DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 04 de xullo de 2008 Páx. 13.088

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 136/2008, do 3 de xullo, polo que se nomea director da Axencia Galega das Industrias Culturais a Miguel Martín Fernández.

De conformidade co disposto no artigo 9.2º da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de xullo de dous mil oito,

NOMEO:

Director da Axencia Galega das Industrias Culturais a Miguel Martín Fernández.

Santiago de Compostela, tres de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte