DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2008 Páx. 12.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2008 pola que se procede á publicidade das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo IN515B; Diario Oficial de Galicia número 3, do 11 de xaneiro de 2008).

O conselleiro de Innovación e Industria, o 9 de xuño de 2008, ditou resolución das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización.

O artigo 12 das bases reguladoras da orde dispón no seu número 4: «Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6º.b) da indicada lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Innovación e Industria. Nesta publicación especificarase a data de convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada. Coa publicación no DOG poderá remitirse aos beneficiarios para que consulten información detallada da resolución nun taboleiro da citada web».

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da relación de beneficiarios de subvención que figura no anexo a esta resolución.

Todos os solicitantes que se recollen no anexo poderán obter información detallada da súa resolución accedendo ao taboleiro electrónico dispoñible na páxina web da Consellería de Innovación e Industria, no enderezo: http://www.xunta.es/apps/axudas/login.do.

O acceso a este enderezo pódese facer tamén desde o enderezo da internet http:/www.conselleriaiei.org, seleccionando a oficina virtual, para, a seguir, acceder á aplicación internet express e, dentro desta, escollerase o procedemento IN515B.

Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico, cada solicitante deberá introducir o código electrónico existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade do acceso á información.

Contra a resolución de concesión, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de ser o caso:

a) Recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contando a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

b) Ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

E todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan exercitar calquera outro que consideren oportuno.

Os solicitantes que non aparecen no devandito anexo deberán entender que non lles foi concedida a subvención. Os devanditos solicitantes serán notificados individualmente con indicación das causas de desestimación de acordo co establecido na Lei 30/1992.

2. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderanse dirixir á Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través dos teléfonos 981 54 55 35 ou 981 54 55 99, do número de fax 981 54 47 06 ou do enderezo de correo electrónico axudas.dxpisi@xunta.es.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Conselleíra de Innovación e Industria

Ver referencia pdf "12300D005P041.PDF"

Ver referencia pdf "12300D006P043.PDF"