DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2008 Páx. 11.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 119/2008, do 29 de maio, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun inmoble realizada polo Concello de Santiago de Compostela á Comunidade Autónoma de Galicia con destino a equipamentos da Administración de xustiza.

Con data do 12 de marzo de 2007 a Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela adoptou o acordo de ceder á Comunidade Autónoma de Galicia unha parcela no polígono das Fontiñas.

A Secretaría Xeral e do Patrimonio tramitou o correspondente expediente de aceptación de cesión, de conformidade co disposto nos artigos 16, 17 e 23 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 33, 34 e 38 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de vinte e nove de maio de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase nos termos establecidos polo Concello de Santiago de Compostela a cesión a título gratuíto dun inmoble, parcela IAD do proxecto de compensación do polígono nº 4 do Plan parcial das Fontiñas dunha superficie de douscentos dezanove metros e vinte e seis decímetros cadrados. Linda: norte, vía V-2; sur, rúa de Berlín; leste, vía V-2 e rúa de Berlín; e oeste, vía V-2 e rúa de Berlín. Referencia catastral: 8482901NH3488C0001JW.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela no tomo 1576, libro 508, folio 65, predio nº 45.677.

Artigo 2º

O inmoble destinarase á construción e implantación de equipamentos institucionais administrativos da Administración de xustiza.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo todos os trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vinte e nove de maio de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Ramón Fernández Antonio

Conselleiro de Economía e Facenda