DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2008 Páx. 12.595

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2008 pola que se fan públicas as listas provisionais de solicitudes excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da Orde do 31 de marzo de 2008 de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2008.

De conformidade co disposto na Orde do 31 de marzo de 2008, da Consellería de Cultura e Deporte, pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2008 (DOG nº 69, do 10 de abril), recibidas as solicitudes nos correspondentes servizos provinciais de Deportes e, rematada a fase de revisión da documentación achegada e comprobado o grao de cumprimento dos requisitos establecidos na devandita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.

a) Publicar a lista provisional de solicitudes excluídas e os motivos da exclusión. Tal relación provisional recóllese no anexo I a esta resolución, ordenada segundo o seu número de expediente e diferenciada por provincias.

b) Publicar a lista provisional de solicitudes pendentes de emenda da documentación achegada. Tal relación provisional recóllese no anexo II a esta resolución, ordenada segundo a modalidade deportiva e diferenciada por provincias.

Segundo.-Estas listas exporanse tamén na páxina web www.deportegalego.eu, nos taboleiros de anuncios dos servizos provinciais e da Dirección Xeral para o Deporte.

Terceiro.-Os interesados poderán formular reclamacións, emendar os erros e a falta de documentación nun prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante os respectivos servizos provinciais de Deportes e da Dirección Xeral para o Deporte. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión arquivarase o expediente, logo da resolución de arquivo nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2007.

Marta Souto González

Directora xeral para o Deporte

Ver referencia pdf "12300D006P043.PDF"

Ver referencia pdf "12300D007P052.PDF"