DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2008 Páx. 11.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xuño de 2008 pola que se autorizan as estadías formativas en empresas ou institucións destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2007-2008.

En virtude da Orde do 26 de marzo de 2008 (DOG do 3 de abril), pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2007-2008 destinadas ao funcionariado docente non universitario e pola que se aproban as súas bases de concesión, e de conformidade coa proposta da comisión de selección prevista no punto sétimo da citada orde

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizar as estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2007-2008 que figuran no anexo I desta orde.

Segundo.-Non autorizar as estadías formativas en empresas ou institucións que figuran no anexo II desta orde polas razóns que neste se indican.

Terceiro.-Informar de que as bolsas de asistencia por día que percibirán os profesores seleccionados están cofinanciadas nun 80% polo Fondo Social Europeo.

Cuarto.-Contra esta orde os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderán formular directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses de acordo coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2008.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "11700D007P009.PDF"