DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2008 Páx. 12.079

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Advertidos erros no Decreto 253/2007, do 13 de decembro, de réxime xurídico do solo e das edificacións promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, publicado no Diario Oficial de Galicia, nº 6, do 9 de xaneiro de 2008, procédese a efectuar as oportunas rectificacións:

No artigo 20 punto 3, na última liña, onde di: «neste capítulo», debe dicir: «neste artigo».

No artigo 22 punto 1, debe suprimirse «con crecemento do 4% anual».

No artigo 24 punto 3, penúltima liña, onde di: «artigo 20º.1», debe dicir: «artigo 20».

No artigo 35 punto 4, primeiro parágrafo, penúltima liña, onde di: «lista provisional de adxudicatarios/as e outra de espera», debe dicir: «lista provisional de adxudicatarios/as e outra de espera de acordo co establecido no artigo 36».

No artigo 38, no encabezamento, onde di: «Elaboración da listas provisionais de adxudicatarios/as e de espera», debe dicir: «Aprobación das listas provisionais de adxudicatarios/as e de espera».

No artigo 39, na liña terceira, onde di: «publicación da lista provisional», debe dicir: «aprobación da lista provisional».

No artigo 41, no seu encabezamento, onde di: «Adxudicación de vivendas en primeira ocupación», deberá dicir: «Adxudicación de vivendas vacantes en primeira ocupación».

No artigo 42, no seu encabezamento, onde di: «Adxudicación de vivendas en segundas e posteriores adxudicacións», debe dicir: «Adxudicación de vivendas vacantes en segundas e posteriores adxudicacións».

No artigo 63 punto 1, letra d), na segunda liña, onde di: «arrendatarios ou concesionarios dos locais alugados ou cedidos en uso», debe dicir: «arrendatarios ou cesionarios dos locais alugados ou cedidos en uso».

No anexo de ponderación de ingresos no coeficiente A, onde di: «unidades con ingresos de máis de tres perceptores», debe dicir: «unidades con ingresos de tres ou máis perceptores».

Advertidos erros correspondentes aos modelos de solicitude VI409B, VI409C e VI409D, que se inclúen como anexo no decreto indicado, cómpre efectuar a súa publicación de novo coas correccións efectuadas.

Ver referencia pdf "11900D001P007.PDF"

a) CESAMENTOS CONSELLERÍA DE SANIDADE