DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 10 de xullo de 2008 Páx. 13.473

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 2 de xullo de 2008 pola que se resolve parcialmente a concesión de axudas a concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento dos investimentos derivados da creación, a posta en funcionamento e o desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil.

Pola Orde do 28 de decembro de 2007 (DOG nº 1, do 2 de xaneiro de 2008), a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza anunciou normas que regulan o réxime de axudas a concellos da Comunidade Autónoma de Galicia para o financiamento dos investimentos derivados da creación, a posta en funcionamento e o desenvolvemento dos servizos municipais de protección civil, así como a cesión en propiedade de vehículos e material para misións de protección civil.

Vista a proposta de resolución da comisión avaliadora, en aplicación do artigo 6º da Orde do 28 de decembro de 2007,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder con cargo á aplicación 06.07.212A.760.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008 as seguintes axudas (modalidade A):

Ver referencia pdf "13300D003P009.PDF"

Ver referencia pdf "13300D005P010.PDF"

Segundo.-Notificarlles o contido desta resolución aos concellos beneficiarios, especificando as condicións particulares que deberán cumprir.

Terceiro.-Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde.

En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza