DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2008 Páx. 12.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2008 pola que se fai pública a concesión de dezaseis bolsas para a formación de dinamizadoras e dinamizadores da igualdade en Galicia convocadas pola Orde do 29 de febreiro de 2008.

A Orde da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar do 29 de febreiro de 2008 (DOG do 13 de marzo) aproba as bases que rexerán a convocatoria de dezaseis bolsas para a formación de dinamizadoras e dinamizadores da igualdade en Galicia.

Na súa virtude, e tendo en conta a proposta da comisión de selección prevista no artigo 8º das bases da convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro.-Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de beneficiarias/os das bolsas. Esta relación achégase como anexo.

Segundo.-No caso de producirse algunha renuncia, de acordo co establecido no artigo 10º da orde de convocatoria, adxudicarase a correspondente bolsa á/ao candidata/o que corresponda, segundo a orde de puntuación, das/dos que figuran na lista definitiva de persoas admitidas-seleccionadas, publicado na páxina web da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no enderezo http://vicepresidencia.xunta.es.

Terceiro.-En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través do teléfono 881 99 91 64 ou do número de fax 981 95 76 90.

Santiago Compostela, 11 de xuño de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "12700D002P007.PDF"