DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2008 Páx. 13.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 2 de xullo de 2008 pola que se aproba o deslindamento do monte veciñal en man común denominado Marraxón, no concello de Fene (A Coruña), pertencente aos veciños da parroquia de Sillobre.

Examinado o expediente de deslindamento do monte veciñal en man común denominado Marraxón, no concello de Fene (A Coruña), pertencente aos veciños da parroquia de Sillobre, e tendo en conta os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en man Común da Coruña, mediante Resolución do 24 de maio de 1995, declarou como tal o monte Marraxón, dos veciños da parroquia de Sillobre, no concello de Fene (A Coruña).

O monte veciñal non procede de montes incluídos no catálogo de utilidade pública (CUP) e non foi obxecto de deslindamento.

Segundo.-O 26 de outubro de 2005 asinouse o contrato para a realización da asistencia técnica para o deslindamento do monte da CMVMC de Sillobre.

No Diario Oficial de Galicia do 3 de novembro de 2006 publicouse un edicto do 11 de setembro de 2006, da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural na Coruña, polo que se anuncia o comezo do deslindamento. Neste edicto estableceuse como data do inicio do apeo o 5 de febreiro de 2007, e fixábase o prazo de 45 días naturais para a presentación de documentos por parte dos propietarios afectados.

Con datas do 13 e 19 de setembro de 2006 enviáronse notificacións á comunidade de Sillobre, ao Concello de Fene e aos interesados e estremeiros dos cales se tiña referencia durante os estudos previos. En datas do 18 de decembro de 2006 e do 18 de xaneiro de 2007 remitíronse os documentos presentados polos interesados e estremeiros ao Gabinete Xurídico Territorial da Coruña.

Terceiro.-O apeo do deslindamento comenzou o 5 de febreiro de 2007 consonte o indicado no edicto e concluíu o día 19 do mesmo mes. O 7 de xuño de 2007 o enxeñeiro operador remitiu o seu informe de acordo co artigo 119 do Regulamento de montes, aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Cuarto.-No DOG de 3 de agosto de 2007, e mediante edicto, abriuse o periodo de vista e reclamacións do expediente de deslindamento, e remitiuse o dito anuncio á comunidade propietaria e aos estremeiros afectados que comparecesen no expediente.

Unha vez que foron recibidas as reclamacións presentadas durante o período de vista, solicitouse informe ao letrado do Gabinete Xurídico Territorial, que considerou pertinente desestimar as reclamacións formuladas por Carlos Gómez Bermúdez e Manuel Permuy Dobarro. O contido do informe foi comunicado tan pronto como se recibiu, o 20 de decembro de 2007, á comunidade veciñal de Sillobre para que manifestase a súa conformidade ou disconformidade con este, transcurrindo o prazo de 15 días a que fai referencia o artigo 124 do Regulamento de montes sen que se recibise contestación.

Quinto.-Finalmente, o 15 de abril de 2008 o xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Coruña remitiu o expediente do deslindamento, xunto co seu informe-proposta á Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, que emitiu informe favorablemente no sentido proposto polo xefe do Servizo da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-De acordo co disposto nos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro; 1706/1982, do 24 de xullo e 1535/1984, do 20 de xuño, sobre transferencias de funcións e servizos do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza; no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; no Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia; e no Decreto 562/2005, do 1 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, o conselleiro do Medio Rural é competente para ditar esta orde.

Segundo.-O Servizo de Montes e Industrias Forestais da Coruña é competente para levar adiante o devandito deslindamento, cumpridas todas as prescricións legais en canto á publicidade, notificación e demais requisitos exixidos nos artigos 82 ao 125 do Regulamento de montes aprobado polo Decreto 485/1962, do 22 de febreiro.

Terceiro.- As resolucións do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común atribúen a propiedade destes ás comunidades veciñais, mentres non exista sentenza firme en contra, ditada pola xurisdición ordinaria, segundo determina o artigo 30 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Tendo en conta os preceptos legais citados e demais de xeral aplicación e o informe-proposta do xefe do Servizo de Montes e Industrias Forestais da Coruña, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais,

DISPÓN:

Primeiro.-Aprobar o deslindamento do monte veciñal en man común Marraxón, pertencente á comunidade de montes veciñais en man común de Sillobre, concello de Fene, realizado polo enxeñeiro de montes Luis Ortega Mene, de acordo coa información obtida polo servizo sobre interesados e estremeiros, coas actas, co rexistro topográfico e co plano a escala 1:2.500 que figura no expediente.

A descrición das parcelas deslindadas é a seguinte:

Provincia: A Coruña.

Nome: Marraxón.

Pertenza: comunidade de montes veciñais en man común de Sillobre.

Lindeiros:

Parcela I, Chao das Pozas.

N: cruzamento de camiños na estrema co concello de Neda.

L: propiedades particulares de Ángela Sueiras Sixto, Evaristo Moreira Novo e outros.

S: propiedades particulares de Mª Teresa Salgado Sixto, Cipriano Salgado Rodríguez e outros, e tamén coa parcela II Coto do Rei.

O: propiedades particulares de Manuel Pérez Vilar, Arturo García Serantes, Andrés Permuy Carregado, Amparo Saavedra Salgado e outros.

Parcela II, Coto do Rei.

N: parcela I Chao das Pozas, e propiedades particulares de Mª Teresa Salgado Sixto, Cipriano Salgado Rodríguez e outros.

L: propiedades particulares de Manuel Casal Rodríguez, José Permuy Dobarro e outros.

S: cruzamento das estradas de Marraxón e Buio e da Corveira, propiedades particulares de Francisco Iglesias Ardao e outros.

O: propiedades particulares de Arturo García Serantes e outros.

Parcela III, Cal do Foxo.

N: propiedades particulares; estrada Sillobre-Buio-Marraxón e cruzamento de estradas.

L: estrada da Corveira, que separa o monte de propiedades particulares de José Permuy Dobarro e outros; propiedades particulares de Carlos Gómez Bermúdez e Juan Permuy Calvo.

S: estrada da Corveira; parcela IV O Reboredo; propiedades particulares de José Fraga Calvo e María Anca Mauriz.

O: propiedades particulares de María Anca Mauriz e outros.

Parcela IV, O Reboredo.

N: parcela III Cal do Foxo; estrada da Corveira.

L: estrada da Corveira, que separa o monte de propiedades particulares de Juan Anca Rodríguez e outros; propiedades particulares de Manuel Permuy Dobarro e Carmen e Xesús Anca Rodríguez; estrada da Corveira.

S: propiedades particulares de Ramón Cabalar Anca e outros.

O: propiedades particulares de Evaristo Moreira Soto e outros; canteira e predios de Industrias Rivera Seco; propiedades particulares de Francisco García Rodríguez e outros.

Descrición de lindeiros:

- Perímetro exterior:

Incorpórase ao expediente o plano do deslindamento do monte dos veciños de Sillobre. As coordenadas dos puntos medidos figuran nunha epígrafe incluida no expediente.

* Parcela I: Chao das Pozas.

O lindeiro norte correspóndese coa alineación das estacas 40 a 1, e está situado nun cruzamento de camiños no límite dos concellos de Fene e Neda.

Estremeiros do lindeiro norte: Mª Antonia González Bonome (concello de Neda).

O lindeiro leste iníciase na estaca 1, seguindo unha serie de marcos de pedra e muros de escasa lonxitude, que separan a parcela veciñal en man común de varios predios particulares, ata chegar á estaca 9, situada en dirección sueste. Desde a estaca 9 o lindeiro continúa na mesma dirección seguindo a beira dun carreiro de terra ata chegar á estaca 17.

Estremeiros do lindeiro leste: Purificación Rico Basora, Manuela Lago Perille, Francisco Gato, José Dopico, herdeiros de José Fernández Fraga, Otilia Ares Montes, Carlos Gato Sixto, Mª Teresa Salgado Sixto, herdeiros de Ricardo Gómez Freire, José A. Calvo Alonso, Ángela Sueiras Sixto, Josefa Sueiras Sixto, Caridad Sixto López, José Luis Sixto López, Juan José Sixto López, Mª Sol Sixto López, Rafael Sixto López, Rosa Beatriz Sixto López, Mª América Casal Tembras, Teodora Sixto Fraga, Ramiro Meizoso Casal, Ángel Moreira Fraga, Evaristo Moreira Novo, Manuel Calvo Ardao, Carlos Soto López.

O lindeiro sur está comprendido entre as estacas 17 a 23, seguindo en dirección oeste a beira dunha devasa que se vai estreitando paulatinamente ata converterse nunha senda.

Estremeiros do lindeiro sur: herdeiros de Manuel Casal Rodríguez, José Daniel Fernández Romero, Mª Teresa Salgado Sixto, Aurora Bello Noval, herdeiros de Cipriano Salgado Rodríguez, Alfonso Salgado Luaces, parcela II do monte Marraxón.

O lindeiro oeste comeza na estaca 23 e segue pola beira dunha senda de terra que progresa en treitos alternativos cara ao noroeste e o nordeste ata chegar á estaca 40, pechando o perímetro exterior da parcela. Na beira oposta da senda atópanse varias propiedades particulares pechadas con muros de pedra.

Estremeiros do lindeiro oeste: Manuel Pérez Vilar, Manuela Rodríguez Vila, hros. de Carmen Vilar Rodríguez, Arturo García Serantes, Dolores Sixto Carregado, Mª Belén Sixto Carregado, Felicísimo Freire Fernández, Antonio Rodríguez Rodríguez, Marina Seco Padín, Antonia Pérez Veiga, María Pérez Veiga, Ángel Moreira Fraga, herdeiros de Balbina López Vila, Amparo Vázquez Saavedra, Andrés Permuy Carregado, herdeiros de Manuel Casal Rodríguez, Carmen Casal Rodríguez, herdeiros de José Fernández Fraga, José Meizoso Caaveiro, Bernardo Seijo Gómez, José Antonio García Rey, Juan García Anca, Amparo Saavedra Salgado, Pedro García Anca, Ramón Carregado Calvo.

* Parcela II: Coto do Rei.

O lindeiro norte comeza na estaca 71, situada na beira dunha senda estreita que segue cara ao nordeste ata a estaca 72, onde a parcela Coto do Rei contacta coa parcela I Chao das Pozas. Desde a estaca 72 séguese a beira oposta da senda anterior, en dirección sur, ata a estaca 74, seguindo un muro de pedra. Na estaca 74 o muro cambia de dirección, diríxese cara ao leste ata chegar á estaca 79. A partir deste última estaca o lindeiro vén indicado por unha serie de pedras soltas que forman unha liña, seguindo en dirección aproximada leste ata chegar á estaca 85, situada na beira dunha pista de terra.

A aliñación das estacas 85 e 41 atravesa a pista ata chegar á beira oposta.

Estremeiros do lindeiro norte: parcela I do monte Marraxón, Alfonso Salgado Luaces, herdeiros de Cipriano Salgado Rodríguez, Aurora Bello Noval, Mª Teresa Salgado Sixto, José Daniel Fernández Romero, herdeiros de Manuel Casal Rodríguez, Amalia Filgueiras López.

O lindeiro leste iníciase na estaca 41, seguindo a beira dunha pista de terra cara ao sueste ata a estaca 42, e a partir deste punto cara ao sur ata a estaca 45, onde a pista vira de novo cara ao suroeste ata chegar á estaca 50, situada no cruzamento das estradas que van a Marraxón e Buio e A Corveira.

Estremeiros do lindeiro leste: José Antonio Calvo Alonso, Amalia Filgueiras López, herdeiros de Manuel Casal Rodríguez, María Yáñez Gato, herdeiros de Manuel Dobarro, Flora Permuy Dobarro, José Permuy Dobarro, Juan Permuy Dobarro, Manuel Permuy Dobarro, Marina Permuy Dobarro, Víctor Permuy Dobarro.

O lindeiro sur comeza na estaca 50, estando situada a aliñación das estacas 50 e 51 está situada no cruzamento das estradas que van a Marraxón e Buio e A Corveira. A aliñación das estacas 51 e 52 segue cara ao norte pola beira dunha pista de terra. Na estaca 52 o lindeiro vira cara ao noroeste, seguindo a beira dunha corredoira que separa a parcela veciñal de predios particulares, que se atopan pechados con muros de pedra, ata chegar á estaca 61.

Estremeiros do lindeiro sur: Francisco Iglesias Ardao, Juan Rodríguez Ardao, Mª Oliva Purriños Prieto, Arturo García Serantes, Manuel Pérez Vilar, María Rodríguez González.

O lindeiro oeste comeza na estaca 61, seguindo un muro de pedra cara ao noroeste ata a estaca 67, onde o muro vira ao norte, e desde este punto ata a estaca 69, onde o muro volve tomar dirección noroeste, discorre pola beira dunha senda estreita ata chegar á estaca 71, e pecha o perímetro da parcela II.

Estremeiros do lindeiro oeste: Manuel Pérez Vilar, Arturo García Serantes, Mª Pura Vilar Rodríguez.

* Parcela III: Cal do Foxo.

O lindeiro norte comeza na estaca 107, situada xunto a un valado de terra e pedras, seguindo polo valado cara ao nordeste ata a estaca 111, situada na beira da estrada de Buio e Marraxón. Continúa pola beira da estrada cara ao sueste, ata a estaca 113 e desde este punto ata a estaca 86, situada no cruzamento das estradas que van a Marraxón e Buio e A Corveira.

Estremeiros do lindeiro norte: Fernando Saavedra Vilasuso, Manuela Rodríguez Vila, Arturo García Serantes, Mª Oliva Purriños Prieto, Juan Rodríguez Ardao, Francisco Iglesias Ardao.

O lindeiro leste iníciase na estaca 86 e continúa pola beira da estrada da Corveira en dirección sueste ata a estaca 88. A estaca 89 está situada na beira oposta da estrada; desde ese punto o lindeiro da parcela veciñal segue un valado en dirección sueste ata a estaca 91, onde o valado toma dirección suroeste. Seguindo nesta nova dirección chégase unha vez máis á beira da estrada da Corveira, onde se sitúa a estaca 92. A aliñación das estacas 92 e 93 atravesa de novo a estrada.

Estremeiros do lindeiro leste: Flora Permuy Dobarro, José Permuy Dobarro, Juan Permuy Dobarro, Manuel Permuy Dobarro, Marina Permuy Dobarro, Víctor Permuy Dobarro, Juan Rodríguez Ardao, Carlos Gómez Bermúdez, Juan Permuy Calvo.

O lindeiro sur comeza na estaca 93, situada na beira da estrada da Corveira, onde a parcela Cal do Foxo contacta coa parcela IV O Reboredo, e segue un valado en dirección oeste ata chegar á estaca 99.

Estremeiros do lindeiro sur: parcela IV do monte Marraxón, José Fraga Calvo, María Anca Mauriz.

O lindeiro oeste comeza na estaca 99, seguindo por un valado que alterna as direccións noroeste e nordeste, ata chegar á estaca 103. Desde a estaca 103 o lindeiro continúa polo valado cara o noroeste ata chegar á estaca 107, pechando o perímetro exterior da parcela.

Estremeiros do lindeiro oeste: María Anca Mauriz, Gonzalo Gómez Rodríguez, Ángela Sueiras Sixto, José López Pidre, Mª Carmen Casal Pérez, David Fernández Martínez, herdeiros de Aquilino Pérez Veiga, Josefa Montero Rodríguez, Ángel Fraga Novo.

* Parcela IV: O Reboredo.

O lindeiro norte correspóndese coa aliñación das estacas 157 e 114. Trátase dunha estreita franxa de terreo, paralela á estrada da Corveira, que comunica coa parcela III Cal do Foxo.

Estremeiros do lindeiro norte: parcela III do monte Marraxón.

O lindeiro leste iníciase na estaca 114 e segue a beira da estrada da Corveira cara ao sueste ata a estaca 120. A partir deste punto continúa en dirección sueste ata a estaca 132 por un valado e un muro de pedra que separan a parcela veciñal de propiedades de Manuel Permuy Dobarro, Carmen Anca Rodríguez e Jesús Anca Rodríguez. Desde a estaca 132 a parcela linda de novo coa estrada da Corveira, seguindo en dirección oeste ata a estaca 134.

Estremeiros do lindeiro leste: Manuela Díaz Allegue, Juan Anca Rodríguez, Manuel Permuy Dobarro, herdeiros de Carmen Anca Rodríguez, Jesús Anca Rodríguez.

O lindeiro sur comeza na estaca 134, seguindo un muro de pedra que alterna a dirección suroeste coa sueste ata a estaca 139, onde o muro vira cara ao oeste ata chegar á estaca 141.

Estremeiros do lindeiro sur: Evaristo Moreira Soto, Santiago Moreira Soto, herdeiros de Amelia Anca Arnoso, herdeiros de Antonio Anca Arnoso, Dominga Anca Arnoso, Ramón Cabalar Anca, herdeiros de Carmen Anca Rodríguez, Manuela Carregado Rodríguez, Manuel Permuy Dobarro, Josefa Vilar Fernández, Amando Pena Bacelo.

O lindeiro oeste comeza na estaca 141, segue por un muro de pedra cara ao noroeste ata a estaca 146, e a continuación por unha senda de terra ata a estaca 150. A partir da estaca 150 o lindeiro segue por outra senda de terra, ascende pola beira do noiro da canteira de Industrias Rivera Seco S.L. ata a estaca 153, situada nunha explanación que linda coa parte superior do noiro. A aliñación das estacas 153 e 154 atravesa a explanación deixando a man esquerda o noiro. Na estaca 154 tómase dirección aproximada leste, lindando coa propiedade de José Fernández Fraga, ata a estaca 155, onde se continúa por un valado cara ao norte ata chegar á estaca 157. A alineación das estacas 157 e 114 pecha o perímetro exterior da parcela.

Estremeiros do lindeiro oeste: Juan Calvo Ardao, Evaristo Moreira Soto, Manuel Brage López, herdeiros de Mª Antonia Buyo López, José M. Rodríguez López, Josefa Rodríguez López, Ángela Sueiras Sixto, Plácido Pino González, Industrias Rivera Seco, S.L., José Fernández Fraga, Marina Cernada Fernández, Francisco García Rodríguez, José Bonome López, Antonio Grueiro, José Fraga Calvo.

* Encravados.

Encravado A, localizado na parcela I Chao das Pozas.

Comeza na estaca A1, situada preto da estaca 9. Segue por un muro de pedra cara ao suroeste ata a estaca A4, onde o muro vira e toma dirección nordeste ata a estaca A6, onde vira de novo, esta vez cara ao noroeste, ata a estaca A1, pechando o perímetro do encravado.

Propietarios: Ángel Couce Rodríguez, Concepción Meizoso Gómez, Concepción Gómez Vilar, José Torres Permuy, Juan García Anca.

Cabidas:

Parcela I, Chao das Pozas: 7,941 ha.

Parcela II, Coto do Rei: 6,487 ha.

Parcela III, Cal do Foxo: 5,497 ha.

Parcela IV, O Reboredo: 6,717 ha.

Total: 26,642 ha.

Cabida do encravado A:1,717 ha.

Cabida total de titularidade veciñal en man común: 24,925 ha.

Servidumes:

Existen numerosas estradas, camiños e pistas tanto no perímetro exterior como no interior de todas as parcelas.

No interior da parcela II Coto do Rei están instaladas unhas antenas de telecomunicacións.

No interior da parcela IV O Reboredo atópase o vertedoiro clausurado de Fene. A parcela está atravesada por unha liña eléctrica de alta tensión que dá servizo ás poboacións próximas.

Así mesmo, o lindeiro occidental da parcela IV O Reboredo está afectado polas actividades da explotación mineira de Industrias Rivera Seco S.L.

No interior das parcelas II Coto do Rei e III Cal do Foxo hai constancia da existencia de mámoas e outros xacigos arqueolóxicos.

Segundo.-Que se recoñeza como posuído por particulares o encravado A de acordo coa descrición realizada na proposta primeira. Declarar, expresamente, que no referente ás reclamacións de propiedade, esta resolución esgota a vía administrativa e queda expedita a xudicial civil.

Terceiro.-Que se notifiquen os novos datos resultantes da descrición do monte ao Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña.

Cuarto.-Que se inmatricule o monte coas características resultantes no rexistro da propiedade.

Quinto.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela poderá interpoñerse recurso de reposición con carácter potestativo ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2008.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural