DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2008 Páx. 11.624

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 118/2008, do 12 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xuño de dous mil oito, concédeselles a Medalla Castelao a:

-Xosé Lois González Vázquez, O Carrabouxo.

-María Inmaculada Paz Andrade.

-Maximino Zumalave Caneda.

Santiago de Compostela, doce de xuño de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza