DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2008 Páx. 11.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 5 de xuño de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2008.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 113, do 12 de xuño de 2008, cómpre realizar as seguintes correccións:

-Na páxina 11.280, no artigo 5º, punto 1, onde di: «1.a) Programa de acollida integral.», debe dicir: «1.a) Programa de acollida.».

-Na páxina 11.281, no artigo 5º, punto 3, onde di: «3.a) Apoio ao acceso normalizado, participación eaplicación das mulleres inmigrantes en programas...», debe dicir: «3.a) Apoio ao acceso normalizado das mulleres inmigrantes en programas...».