DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2008 Páx. 13.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se lle dá publicidade ás axudas concedidas para a realización de actividades de educación para a sustentabilidade, concedidas ao abeiro da Orde do 21 de febreiro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 43, do 29 de febreiro).

De conformidade co establecido no artigo 15.3º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e artigo 11 da Orde do 21 de febreiro de 2008, pola que se establecen axudas para a realización de actividades de educación para a sustentabilidade, publícase un extracto das resolucións de concesión das axudas concedidas ao abeiro da devandita orde, emitidas por esta dirección xeral.

Obxecto da axuda: esta orde ten por obxecto a concesión de axudas para a realización de accións de educación para a sustentalidade, que se realicen en 2008: obradoiros, foros de participación, campañas de sensibilización e accións de formación.

Norma reguladora: Orde do 21 de febreiro de 2008, pola que se establecen axudas para a realización de actividades de educación para a sustentabilidade, (Diario Oficial de Galicia, nº 43, do 29 de febreiro).

Anexo I: os concellos, mancomunidades, agrupacións de concellos e consorcios que pertenzan ao ámbito dunha administración local beneficiarios e importe da subvención concedida a cada un deles expresado en euros, por orde de puntuación.

-Aplicación orzamentaria: 15.04.541E.460.1

-Crédito orzamentario: 300.000 €.

Anexo II: universidades beneficiarias e importe da subvención concedida a cada unha delas expresado en euros, por orde de puntuación

-Aplicación orzamentaria: 15.04.541E.444.1.

-Crédito orzamentario: 30.000 €.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008.

Manuel Vázquez Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

Ver referencia pdf "13500D004P007.PDF"