DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2008 Páx. 13.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de xuño de 2008 pola que se incrementa o importe das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2008.

Por Orde do 2 de abril de 2008 (DOG do 10 de abril), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2008.

A disposición terceira desta orde establece que o importe que se distribuirá nesta convocatoria será de oitenta e seis mil sesenta e un euros con corenta e dous céntimos (86.061,42 €) e que se realizará con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.423A.481.0 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

Non obstante, o importe destas axudas poderá incrementarse se, antes da publicación da resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia, se recibise outra transferencia do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte para esta mesma finalidade.

Recibida a mencionada transferencia do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incrementar a contía das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial ata cento seis mil sesenta e un euros con corenta e dous céntimos (106.061,42 €), de acordo co establecido na disposición terceira da Orde do 2 de abril do 2008 (DOG do 10 abril).

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria