DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2008 Páx. 13.718

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 24 de xuño de 2008 pola que se crean ficheiros de datos de carácter persoal en materia de solidariedade e participación na Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.

A Constitución española, no seu artigo 18.4º, dispón que a lei limitará o uso da informática para garantir a honra e intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos.

Neste sentido, a Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, e o Real decreto 1720/2007, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, regulan o tratamento de datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, así como toda modalidade de uso posterior deles polos sectores público e privado. Neste marco a finalidade desta regulación é garantir e protexer os dereitos fundamentais e liberdades públicas das persoas físicas, e especialmente a súa honra e intimidade, tanto persoal como familiar.

O artigo 20.1º da devandita lei e o artigo 52 do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da citada lei, establecen que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderá facer por medio de disposición xeral publicada no BOE ou diario oficial correspondente.

En virtude do exposto, e facendo uso das facultades que me confire o artigo 34.6º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Lei 2/2007, do 28 de marzo, e a Lei 12/2007, do 27 de xullo,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Mediante esta orde da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia créanse os ficheiros automatizados de carácter persoal que se especifican no anexo.

Artigo 2º.-Contido.

A información exixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, para as disposicións de creación de ficheiros está contida no anexo desta orde en cada un dos ficheiros creados.

Artigo 3º.-Finalidade e uso dos ficheiros.

Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros automatizados de datos, creados por esta orde, só serán utilizados para os fins expresamente previstos nos anexos e por persoal debidamente autorizado.

Artigo 4º.-Cesión de datos.

Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos na lei.

Artigo 5º.-Responsable do ficheiro.

Serán responsables da seguridade dos ficheiros os órganos que, en cada caso, figuran no anexo e ante os cales se exercerán os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición.

Artigo 6º.-Nivel de protección e medidas de seguridade.

O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a súa confidencialidade, e os dereitos e obrigas recoñecidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

Ficheiro: Conversascon.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

A finalidade do ficheiro é o rexistro de persoas participantes no ciclo de conferencias Conversascon.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Entidades de acción voluntaria, empresas e outras administracións públicas e particulares en xeral.

c) Procedemento de recollida de datos.

Formularios en papel presentados polos interesados, solicitudes telefónicas e a través doutros medios telemáticos.

d) Tipo de datos que inclúe.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo postal, correo electrónico e teléfono/teléfono móbil do participante.

e) Cesións previstas.

Non se prevén cesións.

f) Órgano da Administración responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que constan no rexistro: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade; edificio administrativo San Caetano, bloque III-1º, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.

Ficheiro: Programa de formación.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

A finalidade do ficheiro é o rexistro de persoas participantes nas accións formativas da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, tanto presenciais como en liña.

b) Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal.

Persoas que acceden ou poden ter acceso ao programa de formación da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

c) Procedemento de recollida de datos.

A través da páxina web e, no seu defecto, por medio do teléfono solidario.

d) Tipo de datos que inclúe.

-Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo, poboación, código postal, provincia, teléfono, correo electrónico.

-Áreas en que se colabora: voluntariado de inclusión social, voluntariado e autonomía persoal, voluntariado e infancia, voluntariado e cooperación, voluntariado ambiental e voluntariado cívico.

-Outros datos: titulación e profesión.

e) Cesións previstas.

Outras administracións públicas.

f) Órgano da Administración responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición que constan no rexistro: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade; edificio administrativo San Caetano, bloque III-1º, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.

Ficheiro: Teléfono solidario/teléfono en defensa do monte galego 900 400 800.

a) Finalidade do ficheiro e uso previsto.

Elemento centralizador das consultas, solicitudes de información, información actualizada sobre infraestruturas, organismos, cursos de formación e calquera outra actividade en materia de voluntariado.

b) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos de carácter persoal.

Entidades inscritas no Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia e particulares en xeral.

c) Procedemento de recollida de datos.

Chamadas telefónicas efectuadas polos interesados e consultas por correo electrónico.

d) Tipo de datos que inclúe.

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI, enderezo, concello, provincia, teléfono/teléfono móbil, correo electrónico.

Outros datos segundo a consulta realizada: titulación, profesión e áreas de colaboración.

e) Cesións previstas.

Outras administracións públicas.

f) Órgano da Administración responsable do ficheiro.

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

g) Servizos ou unidades ante os que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos datos que constan no rexistro: Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade; edificio administrativo San Caetano, bloque III-1º, 15781 Santiago de Compostela.

h) Nivel de seguridade.

Básico.