DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2008 Páx. 12.182

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 20 de xuño de 2008 pola que se constitúe a comisión para o estudo e preparación do Libro branco da Xustiza en Galicia.

O artigo 39 do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril (BOE do 28 de abril), establece que lle corresponde á comunidade autónoma crear e estruturar a súa propia Administración pública dentro dos principios xerais e normas básicas do Estado.

A Xunta de Galicia goza, en virtude do disposto no artigo 20.1º do Estatuto de autonomía para Galicia e dos reais decretos 233/1998, de 16 febreiro, 2166/1994, do 4 de novembro, e 2397/1996, do 22 de novembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia de funcións da Administración do Estado en materia de provisión de medios persoais, materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza, de amplas competencias en materia de xustiza. Pero o conxunto de competencias recoñecidas á Xunta de Galicia non esgota os ámbitos de actuación posibles nesta materia, onde a pluralidade de axentes que interveñen e a heteroxeneidade das súas dependencias orgánica, territorial e funcional, se configuran como un dos seus elementos caracterizadores básicos.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desexa converter esa pluralidade en oportunidade de cara á mellora dunha Administración de xustiza orientada ao servizo á cidadanía e considera que un dos mecanismos para logralo é a elaboración dun documento en cuxa elaboración participen todos os sectores implicados e que sirva para os efectos de constituír o modelo de referencia na evolución das políticas básicas en materia de xustiza na nosa comunidade e, de ser o caso, alén dela.

Na súa virtude e no uso das competencias atribuídas no Decreto 37/2007, do 15 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

DISPOÑO:

Primeiro.-Creación.

Constitúese a comisión para o estudo e preparación do Libro branco da xustiza en Galicia.

Segundo.-Obxecto.

A comisión terá como obxecto o estudo e o diagnóstico sobre a situación da xustiza en Galicia e a elaboración dun Libro branco da xustiza como documento de referencia en políticas públicas en materia de xustiza.

Terceiro.-Composición.

Estará composta polo presidente e os vogais que a continuación se designan:

Presidente: José Luis Méndez Romeu, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Vogais:

-Santiago Antonio Roura Gómez, secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Begoña Santos Fernández, directora xeral de Xustiza.

-María Isabel Durántez Gil, directora xeral de Interior.

-Luis Javier Mosquera Docampo, subdirector xeral de Relacións e Recursos Humanos da Administración de Xustiza.

-Miguel Formoso Sobrado, subdirector xeral de Planificación Orzamentaria, Medios e Novas Tecnoloxías da Administración de Xustiza.

-Antonio González Nieto, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Antonio Fraga Mandián, xuíz decano da Coruña.

-Jaime Bardají García, maxistrado xuíz decano de Vigo.

-Ángel Judel Prieto, maxistrado presidente da Sección 1ª da Audiencia Provincial da Coruña.

-Raquel Naveiro Santos, maxistrada xuíza do Xulgado Social nº 1 da Coruña.

-Miguel Aramburu García-Pintos, maxistrado xuíz do Xulgado do Penal nº 2 de Vigo.

-Magdalena Fernández Soto, Asociación Xuíces para a Democracia.

-Antonio Piña Alonso, maxistrado, Asociación Profesional da Maxistratura.

-Lorenzo del Río Fernández, maxistrado, Asociación de Xuíces e Maxistrados Francisco de Vitoria.

-Juan José Reigosa González, maxistrado, Foro Independiente de Xuíces.

-Carlos Varela García, fiscal superior de Galicia.

-Mª Esther Fernández García, fiscal xefa provincial da Coruña.

-Juan Carlos Horro González, fiscal xefe de área de Vigo.

-David de la Fuente Valdés, fiscal, Asociación Profesional e Independiente de Fiscais.

-Pilar Fernández Valcárcel, fiscal, Unión Progresista de Fiscais.

-José Luis Conde Salgado, tenente fiscal, Asociación de Fiscais.

-Agustín Pena López, secretario de Goberno do TSXG.

-Asunción Barro Calle, secretaria xudicial, Colexio Nacional de Secretarios Xudiciais.

-Ana Mª Varela Puga, secretaria xudicial, Unión Progresista de Secretarios Xudiciais.

-Mª del Carmen Vázquez Zárate, secretaria xudicial, Asociación Galega de Secretarios Xudiciais.

-Xosé Antón López Graña, avogado, presidente do Consello da Avogacía Galega.

-Fernando Pantín Maneiros, avogado, secretario do Consello da Avogacía Galega.

-José Portela Leirós, procurador, decano do Colexio Procuradores de Pontevedra.

-Javier Carlos Sánchez García, decano do Colexio dos Procuradores da Coruña.

-Román Iglesias Fernández, Asociación de Xuíces de Paz.

-Manuel Tejada Vidal, corpo de xestión da Administración de Xustiza, Organización Sindical SPJ-USO.

-Jesús Rodríguez Villares, corpo de xestión da Administración de Xustiza, Organización Sindical UXT.

-José Jaime Meilán Rois, corpo de xestión da Administración de Xustiza, Organización Sindical CC.OO.

-Manuel Díaz Mato, corpo de xestión da Administración de Xustiza, Organización Sindical CSIF.

-Delmiro Durán Garrido, corpo de xestión da Administración de Xustiza, Organización Sindical CIG.

-Julio Ignacio Iglesias Redondo, profesor de Dereito Civil USC.

-Rafael Jimenez Asensio, profesor de Dereito Constitucional UPF.

-María José López, Avogada, ex-conselleira de Xustiza da Comunidade Autónoma de Andalucía, deputada do Parlamento de Andalucía.

-Víctor Moreno Catena, catedrático de Dereito Procesual UCIII-Madrid.

-Ángel Carracedo Álvarez, catedrático de Medicina Legal USC.

-Santos Pastor Prieto, catedrático de Economía UCM.

A comisión contará cun secretario/a que será designado polo presidente de entre os membros desta.

Cuarto.-Funcionamento.

Para dar cumprimento do seu obxecto, a comisión establecerá o calendario de sesións, o método de traballo e, en xeral, decidirá todos aqueles aspectos que considere necesarios para o bo fin da comisión.

Así mesmo, a comisión, de entre os seus membros, poderá constituír cantos grupos de traballo ou comisións sectoriais considere necesario para o mellor desenvolvemento das súas tarefas.

Quinto.-Infraestrutura e medios.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza será a encargada de prover os medios materiais e persoais requiridos para desenvolver os traballos da comisión.

Os membros da comisión percibirán as indemnizacións que lles correspondan, de acordo co establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón de servizo ao persoal destinado na Administración autonómica de Galicia.

Sexto.-Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2008.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza