DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2008 Páx. 11.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2008, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes de inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras do Servizo Público de Emprego de Galicia para a captación de ofertas.

O Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo, atribúelle a esta, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, o exercicio das competencias, entre outras, en materia de formación ocupacional e intermediación no mercado de traballo, colocación e orientación laboral.

O Decreto 251/2007, do 13 de decembro, polo que se regula o recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas e a creación do rexistro administrativo (DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2008) establece no seu artigo 4.3º que o prazo de presentación de solicitudes para a inscrición no rexistro será establecido por resolución da dirección xeral competente en materia de intermedación laboral.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro.-As entidades que reúnan os requisitos establecidos no artigo 3 do Decreto 251/2007, do 13 de decembro, polo que se regula o recoñecemento da condición de entidade colaboradora do Servizo Público de Emprego de Galicia en captación de ofertas e a creación do rexistro administrativo, poderán presentar a correspondente solicitude de inscrición no rexistro en calquera momento a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo.-As solicitudes deberán presentarse segundo o modelo anexo I, publicado no Diario Oficial de Galicia do 28 de xaneiro de 2008, xunto coa documentación sinalada no artigo 4 do Decreto 251/2007, do 13 de decembro.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2008.

Pastor Fuenteseca Díaz

Director xeral de Formación e Colocación