DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 14 de xullo de 2008 Páx. 13.658

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2008 pola que se modifica a do 12 de febreiro pola que se anuncian, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4, para adultos e colectivos de Galicia, no ano 2008 (PR 104 B).

Á vista do número de peticións que se están a recibir na secretaría xeral de persoas interesadas na participación nos cursos de lingua galega para a preparación dos Celga, que están programados no verán e no cuarto trimestre de 2008,

resolvo:

Abrir un novo prazo de presentación de solicitudes para os cursos que xa están programados e teñen prazas dispoñibles, ata que se completen as prazas de cada curso. Para informarse sobre os cursos programados pode consultarse a información na web: xunta.es/linguagalega. A selección de aspirantes realizarase por orde de entrada das solicitudes nos gabinetes de normalización lingüística.

O prazo de presentación de solicitudes rematará dez días antes da data prevista para o inicio de cada curso, agás os do mes de xullo, que rematará tres días antes. Poderán dirixirse por fax ou correo electrónico aos gabinetes de normalización lingüística da provincia en que estea programado o curso, segundo o modelo publicado no DOG nº 35, do 19 de febreiro de 2008, páxina 2.718.

-A Coruña: sxpl.acoruna@xunta.es .Fax: 981 18 56 81.

-Lugo: sxpl.lugo@xunta.es. Fax: 982 29 49 26.

-Ourense: sxpl.ourense@xunta.es. Fax: 988 38 60 03.

-Pontevedra: sxpl.pontevedra@xunta.es. Fax: 986 80 50 45.

As listaxes das persoas seleccionadas para cada curso poderán consultarse na web: xunta.es/linguagalega.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de reposición perante a Secretaría Xeral de Política Lingüística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2008.

María Sol López Martínez

Secretaria xeral de Política Lingüística