DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2008 Páx. 13.031

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2008 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2008.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente, no Diario Oficial de Galicia, unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o primeiro cuadrimestre do ano 2007, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2008.

José Luis Romero Valeiras

Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o primeiro cuadrimestre do ano 2008:

.- Convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Universidade da Coruña para a elaboración de directrices técnicas para obras de saneamento en pequenas aglomeracións no medio rural da Administración hidráulica de Galicia.

.- Convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha asistencia técnica en materia económico-financeira.