DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2008 Páx. 12.947

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 134/2008, do 19 de xuño, polo que se acepta a cesión de uso a título gratuíto de 65 m2 da planta baixa da Casa do Mar de Noia realizada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais á Comunidade Autónoma de Galicia.

Con data do 1 de abril de 2008 o secretario de estado da Seguridade Social, por delegación do ministro de Traballo e Asuntos Sociais, acordou ceder en uso 65 m2 da planta baixa da Casa do Mar de Noia de titularidade da Tesourería Xeral da Seguridade Social á Comunidade Autónoma de Galicia.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezanove de xuño do dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a cesión de uso de 65 m2 da planta baixa da Casa do Mar de Noia (A Coruña) situada na rúa República Arxentina s/n. Referencia catastral: 9566507NH0396N0001PU. Inscrita no rexistro da propiedade de Noia ao tomo 642, libro 147, folio 25, predio 10.847.

Artigo 2º

O inmoble destinarase a localizar a Delegación da Oficina de Emprego de Boiro en Noia.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, dezanove de xuño de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda