DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 03 de xullo de 2008 Páx. 13.015

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE de 17 de xuño de 2008 pola que se publica a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2007, pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Pola Orde do 28 de decembro de 2007 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e realización de actividades de voluntariado para o ano 2008. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2008.05.42.312F.460.0 (proxecto 2003 00512) polo importe de 400.000 € (catrocentos mil euros).

En virtude das competencias atribuídas polo artigo 9.1º da Orde do 28 de decembro de 2007, o director xeral de Xuventude e Solidariedade resolveu a concesión das axudas solicitadas polos concellos e mancomunidades de municipios, tal e como se recolle no anexo I.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "12800D001P007.PDF"