DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2008 Páx. 12.592

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 9 de xuño de 2008 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes.

Advertido erro na Resolución do 9 de xuño de 2008, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 118, do 19 de xuño, pola que se aproba a convocatoria ordinaria para solicitar a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento á excelencia curricular e se abre o prazo para a presentación de solicitudes, débese facer a seguinte corrección:

Na base sétima da citada resolución onde di: «O prazo para presentar as instancias en que se solicita a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento curricular docente e investigador será de 30 días naturais contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O prazo para presentar as instancias en que se solicita a asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento curricular docente e investigador será de 40 días naturais contados desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».

Nota: esta corrección non modifica o día de apertura do prazo de presentación de instancias; só modifica o día de finalización.