DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 18 de xullo de 2008 Páx. 13.822

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

DECRETO 145/2008, do 17 de xullo, polo que se ditan normas relativas ao funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais derivadas da entrada en vigor da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais.

A Lei 5/2008, do 23 de maio, polo que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais configura a este, como un ente de diálogo institucional entre sindicatos e asociacións empresariais e como órgano consultivo e asesor da comunidade autónoma nas materias relativas á súa política laboral, que conta con personalidade xurídica e patrimonio de seu e actúa con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins. O Consello Galego de Relacións Laborais está adscrito organicamente á consellería competente en materia de traballo.

A entrada en vigor da citada lei e a modificación da natureza xurídica do Consello Galego de Relacións Laborais, ao que se dota de personalidade xurídica propia, fan necesario adoptar certas previsións en relación ao persoal ao servizo do consello e en relación a xestión administrativa e económica que ata agora viña desempeñando a Consellería de Traballo, todo iso co fin de facer fronte ao cumprimento das funcións que o novo ente ten encomendadas e garantir os dereitos do seu persoal.

En consecuencia, por proposta do conselleiro de Traballo, logo do informe das consellerías de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O persoal do Consello Galego de Relacións Laborais está constituído por:

a) O persoal laboral procedente do Consello Galego de Relacións Laborais respecto do que o novo ente subrogase na posición de empregadora.

b) O persoal funcionario do Consello Galego de Relacións Laborais que quede adscrito ao novo ente, sen alteración da súa situación administrativa.

c) Calquera outro persoal funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia que se adscriba ao novo Consello Galego de Relacións Laborais a través dos sistema de provisión de postos de traballo previstos na normativa vixente, sen alteración da súa situación administrativa.

2. Mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia, e por proposta da consellería competente en materia de relacións laborais, determinaranse os postos a que se refiren as alíneas a) e b) do punto anterior.

Artigo 2º

O Consello Galego de Relacións Laborais, con efectos da entrada en vigor deste decreto, subrogarase automaticamente na xestión de todos os expedientes administrativos e económicos que viñan tramitándose pola Consellería de Traballo no ámbito das competencias materiais asumidas polo Consello Galego de Relacións Laborais.

Os expedientes relativos á nómina do persoal ao servicio do Consello Galego de Relacións Laborais serán xestionados polo citado ente a partires do 1 de agosto de 2008.

Para os efectos do cumprimento do previsto nos apartados anteriores transferiranse ao Consello Galego de Relacións Laborais os créditos que se relacionan no anexo I.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Traballo no ámbito das súas competencias para ditar e realizar todas as disposicións e actuacións necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste decreto

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

Ver referencia pdf "13900D003P014.PDF"

c) SUBSTITUCIÓNS PRESIDENCIA