DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2008 Páx. 11.775

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a transportistas autónomos de mercadorías por estrada que abandonen a actividade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Advertidos erros no texto da citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 111, do martes 10 de xuño de 2008, cómpre realizar as seguintes correccións.

Na páxina 11.002, na columna da dereita, no artigo 3, número 1, letra b), onde di: «As persoas que reunisen á actividade do transporte....», debe dicir: «As persoas que teñan renunciado á actividade do transporte...»

Na páxina 11.004, na columna da esquerda, artigo 4, número 6, letra h), onde di: «...asinada en que así se faga constar.», debe dicir: «...asinada na que así se faga constar.»

Na páxina 11.005, na columna da esquerda, artigo 9, número 3, onde di: «...de producirse algunha renuncia por parte dos beneficiarios, en ben co incremento...», debe dicir: «...de producirse algunha renuncia por parte dos beneficiarios, ben co incremento...»