, onde di: «190812 1, 4, 5....», debe dicir: «190812 1, 2 ,4, 5....».

-Na páxina 1.509, no código LER 190814 do anexo I, onde di: «190814 1, 4, 5...», debe dicir: «190814 1, 2, 4, 5...».

-Na páxina 1.509, a norma 2 do anexo I, debe dicir: «Norma 2. Residuos admisibles sempre que se cumpran os requisitos previstos na normativa de aplicación, en particular o Regulamento (CE) 1774/2002, polo que se establecen as normas sanitarias...».

-Na páxina 1.510, no número 4 do anexo II, onde di: «UNE-EN-ISO: Salmonella», debe dicir: «UNE-EN-ISO-6579: Salmonella».

-Na páxina 1.511, o punto c.3 do anexo III, debe dicir: «c.3. Declaración do propietario de asumir o control e manter o uso definido durante o tempo mínimo de seguridade (5 anos)».