DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2008 Páx. 13.720

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 10 de xullo de 2008 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da do 31 de xaneiro pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural.

O día 11 de febreiro de 2008 a Consellería do Medio Rural publicou a orde do 31 de xaneiro de 2008 (DOG nº 29, do 11 de febreiro) pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural.

No seu artigo 14 precísanse as aplicacións orzamentarias e o importe económico previsto para o financiamento das ditas axudas e sinálase que as dotacións iniciais se poderán incrementar, se for procedente, con fondos propios, do Estado ou comunitarios.

Coa finalidade de poder amparar todas as solicitudes de axudas á silvicultura en bosques no medio rural, no marco das axudas ao desenvolvemento rural en Galicia, e pois que a dotación inicial resulta insuficiente, aprobáronse os correspondentes expedientes de xeración e ampliación de crédito, polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas axudas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1º.3 do Estatuto de autonomía de Galicia, e conforme o disposto no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. A dotación orzamentaria prevista no artigo 14 da Orde do 31 de xaneiro de 2008, pola que se establecen as bases e se convocan para o 2008 as axudas á silvicultura en bosques no medio rural (DOG nº 29, do 11 de febreiro), amplíase con fondos Feader, con cargo ás dispoñibilidades orzamentarias existentes na aplicación 11.06.713B.770.0 no ano 2008 polo importe de 3.758.726,06 € e no ano 2009 polo importe de 2.000.000 €, dotación que poderá ser incrementada con fondos comunitarios, do Estado ou da comunidade autónoma.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposicións adicionais

Primeira.-A ampliación do crédito prevista no artigo único desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na devandita orde do 31 de xaneiro de 2008.

Segunda.-De conformidade co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, a Consellería do Medio Rural publicará na súa páxina web oficial as concesións das axudas reguladas nesta orde, polo que a presentación da solicitude leva implícita autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural