DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2008 Páx. 13.030

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

ORDE do 9 de xuño de 2008 pola que se conceden os Premios Nacionais da Cultura Galega 2008.

A Orde do 12 de marzo de 2008 creou os Premios Nacionais da Cultura Galega e convocounos para o ano 2008. O seu obxecto é distinguir as persoas, entidades e institucións que destacasen no enriquecemento da cultura galega coas súas obras ou coa súa participación nas iniciativas do ámbito do patrimonio cultural galego.

De conformidade co disposto no artigo 6 da devandita orde, a decisión do xurado elevarase á conselleira de Cultura e Deporte e a orde de concesión dos premios publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Por tanto, vista a decisión do xurado e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Conceder os Premios Nacionais da Cultura Galega 2008 ás seguintes candidaturas:

Premio Nacional de Arquitectura e Espazos Públicos: Manuel Gallego Jorreto.

Premio Nacional de Artes Visuais: Francisco Leiro Lois.

Premio Nacional de Artes Escénicas: Manuel Lourenzo.

Premio Nacional de Literatura: Xosé Luís Méndez Ferrín.

Premio Nacional de Música: Mercedes Peón.

Premio Nacional de Patrimonio Cultural: Remodelación urbana de Pontevedra.

Premio Nacional de Pensamento e Cultura Científica: Francisco Díaz-Fierros Viqueira.

Premio Nacional de Cine e Audiovisual: Margarita Ledo Andión.

Premio Nacional de Iniciativa Cultural: Laboratorio de Formas de Galicia.

Premio Nacional de Cultura Tradicional e de Base: Museo do Pobo Galego.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2008.

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte