DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 01 de xullo de 2008 Páx. 12.882

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se regula o procedemento de presentación telemática da documentación que controla o traslado de residuos perigosos dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a levanza do libro de rexistro en formato electrónico.

Advertidos erros no texto da resolución, publicado no Diario Oficial de Galicia número 112, do 11 de xuño de 2008, cómpre facer a corrección seguinte:

-Na páxina 11.136, no remate do parágrafo primeiro, onde di: «...disposto no artigo 6º.», debe dicir: «……disposto no punto sexto».

-Na páxina 11.136, no parágrafo primeiro do punto quinto, onde di: «...do indicado no artigo 4º poderase...», debe dicir: «...do indicado no punto cuarto poderase...».

-Na páxina 11.136, o parágrafo primeiro do punto sétimo, debe dicir: «A notificación previa de traslado (NPT) deberase realizar cunha antelación mínima de 10 días á data prevista do primeiro traslado, indicando os datos correspondentes aos residuos, produtores, transportistas e xestores de destino».

-Na páxina 11.136, no parágrafo segundo do punto sétimo, onde di: «...que se describe no artigo 8º, o produtor ou o xestor intermitente..», debe dicir: «...que se describe no punto oitavo, o produtor ou o xestor intermedio remitente...».

-Na páxina 11.136, no parágrafo terceiro do punto sétimo, onde di: «..que se describe no artigo 9º....», debe dicir: «...que se describe no punto noveno...».

-Na páxina 11.136, no parágrafo segundo do punto oitavo onde di: «...entrega do residuo o transportista...», debe dicir: «...entrega do residuo ao transportista....».

-Na páxina 11.136, os parágrafos terceiro e cuarto do punto oitavo, deben dicir: «O xestor, unha vez que reciba o residuo, acreditará a súa recepción asinando as copias en papel correspondentes e accederá como usuario ao Sirga para completar e asinar electronicamente o DCS con certificado dixital válido, acreditando así ante o órgano administrativo competente a recepción do residuo».

-Na páxina 11.137, os parágrafos primeiro e segundo deben dicir: «Unha vez creado o documento de traslado, emitirá en papel o número de copias necesario, segundo se establece no anexo 3. Unha copia en papel deberá acompañar o residuo durante o seu traslado para quedar finalmente en posesión do xestor-recolledor. O xestor-recolledor, no caso de que acepte o residuo entregado, proporcionará ao pequeno produtor o xustificante de entrega (SXCR-2) debidamente asinado e selado. O xestor-recolledor acreditará a realización do traslado asinando e selando debidamente a copia en papel do documento de traslado SXCR-1 e accederá ao Sirga para completalo e asinalo con certificado dixital válido, acreditando así ante o órgano administrativo competente a recepción do residuo».

-Na páxina 11.137, o parágrafo segundo do punto 2 debe dicir: «Unha vez creado o documento de traslado emitirá dúas copias en papel. No momento da recepción dos residuos tanto o pequeno produtor como o xestor-recolledor completarán e asinarán debidamente as copias en papel do documento de traslado (SXCR-3), acreditando con iso a transferencia de titularidade do residuo. Unha das copias quedará en posesión do pequeno produtor e a outra deberá acompañar o residuo durante o seu traslado para quedar finalmente en posesión do xestor-recolledor».

-Na páxina 11.137, na liña décimo primeira do punto 3, onde di: «...no anexo III.», debe dicir: «....no anexo IV».

-Na páxina 11.137, os parágrafos cuarto e quinto do punto 3 deben dicir: «No momento da entrega do residuo ao transportista, o pequeno produtor deberá selar e asinar debidamente o SXCR-3, e accederá ao Sirga para asinalo con certificado dixital válido, acreditando así ante o órgano administrativo competente a entrega do residuo. No momento da recepción do residuo, o xestor destinatario deberá completar e asinar debidamente o documento de traslado SXCR-3, acreditando con iso a transferencia de titularidade do residuo, e accederá ao Sirga para completar e asinar o SXCR-3 con certificado dixital válido, acreditando así ante o órgano administrativo competente a recepción do residuo».

-Na páxina 11.138, despois da liña trece, debe engadirse o seguinte texto: «-Número de rexistro da caracterización básica ou rexistro similar, cando se trate da actividade de eliminación de residuos en vertedoiro».

-Na páxina 11.138, na terceira das consideracións legais do anexo, onde di: «-O artigo 5 da Resolución...», debe dicir: «-O punto quinto da Resolución...».