DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2008 Páx. 13.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2008 pola que se delega no vicexerente de planificación e xestión económica a asistencia ás mesas de contratación.

O artigo 164 dos estatutos da Universidade de Vigo recolle a composición mínima das mesas de contratación e sinala o xerente como integrante desta.

O volume de actividade administrativa desenvolta pola xerente e razóns de eficacia e axilidade na xestión fan aconsellable trasladar o exercicio desta competencia en favor de quen asume de xeito máis directo a xestión da materia cuxo obxecto se delega.

Polo antedito, de conformidade co disposto no artigo 13 da Lai 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común acorda ditar a seguinte resolución:

1. Delegar no vicexerente de planificación e xestión económica a asistencia ás mesas de contratación.

2. Non pode ser obxecto de delegación a competencia que se delega nesta resolución e en todo momento a xerente pode avocar para si aquela.

3. Esta resolución terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de xuño de 2008.

Ana Fernández Pulpeiro

Xerente