DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2008 Páx. 12.978

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2008 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración subscritos e previstos no artigo 4.1º c) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, asinados no primeiro cuadrimestre do ano 2008.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración previstos no artigo 4.1.c) da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2008 e que se relacionan a continuación no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2008.

Miguel Martín Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas

e Musicais

Ver referencia pdf "12700D006P042.PDF"