DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2008 Páx. 13.032

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2008 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril.

Para os efectos previstos no artigo 11.1º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración, previstos no artigo 3.1º c) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, subscritos polo Instituto Enerxético de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2007, e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2008.

Juan José Álvarez Carril

Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Nº: 1

Título: convenio de Colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Universidade de Vigo para a realización dun Informe de cumprimento dos plans eólicos empresariais.

Obxecto: establecer as condicións de colaboración entre o Inega e a Universidade de Vigo para a elaboración por parte desta última do Informe sobre o cumprimento dos plans eólicos empresariais.

Sinatura: 2 de xaneiro de 2008.

Importe: 50.000,00 €.

Nº: 2

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Fundación Sotavento Galicia para a xestión da exposición itinerante Un mundo de enerxía.

Obxecto: o Inega encárgalle á Fundación Sotavento Galicia a xestión da explotación da exposición Un mundo de enerxía en horario de media xornada, entendendo por isto: a achega dun educador, vestiario dos educadores, custo de desprazamento da exposición a 24 lugares de Galicia, a coordinación, seguimento e avaliación da exposición; encárgase o Inega de xestionar os sitios onde vai estar a exposición.

Sinatura: 2 de febreiro de 2008.

Importe: 73.860,00 €.

Nº: 3

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Asociación Federación de Químicas-Enerxía da Confederación Intersindical Galega (CIG), para a realización dun informe sobre a enerxía, a sustentabilidade e os aspectos sociais.

Obxecto: O Inega encárgalle á Federación de Químicas-Enerxía a elaboración dun informe sobre a enerxía, a sustentabilidade e os aspectos sociais.

Sinatura: 6 de marzo de 2008.

Importe: 4.500,00 €.

Nº: 4

Título: convenio marco de colaboración entre o Concello de Monterroso e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Obxecto: instrumentar un sistema de colaboración entre o Concello de Monterroso e o INEGA para permitirlle ao INEGA o acceso ás redes informáticas de dous edificios públicos municipais a través da internet e no marco do proxecto EnerinTown.

Sinatura: 14 de marzo de 2008.

Importe: 668.16,00 €.

Nº: 5

Título: convenio de colaboración entre Sotavento Galicia, S.A. e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) para o favorecemento de novas tecnoloxías no marco da enerxía eólica.

Obxecto: a colaboración entre o INEGA e Sotavento Galicia, S.A. coa finalidade de impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables e difundir o carácter experimental e de demostración das instalacións do parque eólico experimental Sotavento.

Sinatura: 15 de marzo de 2008.

Importe: 135.378,00 €.

Nº: 6

Título: convenio de colaboración entre Sotavento Galicia, S.A. e o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), para o favorecemento de novas tecnoloxías no marco da enerxía eólica.

Obxecto: impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables e difundir o carácter experimental e de demostración con que están concebidas as instalacións do parque eólico experimental Sotavento.

Sinatura: 16 de marzo de 2008.

Importe: 60.000,00 €.

Nº: 7

Título: convenio específico de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), e o Concello de Santiago de Compostela, para a execución do programa Fogares verdes, programa de aforro enerxético e do consumo de auga no fogar durante o exercicio 2008.

Obxecto: definir o marco de colaboración entre o INEGA, o Concello de Santiago e ADEGA, para a realización do programa Fogares verdes, programa de aforro enerxético e do consumo de auga no fogar.

Programa que trata de fomentar o aforro enerxético en vivendas unifamiliares, ao mesmo tempo que contribúe á redución das emisións do CO2 e reduce o consumo de auga.

Sinatura: 25 de marzo de 2008.

Importe 38.870€

Nº: 8

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Fundación Sotavento Galicia, para divulgación, formación e realización de proxectos técnico-demostrativos no parque eólico experimental Sotavento.

Obxecto: impulsar as tecnoloxías vinculadas ao desenvolvemento das enerxías renovables, e difundir o carácter experiental e de demostración con que están concibidas as instalacións do parque eólico experimental Sotavento, tanto para a formación como para a divulgación deste tipo de enerxías entre a colectividade.

Sinatura: 11 de abril de 2008.

Importe: 30.000,00 €.

Nº: 9

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a ONG ecoloxista Amigos da Terra.

Obxecto: a organización conxunta de actuacións divulgativas e informativas co fin único de reducir os consumos energéticos e, por consiguiente, as emisións de CO2 dos fogares.

Este convenio enmárcase dentro do programa A aposta, constituíndo unha campaña de educación ambiental liderada por Friends of the Earth.

Sinatura: 14 de abril de 2008.

Importe: 9.000,00 €.

Nº: 10

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e a Universidade de Vigo para a realización dun estudo da integración da xeración eléctrica na rede galega.

Obxecto: establecemento das condicións polas que se rexerá a colaboración entre o INEGA e a Universidade de Vigo para a elaboración por parte desta última do proxecto de investigación Integración da xeración eléctrica na rede galega.

Sinatura: 25 de abril de 2008.

Importe: 60.000 €.

Nº: 11

Título: convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o instituto de educación secundaria Castro da Uz para desenvolver un taller de enerxías renovables dentro do simposio GEA 2008.

Obxecto: colaboración entre o INEGA e o instituto de educación secundaria Castro da Uz no desenvolvemento e organización dun taller de enerxía renovables dentro do simposio GEA 2008. Co obxecto de potenciar o seu uso e provocar unha difusión e achegamento das enerxías renovables e da eficiencia enerxética.

Sinatura: 28 de abril de 2008.

Importe: 4.000,00 €.