DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2008 Páx. 11.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de maio de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, subvencións para o cofinanciamento do Programa de apertura de centros educativos públicos fóra do horario lectivo nos concellos de Galicia para o ano 2008.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 112, do 11 de xuño de 2008, cómpre facer as oportunas rectificacións:

Na páxina 11.153, artigo 5º, punto 1, alínea C), onde di: «C) Actividades dirixidas ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria e de 1º e 2º da ESO para a prevención ou intervención ante o absentismo e abandono temperán dos estudos, das cales se seleccionarán tres:», debe dicir: «C) Actividades dirixidas a mozas e mozos desde 3º da educación secundaria obrigatoria ata os 24 anos de idade para a prevención ou intervención ante o absentismo e abandono temperán dos estudos, das cales se seleccionarán tres:».

Na páxina 11.157, engádese como anexo o modelo de instancia previsto no artigo 6º.

Ver referencia pdf "11700D006P007.PDF"