DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2008 Páx. 11.773

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 28 de maio de 2008 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

En virtude do Decreto 211/2005, do 3 de agosto, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Así mesmo, a través do Decreto 232/2005, do 11 de agosto, modificado polo 454/2005, do 1 de setembro, e polo 212/2007, do 8 de novembro, fixouse a estrutura orgánica dos seus departamentos. No seu artigo 1, establece a estrutura básica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, que asume o exercicio das competencias de igualdade e xénero e as políticas autonómicas de benestar, incluíndo as de xuventude, solidariedade, voluntariado, benestar social, exclusión social, servizos comunitarios, entre outras, como así o establece o Decreto 517/2005, do 6 de outubro, da súa estrutura orgánica, e, polo tanto, sobre as materias que constitúen o contido das publicacións relacionadas nesta orde.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta Vicepresidencia

DISPÓN:

Artigo único.

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2008.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

ANEXO

-Gzcrea 2006. Certame galego de creadores novos. Relato: 10 €.

-Premios Gzcrea de Poesía 2007: 5,20 €.

-Premios Gzcrea de Relato 2007: 5,40 €.

-Isto é un poema e hai xente detrás: 17 €.

-Manual do misántropo: 13 €.

-O asegurador de ovnis e catro contos máis: 3 €.

-Outono fotográfico 2007: 18 €.

-Interactuando no tempo libre 2006: 12 €.

-Coeducación afectivo-emocional e sexual: fundamentos para un modelo de intervención en educación infantil e primaria: 9 €.