DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 15 de xullo de 2008 Páx. 13.689

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

ORDE do 27 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 7 de abril de 2008 pola que se regula a composición e funcionamento do Comité Asesor de Habitabilidade.

Publicada no Diario Oficial de Galicia nº 71, do 14 de abril de 2008, a Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula a composición e funcionamento do Comité Asesor de Habitabilidade, estímase a conveniencia de integrar nel un representante dos construtores de Galicia, polo que procede modificar o artigo 7 da devandita orde.

Tendo en conta que o artigo 5 e a disposición derradeira primeira do Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as normas do hábitat galego dispoñen que compete ao titular da Consellería de Vivenda e Solo a determinación da composición do Comité Asesor de Habitabilidade, e en virtude das atribucións que me outorga o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 7.1º da Orde do 7 de abril de 2008 pola que se regula a composición e funcionamento do Comité Asesor de Habitabilidade e engádese unha nova letra h) do seguinte teor:

«h) Un representante da Federación Galega da Construción».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2008.

Teresa Táboas Veleiro

Conselleira de Vivenda e Solo