DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2008 Páx. 11.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se modifican os prazos de resolución e a data límite de xustificación das subvencións reguladas pola Resolución do 31 de decembro de 2007 pola que se convocan axudas a entidades sen ánimo de lucro para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para crear medios de información electrónica, para o ano 2008.

Por Resolución do 31 de decembro de 2007, da Secretaría Xeral de Comunicación, convocáronse axudas a entidades sen ánimo de lucro para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para crear medios de información electrónica, para o ano 2008; publicada no DOG nº 14, do 21 de xaneiro.

Debido á inxente cantidade de solicitudes formuladas e ante a presentación incompleta destas por parte dos solicitantes, o que obriga, pola súa vez, a abrir prazos novos de emenda da documentación, considérase oportuno proceder a ampliar os prazos de resolución e a modificar a data límite de xustificación.

Tendo en conta o previsto no artigo 42.2º e 42.6º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xuridico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e que non se supera o prazo máximo para resolver e notificar, que segundo o establecido no artigo 23.4º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia é de nove meses, computables a partir da publicación da correspondente convocatoria,

DISPOÑO:

Primeiro.-A modificación do artigo 11 da resolución no que se establece que o prazo máximo para resolver as solicitudes será de catro meses, contados desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de solicitudes. Este prazo amplíase dous meses máis, é dicir, que o prazo de resolución desta convocatoria rematará o 22 de agosto de 2008.

Segundo.-A modificación do artigo 13 da resolución no que se establece que os beneficiarios da subvención quedarán obrigados a xustificar en todo caso antes do 1 de agosto de 2008 o pagamento da totalidade do investimento realizado. Esta prazo posponse dous meses, co cal os beneficiarios quedarán obrigados a xustificar, en todo caso antes do 1 de outubro de 2008, o pagamento da totalidade do investimento realizado, achegando, en soporte papel, a documentación requerida no citado artigo.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2008.

Juan Fernando Salgado García

Secretario xeral de Comunicación