DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2008 Páx. 13.474

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 2008 pola que se incrementa o orzamento do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2008/2009 co importe recibido do Ministerio de Educación, Política Social e Deporte.

Por orde do 28 de abril de 2008 (DOG do 15 de maio), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca e regula o programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso 2008/2009.

A disposición décimo quinta desta orde establece que a consellería financiará o programa con cargo á aplicación orzamentaria 09.02.423A.780.0 polo importe de 21.694.393,98 euros para o ano 2008 e na contía de 433.887,88 euros para o ano 2009, e prevé, no seu número 3 a posibilidade de incrementar este orzamento co importe transferido polo Ministerio de Educación, Política Social y Deporte para esta mesma finalidade.

Recibida esta transferencia por un importe de 4.627.486,00 euros é polo que esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-Incrementar o orzamento do programa de gratuidade de libros de texto e materiais curriculares en centros sostidos con fondos públicos para os niveis obrigatorios e gratuítos para o curso escolar 2008/2009 con catro millóns seiscentos vinte e sete mil catrocentos oitenta e seis euros (4.627.486,00 €), transferidos polo Ministerio de Educación, Política Social e Deporte para esta mesma finalidade, e de acordo co establecido no artigo décimo quinto da orde do 28 de abril de 2008 (DOG do 15 de maio).

Santiago de Compostela, 16 de xuño 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria