DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 02 de xullo de 2008 Páx. 12.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 17 de xuño de 2008 pola que se publica a concesión de axudas ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2007, pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Por Orde do 28 de decembro de 2007 regúlanse as bases que rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado para o ano 2008. As subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 2008.05.42.312F.481.0 (proxecto 2003 00513) polo importe de 560.000 € (cincocentos sesenta mil euros).

En virtude das competencias atribuídas polo artigo 9.1º da Orde do 28 de decembro de 2007, o director xeral de Xuventude e Solidariedade resolveu a concesión das axudas solicitadas polas entidades de acción voluntaria, tal e como se recolle no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "12700D001P006.PDF"

Ver referencia pdf "12700D002P007.PDF"