DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 08 de xullo de 2008 Páx. 13.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inscribe a Asociación de Veciños de Santa María de Carballeda no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada pola Asociación de veciños de Santa María de Carballeda, con data 26 de maio de 2008.

Visto o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado en parte polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

Visto igualmente o informe da Subdirección Xeral de Protección da Cidade e Camiños de Santiago, emitido de acordo co artigo 23 do mencionado decreto, segundo o cal as entidades solicitantes deberán ter como finalidade a recuperación, conservación e promoción dos camiños de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deles.

Considerando que segundo o artigo 26 a solicitude foi presentada segundo o modelo que figura no anexo e acompañada da documentación pertinente.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia.

RESOLVO:

Que a Asociación de Veciños de Santa María de Carballeda quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 176.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2008.

Felipe Arias Vilas

Director xeral de Patrimonio Cultural