DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2008 Páx. 13.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2008 pola que se fai a selección da entidade financeira en cumprimento do disposto no artigo 9 da Orde do 16 de abril do 2008 pola que se convoca concurso de selección de entidade financeira para a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios das axudas por xubilación anticipada previstas no Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca.

En cumprimento do disposto no artigo 9º da Orde do 16 de abril do 2008, pola que se convoca concurso de selección de entidade financeira para a entrega e distribución dos fondos públicos aos beneficiarios das axudas por xubilación anticipada previstas no Regulamento (CE) 1198/2006, do Consello, do 27 de xullo, relativo ao Fondo Europeo da Pesca, e dos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise pública a entidade financeira seleccionada para a subscrición do convenio a que se refire a citada Orde do 16 de abril de 2008.

Entidade financeira seleccionada: Caja de Ahorros y Monte Piedad de Madrid.

Puntuación acadada: 75 puntos.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2008.

María Carmen Gallego Calvar.

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos